Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Secundaria

Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole: Mestres da Literatura Galega

Lingua e literatura3,59 KB

Álvaro Cunqueiro: Características e Obras Clave

Álvaro Cunqueiro, figura central da literatura galega, destacou pola súa mestura única de realidade e fantasía.

Características Literarias

  • Mestura de realidade e fantasía: Personaxes e feitos que transitan entre o cotián e o imaxinario.
  • Técnicas da narración realista: Influencia da tradición oral na construción dos seus relatos.
  • Mitos doutras culturas: Recorrencia a figuras lendarias como Merlín, Artur e Simbad.
  • Utilización do humor: Unha visión particular do mundo dos galegos, impregnada de ironía e enxeño.

Obras Narrativas en Galego

Cando se fundou a editorial Galaxia, Cunqueiro, animado polo seu amigo Fernández del Riego, comezou a escribir textos narrativos en galego. Froito desa...

Seguir lendo "Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole: Mestres da Literatura Galega" »

Xeración Nós: Traxectoria, Ideoloxía e Obras Clave

Lingua e literatura3,88 KB

Trazos Vitais da Xeración Nós

  • Naceron arredor de 1885, en familias de clase acomodada.
  • Tiñan unha sólida formación intelectual.
  • O primeiro núcleo (Risco, Pedrayo e Cuevillas) xurdiu en Ourense.

Principios Ideolóxicos

  • Compartían a convicción de que para chegar á cultura universal compre coñecer e desenvolver a cultura propia.
  • Sentían o desexo de establecer unha vía de comunicación coa cultura europea e, ademais, esperar no pobo galego o "sentimento da terra".
  • Desenvolveron un intenso labor literario e político.

A Revista Nós

Na Revista Nós hai textos literarios orixinais e todo tipo de artigos de investigación científica. Xogou un papel fundamental, sendo obxecto de estudo ou tradución os máis sobranceiros escritores e intelectuais...

Seguir lendo "Xeración Nós: Traxectoria, Ideoloxía e Obras Clave" »

Galicia no século XX: II República, movemento agrario e nacionalismo

Lingua e literatura2,25 KB

Galicia no século XX

Galicia do século XX seguía sendo un país rural cun forte atraso económico. O campesiñado continuaba tendo que emigrar a América como no século anterior.

II República

Ocorreu o 14 de abril de 1931 e comeza unha etapa de actividade política e cultural, corresponde co desenvolvemento do nacionalismo e co crecemento da literatura.

Movimento agrario

Movimento reivindicativo do campesiñado, que crea sociedades e sindicatos para loitar pola abolición do sistema foral. Destacaron Solidaridad Gallega (1907) e Acción Gallega (1910) liderada por Basilio Álvarez, abade de Beiro (Ourense).

Decadencia da fidalguía e nacemento da burguesía

A fidalguía perde o seu papel debido á abolición do sistema foral, que era a súa fonte...

Seguir lendo "Galicia no século XX: II República, movemento agrario e nacionalismo" »

Diglosia: definición, tipos e impacto na sociedade galega

Lingua e literatura1,8 KB

Diglosia na sociedade galega

Cando un individuo ou unha comunidade utiliza dúas linguas considerando unha inferior a outra. Hai dous tipos:

Endodiglosia

Cando a diglosia se produce entre variantes da mesma lingua.

Exoglosia

Se se trata de dúas linguas diferentes.

As palabras patrimoniais xurdiron do latín e trouxéronas os colonizadores romanos hai 2000 anos. Os cultismos son palabras de orixe latina ou grega que entraron tardiamente e apenas sufriron modificacións.

Pares lexicais

É unha mesma voz latina ou grega que deu lugar a dúas posibilidades no galego: unha palabra patrimonial e un cultismo.

Prexuizos asociados ao galego

  • Falta de utilidade: o galego illano ao exterior, a modernidade tende cara a unha única lingua universal, o galego non
...
Seguir lendo "Diglosia: definición, tipos e impacto na sociedade galega" »

A literatura nos séculos XVI, XVII e XVIII na Galiza

Lingua e literatura4,17 KB

A etiqueta 'Séculos Escuros'

O período entre a descoberta de América em 1492 e a Revolução Francesa em 1789 é conhecido historicamente como Idade Moderna. Do esplendor que a língua galega e a sua literatura desfrutaram durante a etapa medieval, passa-se, por circunstâncias sociais e políticas, a um período em que o Reino da Galiza, e com ele a sua língua própria, perdem o peso e a importância que tinham até então, especialmente após a ascensão ao trono dos Reis Católicos. A entrada nas camadas mais altas da sociedade de pessoas estrangeiras afins à Coroa provoca a introdução do castelhano na escrita e nos usos formais. O galego, apesar de ser o idioma maioritário, vai sendo relegado à oralidade e aos usos coloquiais, com...

