Conceptos Lingüísticos Fundamentais: Guía Completa en Galego

Lingua e literatura3,4 KB

Conceptos Lingüísticos Fundamentais

Definicións Clave en Sociolingüística

O estudo das linguas e as súas interaccións sociais implica unha serie de termos esenciais para comprender a súa dinámica. A continuación, preséntanse algúns dos conceptos máis relevantes:

Conflito Lingüístico

Defínese como a tensión que se produce entre dúas linguas da mesma sociedade por asumir un maior número de funcións sociais e de falantes.

Substitución Lingüística

Proceso que consiste no abandono da lingua propia da comunidade e a asimilación á lingua dominante.

Bilingüismo Individual

É a capacidade dun individuo para desenvolverse en dúas linguas: a súa propia e outra distinta.

Diglosia

Prodúcese cando dentro dunha unidade territorial existen individuos que empregan dous idiomas, un propio adquirido a través da transmisión lingüística da súa sociedade e outro pertencente a un grupo lingüístico diferente.

Lingua Minorizada

É aquela á que se lle negan as condicións para poder desenvolverse con normalidade. Atópase nunha situación de inferioridade ao ver restrinxidos os seus usos públicos e privados.

Funcións Sociais da Lingua

As linguas desempeñan múltiples roles na sociedade. Estas son as principais funcións sociais:

  • Función de identidade: É aquela que realiza a lingua en cada individuo, servíndolle como instrumento de articulación do pensamento.
  • Función familiar: É a que desempeña dentro da familia como elemento de relación entre os seus membros.
  • Función laboral: É a que se desenvolve no mundo do traballo.
  • Función local: É a que realiza a lingua nos contactos entre as persoas que comparten o mesmo contorno na vida cotiá.
  • Función institucional: Prodúcese nos contactos entre os individuos e as entidades administrativas, políticas, sociais e culturais da comunidade á que pertence.
  • Función cultural: Desenvólvese cando a comunidade humana posúe unha lingua e a utiliza para as súas expresións científicas, tecnolóxicas e artísticas.
  • Función internacional: Prodúcese cando unha lingua ten uso alén da súa comunidade de falantes. Falantes doutros idiomas aprenden unha lingua co obxectivo de comunicarse con outras persoas que a teñan ou non como primeira lingua.

Estatus das Linguas

Ademais das súas funcións sociais, as linguas poden ter diferentes estatus:

  • Lingua oficial: Indica o status de determinado idioma como instrumento de relación entre o estado e os seus cidadáns.
  • Lingua nacional: É aquela creada e usada por un pobo ao longo da súa historia.
  • Lingua internacional: É aquela que é aprendida amplamente por individuos que non a posúen como lingua nativa.

Exemplos de Linguas en Contexto

O Catalán

Este idioma románico é falado por uns 7 millóns de persoas, que se reparten entre 4 comunidades autónomas dentro do estado español e outros territorios europeos.

O Éuscaro

Trátase dunha lingua preindoeuropea de orixe incerta. É usada por máis de 800.000 persoas que se reparten en varios territorios: as 3 provincias, Nafarroa, O Treviño e Iparralde.

Descargar

PDF Word HTML