Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Lingua e literatura de Secundaria

Historia da Lingua Galega no Século XX: De Castelao á Actualidade

Lingua e literatura4,53 KB

Historia Social do Galego no Século XX: Antes e Durante a Guerra Civil

No primeiro terzo do século XX acentúanse dous procesos de signo contrario herdados da centuria decimonónica:

  • Por unha banda, a tendencia das clases altas a abandonar o galego en favor do castelán completouse e comezou a afectar tamén ás clases baixas. Como consecuencia da emigración a América, a poboación galegofalante perdeu peso relativo no conxunto da poboación galega.
  • Por outra banda, as clases altas desenvolveron un movemento de recuperación da dignidade da lingua. O galego vai ser reivindicado, non só como idioma de uso literario senón tamén como lingua de uso xeral. A creación da Real Academia Galega inscríbese nesa corrente, pero os avances máis significativos
...
Seguir lendo "Historia da Lingua Galega no Século XX: De Castelao á Actualidade" »

Grandes Autores da Literatura Galega: Neira Vilas, Ferrín e Casares

Lingua e literatura3,04 KB

Xosé Neira Vilas

Naceu en Gres. Tivo unha infancia humilde. En Cuba creou e dirixiu unha institución orientada a investigar todo o referido á intensa presenza dos galegos en Cuba. A obra narrativa de Neira é amplísima. A súa primeira novela foi Memorias dun neno labrego. O protagonista cóntanos como é a súa vida e os conflitos que lle toca vivir, ás veces cargados de dramatismo. A través del, nunha prosa sinxela e vibrante, obtemos un retrato fiel da Galicia campesiña. Anos despois publicou Cartas a Lelo e Aqueloutros anos no Moncho, tamén con protagonista infantil e cunha liña semellante. Pero a súa narrativa ten moitas máis facetas noutros dos seus libros: Camiño bretemoso, Historia de emigrantes, Remuíño de sombras, A muller

...
Seguir lendo "Grandes Autores da Literatura Galega: Neira Vilas, Ferrín e Casares" »

Historia do Teatro Galego (1936-1976): Autores e Movementos

Lingua e literatura4,09 KB

Teatro Galego: De 1936 a 1976

Tras a dura posguerra, será a partir dos anos cincuenta cando se recupere a creación teatral en Galicia e a súa publicación, grazas á editorial Galaxia coa colección Illa Nova. Cómpre destacar a estrea no ano 1959 de Álvaro Cunqueiro con O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, que supuxo un fito na creación teatral, despois da interrupción da posguerra. Cunqueiro é un dos autores que máis innovacións achegaron ao xénero dramático, con obras como A noite vai coma un río e Palabras de véspera.

Grupo de Enlace

Grupo heteroxéneo de autores que serven de conexión entre a dramaturxia de preguerra e a renovación do teatro independente.

  • Otero Pedrayo: O desengano do prior, Noite compostelá,
...
Seguir lendo "Historia do Teatro Galego (1936-1976): Autores e Movementos" »

Grandes Autores da Literatura Galega: Blanco Amor, Cunqueiro e Fole

Lingua e literatura7,17 KB

Eduardo Blanco Amor (Ourense 1897-Vigo 1979)

Novas achegas á literatura galega

Eduardo Blanco Amor trouxo á literatura galega novos temas e formas de narrar:

  • Técnica telefónica: Diálogo no que só se recollen as respostas a unhas preguntas que o lector pode supoñer, pero que non aparecen (como en A Esmorga). É o modo de, sen facer un texto bilingüe, darlle verosimilitude a un diálogo entre un xuíz que falaría en castelán ao facer as preguntas e o reo que fala en galego. O silencio do xuíz simboliza a xordeira da xustiza, o seu papel represor e castigador.
  • Uso dun determinado punto de vista (primeira persoa).
  • Introdución dos espazos urbanos. Xente ao lonxe e A Esmorga aparecen ambientadas no Ourense do primeiro terzo do século XX,
...
Seguir lendo "Grandes Autores da Literatura Galega: Blanco Amor, Cunqueiro e Fole" »

Historia e Evolución da Lingua Galega: Do Rexurdimento á Normalización

Lingua e literatura7,42 KB

Lingua Dominante

  • Número de falantes en aumento.
  • Adquisición académica.
  • Non marcada, aceptada en calquera contexto.
  • Apta para usos formais, cultos, públicos e de prestixio.
  • Presenza case absoluta nos medios de comunicación.

Lingua Minorizada

  • Número de falantes en descenso.
  • Adquisición materna.
  • Marcada. O seu uso implica unha connotación social, cultural, política...
  • Só apta para usos informais, coloquiais e familiares.
  • Escasa presenza nos medios de comunicación.

Adóitase sinalar a data do 17 de maio de 1863 (publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro) como punto de partida do Rexurdimento pleno. Porén, este rexurdir foise producindo dunha forma progresiva desde comezos do século XIX. É o período coñecido co nome de Prerrexurdimento,...

