Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Secundaria

Historia da Literatura Galega: Idade Media ao Século XXI

Lingua e literatura2,93 KB

Séculos XII-XV: Idade Media

A Idade Media foi un momento de esplendor para a literatura galega. A nobreza galega tiña unha grande importancia e o galego-portugués era a lingua da lírica. Destaca a lírica profana, con obras como as cantigas de amigo, e a lírica relixiosa, con obras como as Cantigas de Santa María. Na prosa, sobresaen obras de carácter literario como a Crónica de Castela.

Séculos XVI-XVII: Séculos Escuros

Os Séculos Escuros foron unha etapa de decadencia. A política centralista dos Reis Católicos levou a que o poder estivese en persoas de orixe castelá. Impúxose o castelán e a literatura galega escrita desapareceu, quedando relegada á literatura oral.

Século XVIII: Ilustración

Na Ilustración xorden voces defensoras...

Seguir lendo "Historia da Literatura Galega: Idade Media ao Século XXI" »

Conceptos Lingüísticos Fundamentais: Guía Completa en Galego

Lingua e literatura3,4 KB

Conceptos Lingüísticos Fundamentais

Definicións Clave en Sociolingüística

O estudo das linguas e as súas interaccións sociais implica unha serie de termos esenciais para comprender a súa dinámica. A continuación, preséntanse algúns dos conceptos máis relevantes:

Conflito Lingüístico

Defínese como a tensión que se produce entre dúas linguas da mesma sociedade por asumir un maior número de funcións sociais e de falantes.

Substitución Lingüística

Proceso que consiste no abandono da lingua propia da comunidade e a asimilación á lingua dominante.

Bilingüismo Individual

É a capacidade dun individuo para desenvolverse en dúas linguas: a súa propia e outra distinta.

Diglosia

Prodúcese cando dentro dunha unidade territorial existen...

Seguir lendo "Conceptos Lingüísticos Fundamentais: Guía Completa en Galego" »

O Exilio Galego: Cultura e Literatura na Diáspora

Lingua e literatura2,77 KB

O Exilio Galego: Resistencia Cultural e Política

Moitos persoeiros implicados na actividade política e cultural tiveron que partir ao exilio. Os principais países que acolleron os exiliados foron nacións latinoamericanas, onde xa existía unha importante presenza de emigrados galegos. Os exiliados galegos axiña se organizaron co fin de soster, nos seus países de acollida, unha actividade cultural e política que mantivese vivos os ideais de progreso e cultura, que no seu país de orixe estaban ameazados. Para iso, tomaron contacto cos colectivos de emigrantes xa establecidos.

Iniciativas Culturais e Políticas no Exilio

As principais iniciativas que levaron a cabo os exiliados foron:

  • Edición de xornais e revistas culturais.
  • Creación de editoriais
...
Seguir lendo "O Exilio Galego: Cultura e Literatura na Diáspora" »

Galego Moderno: Historia, Lingua e Cultura no Século XX

Lingua e literatura2,78 KB

Contexto Histórico do Galego Moderno

No século XX, a sociedade galega seguía a ser maioritariamente rural e campesiña, como consecuencia da economía atrasada e da escasa industrialización. A poboación seguía a sufrir o drama da emigración e as condicións de vida dos campesiños eran moi precarias; vivían afogados polos impostos do foro. Neste contexto, xurdiu o agrarismo.

En 1926, produciuse a redención dos foros, o que levou á desaparición da fidalguía rendeira, que tiña neles a súa principal fonte de ingresos.

A Situación da Lingua Galega

A lingua galega seguía a ser o idioma de comunicación oral da maioría da poboación, pero rexistrábase unha perda progresiva de falantes. Por outra banda, durante esta etapa medrou a difusión...

Seguir lendo "Galego Moderno: Historia, Lingua e Cultura no Século XX" »

Sociolingüística: Funcións, Conflito e Prexuízos Lingüísticos

Lingua e literatura3,07 KB

Sociolingüística: Funcións Sociais da Lingua, Conflito e Diglosia

A función esencial dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os membros dunha comunidade e pode concretarse (ou non) noutras máis específicas: función de identidade, familiar, laboral, local, institucional, cultural e internacional. Cando algunha delas é desempeñada por outra lingua falamos de lingua minorizada.