Seguir lendo "A literatura nos séculos XVI, XVII e XVIII na Galiza" »

Poesía galega: tradición e impacto na sociedade

Lingua e literatura640 bytes

Poesía de circunstancia na historia galega

Poesías anónimas sobre feitos históricos e sociais

Poemas sobre execuções e saqueos

Textos renacentistas e barrocos
Importância da obra de Frei Martiño Sarmiento

Explicación sobre as panxoliñas e a similitude léxica

Relato da execución de Pardo de Cela no s.XVI

Estremés famoso sobre a pesca no río Miño

Coloquio de 24 galegos rústicos de Frei Martiño Sarmiento

Estudos e reivindicações sobre a lingua galega

Historia da Lingua Galega: Represión e Recuperación

Lingua e literatura3,09 KB

O Galego baixo a Ditadura Franquista (1936-1950)

O 18 de xullo de 1936, a sublevación militar contra o lexítimo goberno da República marcou o inicio dunha guerra que finalizou en abril de 1939 coa instauración da ditadura franquista. Durante este período, levouse a cabo unha forte represión da lingua galega. Aínda que parte da poboación continuou tendo o galego como lingua habitual, o seu emprego reduciuse aos rexistros informais, xa que o castelán era a única lingua oficial.

A escola, a Igrexa e os medios de comunicación convertéronse en axentes castelanizadores. Intensificouse o proceso de desgaleguización e sectores da sociedade (especialmente a burguesía) adoptaron o castelán por consideralo un medio de ascenso social, mentres

...

Seguir lendo "Historia da Lingua Galega: Represión e Recuperación" »

Literatura Galega no Exilio: Guerra Civil e Recuperación

Lingua e literatura4,55 KB

A Literatura Galega no Exilio: Un Refuxio para a Cultura Durante a Ditadura

A Guerra Civil e a conseguinte ditadura franquista supuxeron o desmantelamento do sistema literario galego en Galicia. Co establecemento dun réxime estrito de censura que desconfiaba de toda manifestación artística que non estivese en castelán, a produción literaria en galego trasládase a Hispanoamérica. O centro de actividade literaria galega será Bos Aires, onde entran en contacto os emigrados cos exiliados e comezarán a desenvolver un amplo traballo intelectual coa publicación de revistas como Vieiros e obras literarias, a creación de editoriais como Galicia e mesmo emisións radiofónicas. Eles van ser os continuadores do que non se podía facer na Galicia...

Seguir lendo "Literatura Galega no Exilio: Guerra Civil e Recuperación" »

O galego: lingua en vías de normalización

Lingua e literatura3,39 KB

O galego, lingua en vías de normalización

O galego é, desde finais da Idade Media, unha lingua minorizada porque está nunha situación de desequilibrio con respecto ao castelán, lingua dominante que goza de maior prestixio social e desenvolve as funcións elevadas. Para superar esta situación e acadar un uso normal da lingua, cómpre levar a cabo o proceso contrario, coñecido como normalización lingüística, que ten o obxectivo de converter a lingua nun medio normal de comunicación entre os cidadáns e recuperar o seu uso en todos os ámbitos por parte de todos os estamentos. Despois dos Séculos Escuros, o galego comezou timidamente o proceso de normalización no século XIX, ao recuperarse para os usos literarios.

Este proceso experimentou...

Seguir lendo "O galego: lingua en vías de normalización" »

Lingua Galega Post-1975: Normalización, Xéneros e Literatura do Exilio

Lingua e literatura4,48 KB

A Lingua Galega a Partir de 1975: Normalización e Institucionalización

A partir de 1975, coa aprobación da Constitución, que recoñece a realidade plurilingüe do Estado, iníciase unha nova etapa para a lingua galega. O Estatuto de Autonomía de Galicia afirma o galego como lingua propia de Galicia, sentando as bases para a súa protección e fomento. Posteriormente, apróbase a Lei de Normalización Lingüística, co obxectivo de converter o galego nun idioma de uso normal e estender a súa presenza en diversos ámbitos.

Reiníciase así o proceso de normalización, incorporando o galego ao ensino, aos medios de comunicación, á Igrexa e a outras esferas da vida pública. Neste contexto, comezan as emisións da Radio Televisión de Galicia...

Seguir lendo "Lingua Galega Post-1975: Normalización, Xéneros e Literatura do Exilio" »