Seguir lendo "Historia e Evolución da Lingua Galega: Do Rexurdimento á Normalización" »

A Cantiga de Amigo: Un Xénero Lírico Medieval

Lingua e literatura3,03 KB

A Cantiga de Amigo

A cantiga de amigo é unha breve composición posta en boca dunha moza solteira e namorada que expresa os seus sentimentos amorosos.

Os temas máis frecuentes son:

  • O lamento pola ausencia do amigo
  • A alegría polo reencontro
  • O enfado co namorado
  • A paixón polo amado

Caracterízase pola presenza dunha voz feminina. O trobador asume a perspectiva feminina, finxe ser muller, e o xograr interpreta a composición.

A cantiga de amigo, ao igual que as kharxas mozárabes e os villancicos casteláns, ten a súa orixe nunha tradición lírica popular que se estendía por boa parte da Península. Trátase, nos tres casos, de poesía de carácter feminino, de ambiente doméstico e familiar e cun ritmo repetitivo.

A palabra «amigo» adoita aparecer

...

Seguir lendo "A Cantiga de Amigo: Un Xénero Lírico Medieval" »

O Rexurdimento Galego: Contexto, Galeguismo e Obxectivos

Lingua e literatura4,54 KB

O Rexurdimento Galego

Contexto: Galicia no século XIX era unha sociedade principalmente rural. Os principais sectores económicos eran a agricultura e a pesca, mentres que a industria tiña un papel moi pouco relevante. Mantíñase o sistema foral, o que significaba que as terras non pertencían aos labregos que as traballaban, senón ás clases altas: o clero, a fidalguía... Os labregos pagaban un imposto (o foro) por traballar as terras e as clases altas vivían de rendas. A pobreza na que vivía o campesiñado fixo que buscasen unha saída para subsistir: a emigración. Así, ao longo do século XIX moitos galegos marcharon a países coma Arxentina, Cuba, Brasil... Houbo algúns que fixeron fortuna nas Américas, pero a maioría volvían...

Seguir lendo "O Rexurdimento Galego: Contexto, Galeguismo e Obxectivos" »

As Vangardas en Galicia: Literatura e Arte

Lingua e literatura8,77 KB

O Tempo das Vangardas

Como resposta á fonda crise das artes, a comezos do século XX xurdiron en Europa os movementos vangardistas, grupos artísticos que promovían unha renovación radical das linguaxes en todas as expresións culturais.

A Orixe das Vangardas:

A comezos do século XX, aparecen en toda Europa grupos de artistas novos que rexeitan as súas tradicións culturais por consideralas caducas e incapaces de expresar as novas realidades. Tamén influíu a situación política (guerras, conflitos sociais) e os cambios que permiten reflectir a vida moderna.

Estes grupos queren explorar novos camiños expresivos, creando técnicas novas (colaxes, metáforas...) e difunden as súas ideas con manifestos. As súas características comúns son:

...
Seguir lendo "As Vangardas en Galicia: Literatura e Arte" »

Teatro, Libros e Internet

Lingua e literatura6,83 KB

Termos Teatrais

  • Galiñeiro
  • Escenario
  • Platea
  • Proscenio
  • Decorado
  • Orquestra
  • Pano
  • Tremoia (producir efectos especiais)
  • Bastidores
  • Palco
  • Anfiteatro
  • Escena
  • Apuntador
  • Pauta

A Dramaturxia e o Teatro

A dramaturxia é a arte de escribir obras teatrais, e o teatro é a representación escénica destas obras ante o público. Ambos están intrinsecamente relacionados na creación e representación de historias no escenario. Exemplos senlleiros son Os vellos non deben de namorarse, de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, e Romeo e Xulieta, de William Shakespeare.

Profesións do Libro

  • Autoría - escritor/a
  • Ilustración - ilustrador/a
  • Maquetación - maquetador/a
  • Edición - editor/a
  • Corrección - corrector/a
  • Impresión - impresor/a
  • Encadernación - encadernador/a

Proceso de Creación

...
Seguir lendo "Teatro, Libros e Internet" »

Normalización e Normativización das Linguas en Contacto

Lingua e literatura1,78 KB

Cando dúas linguas conviven nun mesmo territorio pode desencadenarse un conflito lingüístico, o que ven sendo unha situación de desequilibrio na que un dos códigos se erixe como dominante e o outro queda relegado a un estatus minorizado, esta circunstancia denomínase diglosia.

Para iso faise unha planificación lingüística, que ten como obxectivo poñer en marcha estratexias que lle restauren ao idioma en desvantaxe a súa posición. As principais vertentes de planificación son a normalización e a normativización.

Normativización

A normativización trata dun proceso mediante o que unha comunidade tenta recuperar o uso da súa lingua propia. Estas poden ser de tres tipos:

  • Individuais: teñen un compromiso persoal de empregar a lingua
...
Seguir lendo "Normalización e Normativización das Linguas en Contacto" »