A situación do galego no século XXI
Linguas minorizadas e minoritarias
No mundo existen unhas sete mil linguas. Esta gran variedade lingüística correspóndese tamén cunha gran variedade de situacións nas que se poden atopar as linguas dende o punto de vista político: linguas oficiais en máis de un estado: portugués, español, inglés. Estados unilingües: nos que se fala unha soa lingua. Estados plurilingües: nos que se falan varias linguas. As linguas hexemónicas gozan dun prestixo social, determinado pola existencia dun poder político-económico que as potencia.
Consideramos linguas minoritarias aquelas que no territorio de seu teñen un número moi reducido de falantes. E consideramos minorizadas aquelas de pequena extensión pero maioritarias no seu territorio, que están sometidas a condicións sociais que restrinxen o uso das súas funcións.
O galego, lingua maioritaria no seu territorio, padeceu durante séculos marxinación que o mantivo afastado dos usos institucionais e oficiais, relegado a lingua oral, o que converteuno en lingua minorizada. O conflito entre duas linguas pode rematar en: substitución lingüística, e a normalización lingüística, recuperando a lingua marxinada mediante a adopción de funcións que foron usurpadas pola outra lingua, para lograr así a convivencia de ambas linguas.
O galego foi desprazado polo castelán dos espazos que naturalmente ocupaba, por iso iniciouse un proceso normalizador.
O novo marco político
Deseñado a partir da Constitución do 1978, do Estatuto de Autonomía de Galicia (1981), da Lei de normalización lingüística de 1983, provocaron avances na recuperación social ocupando terreos novos, no ámbito institucional, no ensino, nos medios audiovisuais.
O galego chega ao século XXI
Con presenza en todos os ámbitos e emprego en todas as funcións da sociedade, pero o processo normalizador non rematou, xa que persisten actitudes que consideran o galego como lingua máis adecuada para falar no ámbito familiar, rural. As estatísticas mostran que o porcentaxe dos que falan galego decrece conforme diminúe a idade das persoas, de non cambiar isto, a situación evolucionaría moi negativamente, é necesario actuar xa.
O galego de finais do século XX a comezos do século XXI
A partir do 1975 establecéronse condicións político-legais favorables á normalización da lingua. No obstante, persisten indicadores negativos que ameazan o idioma. Deste xeito, son - os pais que transmiten o galego aos fillos, e esta creba na transmisión familiar hai que unir o uso decrecente na xente nova e nas cidades.
A democracia fixo posible para o galego unha consideración xurídica propicia: a Constitución do 78 afirma que o galego é oficial en Galicia, e no ano 80 co Estatuto de Autonomía de Galicia, asegúrase que a lingua propia de Galicia é o galego e que potenciarase o seu emprego en todos os ámbitos. No 2004 apróbase o Plan Xeral de Normalización da Lingua, que defende o idioma en todos os sectores sociais co obxectivo de superar o avance da minorización.
Entre o último cuarto do século XX e comezos do XXI a lingua coñeceu grandes cambios. O marco legal, a capacitación social, a reforma da normativa do 2003 son algúns dos logros neste periodo, no que o galego continuou a perder falantes, non conseguiu eliminar os estereotipos negativos e o número de falantes de corta idade continuou a decrecer.
O galego, estatisticamente segue sendo o idioma máis usado nas comunicacións diarias por máis do 60% da poboación, sobre todo nas relacións familiares. Aínda así, o galego deixará de ser lingua maioritaria en Galicia pois carece de vitalidade entre os falantes mais novos. Entre os aspectos positivos, constátase unha recuperación do galego como lingua habitual nos falantes que non a tiñan como inicial. Outro, é o cambio na consideración social do idioma, aínda que todavía persisten prexuízos.
O galego abálase entre o positivo dos avances que se lograron e a preocupante persistencia de síntomas negativos para o seu futuro. A situação resolveríase, malamente, se o galego desaparecese ou se se propicia a rexaleguización nos falantes para consolidar a lingua e que sexa de emprego diario en todos os ámbitos.