O Rexurdimento: Cabanillas e Risco

Lingua e literatura2,64 KB

Agrarismo

Movemento reivindicativo do campesiñado que crea asociacións e sindicatos en defensa dos labregos galegos. Obxectivo principal: abolición dos foros, deixar de pagar rendas abusivas e ser propietarios plenos da terra.

Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala foron creadas en 1916 por iniciativa de Antón Vilar Ponte. Defendían a igualdade entre o galego e o castelán, o estudo do galego, e crearon o Conservatorio Nacional de Arte Galega e o Seminario de Estudos Galegos.

Ramón Cabanillas

Un dos autores máis importantes do agrarismo. Pertence á Irmandade da Fala e ao Grupo Nós. Seminario Compostela (formación clásica), Habana.

Características da súa poesía

  • Modernismo: musicalidade, intimismo, colorismo, carácter sensual.
  • Tematicamente: poesía cívica ou social (vida mellor para o pobo galego), intimista (mostra os seus sentimentos), costumismo (costumes e tipos galegos vistos con humor).

Etapas literarias

  1. Agrarista e intimista: "No desterro", "Vento mareiro".
  2. Poesía cívica ou social (órbita da Irmandade da Fala): "Da terra asoballada".
  3. Mítica: "Na noite estrelecida" (tema: Rei Artur e os cabaleiros). Tres sagas: a espada Escalibur (Arturo e a Salvaora), o cabaleiro do Santo Graal (Galaaz e o Cebreiro), o soño do rei Artur (relata a morte de Artur). Obra simbólica: o Cáliz é Galicia e a súa bandeira, e os cabaleiros son os membros das Irmandades da Fala.
  4. (Na ditadura, prohibiuse o galego): "Antífona da cantiga", "Samos".

Teatro

  • "A man da santiña": crítica á fidalguía.
  • "O Mariscal": opúxose aos Reis Católicos.

Vicente Risco

Membro da Irmandade da Fala. Defensor do galeguismo, cristianismo, ocultismo e atlantismo. Revista Nós.

Xéneros cultivados

Narrativa: didactismo, intelectualismo, desenvolve as obras en ambientes urbanos, esoterismo, ciencias ocultas.

  • "Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros": ocultismo, momia de Tutankamón.
  • "O lobo da xente".
  • "A trabe de ouro e a trabe de alquitrán": lendas de mouros.
  • "Os europeos en Abrantes": crítica á sociedade materialista.
  • "O porco de pé": Don Celidonio (materialismo, roubar), Doutor Alveiros (antimaterialismo). Sátira antiburguesa e anticapitalista.

Ensaio: temas de historia e etnografía. "Teoría do Nacionalismo Galego", "Mitteleuropa" (viaxes por Europa), "Nós, os inadaptados" (ideais do Grupo Nós).

Teatro: "O bufón d'el-Rei" (ascenso e caída dun bufón).

Descargar

PDF Word HTML