Literatura galega nos séculos escuros: lingua e sociedade

Lingua e literatura2,27 KB

A situación galega nos séculos escuros

Nos séculos escuros, Galicia sufriu unha decadencia na súa literatura. A lingua galega sufriu un desprestixio da súa identidade. Dunha sociedade desenvolvida en galego na Idade Media, pásase a unha situación en que a maior parte das clases poderosas se expresan en castelán, o mesmo idioma que se impón na administración, no ensino e na Igrexa, o que marxina ao galego. Malia apenas ficaren testemuñas de literatura culta, durante os séculos escuros a maioría do pobo exprésase en galego.

Literatura galega

Literatura culta

Exemplos:

  • Soneto de Monterrei
  • Soneto con falda de Xoán Gómez Tonel

A principal figura é frei Martiño Sarmiento, que destacou máis polos seus estudos lingüísticos e escritas en defensa do idioma. Foi un adiantado á súa época, que defendeu a utilidade e a necesidade da aprendizaxe do galego e denunciou moito os prexuízos lingüísticos.

Literatura popular

Transmitida oralmente, exemplos:

  • Saqueo de Cangas polos turcos
  • Cantigas de traballo

Posición dos pronomes átonos

Os pronomes átonos teñen que aparecer apoiados no verbo, ben antepostos ou ben pospostos, de acordo cunhas regras.

Posposición do pronome átono

O pronome átono non pode encabezar nunca un enunciado. Sitúase tras o verbo nas oracións afirmativas simples ou na principal das oracións compostas subordinadas e nas oracións coordinadas e nas oracións interrogativas non encabezadas por un adverbio ou pronome interrogativo.

Anteposición do pronome átono

O pronome átono sitúase nas oracións negativas, nas oracións introducidas por partículas interrogativas e exclamativas, cando o verbo vai acompañado de certos adverbios e vai precedido dalgúns indefinidos.

Pronomes

Son palabras variables que empregamos nunha oración para substituír un substantivo, un sintagma ou unha oración xa coñecidos para evitar repetilos.

Pronomes persoais

Son palabras variables que nomean os mesmos seres, obxectos que adoitamos representar con substantivos.

Adverbios

Son palabras invariables que expresan afirmación, negación, dúbida, etc.

Descargar

PDF Word HTML