Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Secundaria

Galicia no século XX: Agrarismo, Irmandades e Vangardas

Lingua e literatura4,12 KB

Galicia a comezos do século XX

Cambios sociais, culturais e políticos

Galicia, a comezos do século XX, experimentou profundos cambios sociais: a caída da fidalguía, o ascenso da burguesía, o éxodo do rural á cidade e a aparición do proletariado. Estes cambios sociais viñeron acompañados de importantes cambios culturais e políticos, como a creación das Irmandades da Fala (1916), o Grupo Nós (1920), o Seminario de Estudos Galegos (1923) e a fundación do Partido Galeguista (1931).

Agrarismo (1907-1923)

O agrarismo foi un movemento reivindicativo que estimulou a conciencia política do campesiñado galego, organizándoo en sociedades que se manifestaban a través da prensa, dos mitins e das concentracións agraristas. Un exemplo destacado...

Seguir lendo "Galicia no século XX: Agrarismo, Irmandades e Vangardas" »

Cartas de Toño a Lelo: Aventuras e Novidades na Aldea

Lingua e literatura4,41 KB

Cartas de Toño a Lelo

Toño consegue o enderezo de Lelo, porque deulle outro neno que tamén lle escribe cartas. Entón escribe a primeira carta e recórdalle quen é (teña que axudarse do seu alcume, Peilao, aínda que non lle guste moito) e mostra o seu entusiasmo por comunicarse por cartas.

As primeiras cartas

Despois da primeira carta, Toño comeza a contarlle todo tipo de lerios a Lelo.

Conta o neno dende a aldea que dende hai pouco teñen unha cóbrega na casa. Encontrárona entre os toxos o seu pai e el; a meteron nunha botella con augardente e aí quedou a serpe.

Lelo pregúntalle polo río, que a cotío trae novas. Toño recorda a vez que afincaran a Lelo ó río. Tamén engade que o Marxado tivo a idea de se tirar dende as pólas dun...

Seguir lendo "Cartas de Toño a Lelo: Aventuras e Novidades na Aldea" »

Bernardino Graña e Xosé Luís Méndez Ferrín: Dous Pilares da Literatura Galega

Lingua e literatura2,65 KB

Bernardino Graña

Bernardino Graña naceu en Cangas do Morrazo. O seu primeiro libro, Poemas do home que quixo vivir (1959), publicouno durante a súa estadía en Madrid. Licenciouse en Filoloxía Románica e exerceu a docencia dentro e fóra de Galicia. Logo regresou a Cangas, onde vive na actualidade. Tamén escribiu teatro e narrativa, a maioría parte dentro da literatura infantil, pero foi na poesía onde desenvolveu a súa obra principal. Os poemas Profecía do mar e Non vexo Vigo nin Cangas valéronlle o apelativo de "poeta do mar", pois o tema central deles é o mar e a vida mariñeira. Despois publicou Seo noso amor, Os peixes de sar arriba andasen, Himno verde, Luz de novembro... A súa poesía distínguese pola exaltación da vida

...

Seguir lendo "Bernardino Graña e Xosé Luís Méndez Ferrín: Dous Pilares da Literatura Galega" »

Uso do galego: normalización e desafíos

Lingua e literatura2,69 KB

O uso do galego

Hábitat

O galego é maioritario no ámbito rural e nas vilas como lingua exclusiva, mentres que é minoritario nas cidades.

Idade

O galego predomina nos falantes máis vellos, mentres que se reduce a súa presenza entre a poboación máis nova.

Aspectos positivos do emprego do galego

  • Recoñecemento oficial: o galego está recoñecido como lingua oficial de Galicia.
  • Actitudes: os prexuízos negativos cara ao galego fóronse reducindo. Máis do 80% da poboación ten unha actitude favorable e ve con bos ollos a súa potenciación.
  • Uso: o seu uso aumentou na administración pública, nos medios de comunicación, na vida cultural, no ensino e na actividade comercial.

Conceptos clave

Lingua inicial

É a lingua na que unha persoa aprende a falar...

