Literatura Galega: Autores e Características
Características da Poesía de Celso Emilio
A poesía de Celso Emilio Ferreiro caracterízase por:
- Poesía social e cívica.
- Emprego de doses de crítica, sátira e sarcasmo.
- Tres liñas temáticas básicas: social, intimista e teórica.
- Emprego dunha linguaxe coloquial (vulgarismos e castelanismos).
- Estilo directo e claro.
- Métrica variada con predominio do verso libre.
- Pouca importancia aos aspectos estéticos e formais.
Diferenzas entre a Poesía de Seoane e a dos Vangardistas
A principal diferenza radica na importancia que Seoane lle concede á temática. A súa é unha poesía de denuncia social, con pouca atención aos aspectos formais. Pola contra, os vangardistas, como Manuel Antonio, rompen co pasado e crean unha nova estética, dándolle moita importancia á forma. A temática de Seoane céntrase máis no social, mentres que Manuel Antonio explora o fantástico.
Mundos Narrativos de Cunqueiro
Cunqueiro utiliza técnicas da narración realista, con recursos da tradición oral popular. Os ambientes familiares crean unha aparencia de realidade. Os personaxes proceden de mitos doutras culturas, como o mago Merlín en Merlín e familia. O humor é esencial na súa narrativa, especialmente nos seus últimos libros de relatos breves, onde ofrece unha visión das crenzas e do xeito de entender o mundo da xente do rural galego.
A Obra Narrativa de Fole
Ánxel Fole publicou principalmente volumes de contos. Os primeiros, Á lus do candil e Terra brava, reflicten o mundo rural do Courel cunha estrutura narrativa semellante.
Os libros da segunda etapa, Contos da néboa e Historias que ninguén cre, ambিয়éntanse no mundo urbano de Lugo. Incorporan elementos do conto de medo e misterio. A Fole gustáballe xogar con tramas de misterio e aventura, cun ton de humor. Emprega unha lingua rica e enxebre, con dialectismos e barbarismos do Courel.
Traballo Cultural dos Exiliados
Salientan Luís Seoane, Eduardo Blanco Amor e Lorenzo Varela. Puxeron en marcha iniciativas para manter viva a cultura galega:
- Edición de revistas culturais e literarias: Galicia, Galicia Emigrante, Correo Literario.
- Creación de canles para a publicación de libros galegos: coleccións Hórreo e Dorna, editoriais como Nova, Citania e Botella al Mar.
- Consolidación dun teatro galego.
- Extenso labor de divulgación da cultura galega entre a colectividade emigrante.
Núcleos Temáticos de Celso Emilio Ferreiro
- Unha liña social, solidaria cos oprimidos e denunciadora dos males sociais.
- Unha liña intimista: inconformismo, identificación coa terra, fugacidade da vida, evocación da infancia, amor.
- Unha liña irónica: denuncia a mesquindade humana con ton acedo e humor sarcástico. Poesía universal sobre as traxedias do ser humano.
Galicia Máxica e Popular en Ánxel Fole
Elementos referidos á Galicia máxica:
- Experiencias parapsicolóxicas.
- Crenzas tradicionais.
- Supersticións de raíz relixiosa.
Elementos referidos á narración:
- Fórmulas de apertura.
- Narración en espiral.
- Conclusión conceptual de carácter didáctico.
- A voz narradora preséntase como testemuña.
Elementos referidos á lingua:
- Abundante uso de refráns.
- Frecuentes barbarismos e dialectismos.