Historia da Lingua Galega: Resistencia, Ilustración e Rexurdimento

Lingua e literatura2,76 KB

A Lingua Galega: A Resistencia

Desde o século XV, coa derrota e expulsión da nobreza autóctona, o galego quedou afastado dos centros de poder administrativo e eclesiástico, de maneira que o castelán foi ocupando o seu lugar como lingua de cultura. O galego, aínda que seguía a ser a lingua da inmensa maioría da poboación, quedou reducido aos usos orais, xa que a nova situación motivou o abandono do seu uso na escritura.

Houbo dous factores que tamén influíron grandemente neste proceso de castelanización:

  • A imprenta, que chegou a Galicia a finais do século XV, e que só usaba o castelán e o latín para as publicacións.
  • A universidade, que unicamente promovía o uso do castelán e latín.

Esta marxinación foi denunciada por primeira vez no século XVIII por algúns intelectuais da Ilustración. O Padre Feixoo e Frei Martín Sarmiento foron as figuras máis destacadas.

Prerrexurdimento (1808-1863)

Esta etapa abrangue desde o ano 1808, cando comeza a Guerra da Independencia, ata 1863, ano en que Rosalía de Castro publica Cantares Gallegos.

Nas primeiras décadas do século XIX, sobre todo a partir da invasión dos franceses, comezan a publicarse textos en galego, aínda que a maioría non teñen un carácter literario.

Máis importante é a publicación de A casamenteira de Antonio Benito Fandiño, un sainete escrito en verso, que aborda os temas dos matrimonios de conveniencia.

Tamén ten relevancia Nicomedes Pastor Díaz, que escribiu en galego dúas importantes composicións: a égloga Belmiro e Benigno e o poema Alborada, nos que desenvolve o tema amoroso.

A Importancia dos Ilustrados Galegos

A súa importancia non só radica na defensa da lingua, senón que estenderon o seu campo de acción máis alá, propoñendo medidas para mellorar a situación social de Galicia.

Entre eles cabe destacar a figura de Frei Martín Sarmiento e de Diego Antonio Cernadas e Castro. Outros destacados ilustrados galegos son Frei Benito Xerome Feixoo e Xosé Andrés Cornide.

Características dos Precursores

Todos teñen obras publicadas en lingua galega con anterioridade a 1863 e non contaban cun coñecemento do que se tiña realizado na nosa lingua anteriormente.

Entre eles destacan:

  • Xoán Manuel Pintos
  • Francisco Añón

O Rexurdimento (1863-Inicios s. XX)

Iníciase coa publicación, o 17 de maio de 1863, de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro e esténdese ata os anos iniciais do século XX.

É moito máis que un fenómeno de tipo literario; significou, sobre todo, unha vontade de recuperación da nosa identidade.

Descargar

PDF Word HTML