Seguir lendo "Uso do galego: normalización e desafíos" »

Literatura Galega: Autores e Características

Lingua e literatura3,63 KB

Características da Poesía de Celso Emilio

A poesía de Celso Emilio Ferreiro caracterízase por:

  • Poesía social e cívica.
  • Emprego de doses de crítica, sátira e sarcasmo.
  • Tres liñas temáticas básicas: social, intimista e teórica.
  • Emprego dunha linguaxe coloquial (vulgarismos e castelanismos).
  • Estilo directo e claro.
  • Métrica variada con predominio do verso libre.
  • Pouca importancia aos aspectos estéticos e formais.

Diferenzas entre a Poesía de Seoane e a dos Vangardistas

A principal diferenza radica na importancia que Seoane lle concede á temática. A súa é unha poesía de denuncia social, con pouca atención aos aspectos formais. Pola contra, os vangardistas, como Manuel Antonio, rompen co pasado e crean unha nova estética, dándolle moita

...

Seguir lendo "Literatura Galega: Autores e Características" »

O Teatro e a Poesía Galega nos Anos 70: Evolución e Normalización Lingüística

Lingua e literatura3,24 KB

Teatro: Nos anos 70, o novo marco sociocultural propiciou un cambio notable na situación do teatro galego. Nesta transformación tiveron especial relevancia as Mostras de Teatro de Ribadavia. No 84 creouse o Centro Dramático Galego. Este centro presenta textos de autores galegos e obras traducidas.

Vitalidade do teatro galego: Festivais, compañías convencionais, salas estables, compañías de monicreques, escolas dramáticas, premios. Os dramaturgos galegos forman un grupo heteroxéneo (3 promocións): Ribadavia, 80 e 90.

Lírica: Iníciase coa publicación de Poemas e Contos de Ferrín. Aparecen os novos poetas e tamén novos grupos poéticos con afán innovador.

Trazos esenciais da nova poesía galega:

  • Culturalismo: Tendencia recorrente a
...
Seguir lendo "O Teatro e a Poesía Galega nos Anos 70: Evolución e Normalización Lingüística" »

Dicionario de termos: definicións e sinónimos

Lingua e literatura4,28 KB

Definicións de termos comúns

Oleoso: (adxectivo) Que ten a consistencia do aceite, aceitoso.

Emurxionar: (verbo) Esparexer un produto nun medio no que é insoluble, obtendo así un produto homoxéneo e estable temporalmente.

Sedimentar: (verbo) Depositárense as materias en suspensión dun líquido formando un material sólido que se deposita no fondo do mar.

Molécula: (substantivo feminino) A parte máis pequena dun corpo que non se pode dividir por medios físicos pero si por medios químicos.

Degradar: (verbo) Alterar a composición do petróleo para facela de menos consistencia e poder así ser readmitida polo ecosistema no que se atopa.

Regañar: (verbo) Mostrar os dentes para manifestar cólera, ameaza.

Escalazado: Vestido con farrapos ou

...

Seguir lendo "Dicionario de termos: definicións e sinónimos" »

Literatura Galega no Século XX: Movementos e Autores Clave

Lingua e literatura8,16 KB

Na primeira metade do século XX

Na primeira metade do século XX, aparecen os movementos agraristas: asociacións que defendían os campesiños, opoñéndose á fidalguía, ao caciquismo e aos foros.

Acción Galega

Dirixida polo crego Basilio Álvarez.

Irmandades da Fala (1916)

Reivindicaban a plena normalización do galego (desenvolveron un gran traballo cultural) e crearon o primeiro xornal integramente en galego, A Nosa Terra, por Antón Vilar Ponte.

A poesía no primeiro terzo do século XX

Poesía con temática realista, costumista e romántica, con dúas actitudes poéticas:

Actitude tradicionalista

Temas populares desde un punto de vista costumista e sentimental. Representada por Antonio Noriega Varela.

Actitude innovadora

Trazos de correntes...

Seguir lendo "Literatura Galega no Século XX: Movementos e Autores Clave" »