Literatura e Sociedade Medieval Galego-Portuguesa: Xéneros e Características

Lingua e literatura5,43 KB

A literatura popular

A literatura popular é anónima, de transmisión oral, ten funcionalidade específica, conta coa aceptación da comunidade que a emprega, presenta gran variabilidade formal e emprega unha linguaxe sinxela e expresiva.

Literatura popular en verso

  • Cantigas de labor
  • Cantigas infantís
  • Cantigas de festas
  • Cantigas de romaría
  • Cantigas de divertimento
  • Romances

Literatura popular en prosa

Os contos

Narracións breves de acontecementos ficticios que teñen por finalidade transmitir ensinanzas ou divertir.

  • Contos marabillosos
  • Contos relixiosos
  • Contos de animais
  • Contos humorísticos ou de burla

As lendas

Narracións breves de sucesos fantásticos que adoitan presentarse como reais.

  • Lendas etiolóxicas (explican a orixe do lugar)
  • Lendas haxiográficas (inspíranse na vida de santos)

O refrán

Expresión fixa que transmite o pensar e o saber popular en forma de sentenza.

A adiviña

O dito breve ou xogo de palabras que agocha un enigma.

A sociedade galego-portuguesa

A sociedade medieval divídese en estamentos: o lugar máis alto ocúpao a nobreza e o clero; no lugar intermedio encóntranse a burguesía; e no chanzo máis baixo está o campesiñado e a vasalaxe.

Comunicación na Idade Media

Comunicación oral

Todos os estamentos empregan o galego para comunicarse.

Comunicación escrita

Ata finais do s. XII e inicios do XIII, o latín era a lingua de comunicación escrita para todo tipo de textos. A partir do XIII, o galego empeza a competir co latín.

Xéneros da lírica medieval

Cantigas de amigo

Cancións de amor postas en boca dunha muller.

Cantigas de amor

O mesmo que as de amigo, pero postas en boca dun home.

Cantigas de escarnio e maldicir

Cancións de ton burlesco.

Cantigas de Santa María

Composicións dedicadas á Virxe María.

Transmisión das cantigas

Trobador

Pertencía á nobreza e compoñía cantigas nos momentos de lecer.

Xograr

De procedencia social baixa, interpretaba as cantigas cantando ou tocando algún instrumento.

Soldadeira

Unha muller de condición social baixa que acompañaba ao xograr con danzas e instrumentos de percusión.

Conservación das cantigas

As cantigas consérvanse en cancioneiros como:

  • O Cancioneiro da Axuda
  • O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa
  • O Cancioneiro da Vaticana (inclúe os pergamiños Vindel e Sharrer)

As cantigas de amigo

Son composicións breves que transmiten os sentimentos amorosos dunha muller namorada.

  • Protagonista

    A muller namorada.

  • Tema

    A rapaza expresa a súa tristeza pola ausencia do amigo.

  • Marco

    O ambiente popular e campestre, mariñeiro ou doméstico.

Subxéneros das cantigas de amigo

  • Barcarolas ou mariñas
  • Cantigas de romaría
  • Albas ou alboradas
  • Bailadas

A cantiga de amor

Son textos nos que un trobador manifesta os seus sentimentos amorosos por unha muller.

  • Protagonista

    O trobador convértese en vasalo ao servizo dunha dama de clase alta.

  • Tema

    Son o eloxio da dama e a coita de amor.

Subxéneros das cantigas de amor

  • Cantiga de mestría
  • Cantiga de refrán

As cantigas de escarnio e maldicir

Son composicións de ton burlesco e crítico. As cantigas satíricas galego-portuguesas son froito da influencia provenzal sobre unha poesía popular autóctona.

  • Destinatario

    Non é para unha persoa concreta, senón para un grupo.

  • Finalidade

    Facer rir mediante a crítica.

  • Forma

    Teñen total liberdade de expresión.

Cantigas de Santa María

  • Finalidade

    Son escritas para honrar e alabar a Virxe.

  • Forma

    Presentan notación musical e nalgúns casos ilústranse.

Contido das Cantigas de Santa María

  • Tradicionais: contan un milagre popular.
  • Históricas: céntranse en acontecementos da historia.
  • Fantásticas: as máis imaxinativas.
  • Íntimas: céntranse na relación do protagonista coa Virxe.
  • Familiares: relatan un milagre sucedido nun ámbito próximo ao rei.

Prosa medieval

Prosa de non ficción

Aquela que, por riba de calquera outro criterio, ten que ser fiel á verdade histórica dos feitos que narra.

  • Poesía haxiográfica

    Tradución de textos latinos.

  • Poesía xurídica

    Obras que teñen que ver co ámbito do dereito ou das leis.

  • Prosa historiográfica

    Consérvanse varias obras. Algunhas delas son traducións parciais ao galego.

Prosa de ficción

Nace como resultado da conxugación da tradición literaria latina, conservada nos mosteiros.

  • Ciclo clásico ou troiano

    Tratan da destrución de Troia.

  • Ciclo Artúrico

  • Ciclo Carolinxio

    Consérvase un texto en galego.

Descargar

PDF Word HTML