A convivencia lingüística é a situación máis habitual dado que as aproximadamente 5000 linguas coñecidas repártense nuns 200 Estados existentes, mais raramente esta convivencia é pacífica:

  • Nuns casos o poder político e económico impón a súa lingua oficial provocando a desaparición da lingua autóctona (o caso do latín en Gallaecia)
...
Seguir lendo "Sociolingüística: Funcións, Conflito e Prexuízos Lingüísticos" »

O Exilio Interior na Literatura Galega de Posguerra: Autores Clave

Lingua e literatura3,22 KB

O Exilio Interior na Literatura Galega de Posguerra

Aquilino Iglesia Alvariño: Poesía e Compromiso

Aquilino Iglesia Alvariño comeza a participar activamente na vida cultural galega, dirixindo a publicación A Nosa Terra e formando parte da Real Academia Galega dende 1949. En 1947 sae do prelo Comarós verdes, o primeiro libro en lingua galega publicado na posguerra en Galicia. Nel combina diferentes liñas poéticas e describe a paisaxe. Os seus libros de poemas seguintes caracterízanse polo ton existencialista predominante. Destacan Lanza de soidade, 43 sonetos nos que contrasta a idea de vida e morte, e Nenias, unha serie de elexías en homenaxe a poetas mortos.

Luis Pimentel: Vangarda e Intimismo

O seu único poemario publicado en vida foi...

Seguir lendo "O Exilio Interior na Literatura Galega de Posguerra: Autores Clave" »

Poesía, Lingua Galega e Normalización: Historia e Gramática

Lingua e literatura4,9 KB

A Poesía: Proposta Alternativa V

A marxinalidade necesaria da poesía

A poesía é un fenómeno marxinal, si, pero á súa vez, necesario. ¿E por que se converteu a poesía nun xénero tan minoritario? As razóns xa se deron repetidamente e son certas:

  • É un xénero máis complexo.
  • Require máis atención que a narrativa (a pesar da súa brevidade).
  • Os poetas non saben contactar co público.
  • Os medios de comunicación non lle dan importancia, etcétera.

Ademais, entre os motivos polos que a poesía é minoritaria atópase o feito de que sempre foi desprezada polo poder, como a Filosofía: téntana arrinconar para que pareza un obxecto de luxo, cousa que non é. E require algo do que carecemos nestes tempos modernos: tempo e serenidade e, máis aínda,...

Seguir lendo "Poesía, Lingua Galega e Normalización: Historia e Gramática" »

A situación do galego no século XXI

Lingua e literatura4,23 KB

Linguas minorizadas e minoritarias

No mundo existen unhas sete mil linguas. Esta gran variedade lingüística correspóndese tamén cunha gran variedade de situacións nas que se poden atopar as linguas dende o punto de vista político: linguas oficiais en máis de un estado: portugués, español, inglés. Estados unilingües: nos que se fala unha soa lingua. Estados plurilingües: nos que se falan varias linguas. As linguas hexemónicas gozan dun prestixo social, determinado pola existencia dun poder político-económico que as potencia.

Consideramos linguas minoritarias aquelas que no territorio de seu teñen un número moi reducido de falantes. E consideramos minorizadas aquelas de pequena extensión pero maioritarias no seu territorio, que...

Seguir lendo "A situación do galego no século XXI" »

A Lingua Galega no Século XX: Historia, Recuperación e Desafíos

Lingua e literatura3,16 KB

A Lingua Galega no Século XX

Continúa o proceso de recuperación e expansión da lingua galega iniciado no século anterior durante o período do Rexurdimento.

As Irmandades da Fala e a Normalización Lingüística

As Irmandades da Fala (1916), iniciativa de Antón Vilar Ponte, tiveron como obxectivo principal a dignificación e normalización da lingua galega en todos os niveis.

No seo das Irmandades xurdiron o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos, que continuaron a tarefa de difusión e reivindicación do idioma. Tamén se dedicaron ao estudo e á investigación da realidade galega. Escribíronse as primeiras obras en galego, centradas no estudo e divulgación da historia e da cultura galegas: xeografía, etnografía, historia, filosofía,...

Seguir lendo "A Lingua Galega no Século XX: Historia, Recuperación e Desafíos" »

Irmandades da Fala e Xeración Nós: narrativa e ensaio

Lingua e literatura3,72 KB

Prosa do primeiro terzo do século XX

As Irmandades da Fala tiñan como obxectivo a reivindicación da lingua e cultura galegas. A primeira constituíuse en 1916 na cidade da Coruña, por iniciativa de Antón e Ramón Vilar Ponte, aos que se uniron Manuel Lugrís, Lois Porteiro, Xoán Vicente Viqueira, Peña Novo, Ramón Cabanillas e, máis tarde, Vicente Risco e Otero Pedrayo.

En 1922 celebrouse unha Asemblea en Monforte na cal se discutiron dúas posturas: unha partidaria da participación activa na política, defendida por Peña Novo, e outra que prefería manter a actividade no aspecto cultural, defendida por Vicente Risco. Gañou esta última, que continuou o seu labor cultural a través do Grupo Nós e do Seminario de Estudos Galegos.

Un...

Seguir lendo "Irmandades da Fala e Xeración Nós: narrativa e ensaio" »