O Teatro e a Poesía Galega nos Anos 70: Evolución e Normalización Lingüística

Lingua e literatura3,24 KB

Teatro: Nos anos 70, o novo marco sociocultural propiciou un cambio notable na situación do teatro galego. Nesta transformación tiveron especial relevancia as Mostras de Teatro de Ribadavia. No 84 creouse o Centro Dramático Galego. Este centro presenta textos de autores galegos e obras traducidas.

Vitalidade do teatro galego: Festivais, compañías convencionais, salas estables, compañías de monicreques, escolas dramáticas, premios. Os dramaturgos galegos forman un grupo heteroxéneo (3 promocións): Ribadavia, 80 e 90.

Lírica: Iníciase coa publicación de Poemas e Contos de Ferrín. Aparecen os novos poetas e tamén novos grupos poéticos con afán innovador.

Trazos esenciais da nova poesía galega:

  • Culturalismo: Tendencia recorrente a incluír todo tipo de referencias literarias, ampliando o horizonte literario de temas.
  • Experimentalismo: Interese por experimentar todo tipo de formas.
  • Apertura temática: Recupéranse os temas universais sen deixar os etnolóxicos e sociais.
  • Protagonismo feminino: Gran número de creadoras.

Dúas promocións de poetas:

  • Anos 80: Seguen a liña de Ferrín, redescobren a dimensión estética dun poema e defenden a vixencia a través do culturalismo.
  • Anos 90: Máis novos, senten a necesidade de facer outro tipo de poesía. Destacan polo activismo literario.

Galego e as leis:

Lexislación sobre a lingua galega: Constitución Española, Estatuto de Autonomía de Galicia, Lei de Normalización Lingüística e Plan Xeral de Normalización.

Lei de Normalización Lingüística: Aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia (83), pretende asegurar o proceso normalizador do galego.

Plan Xeral de Normalización: No 2004 aprobouse no Parlamento de Galicia o Plan Xeral de Normalización, que busca desenvolver e mellorar a normalización iniciada no 83.

Estatuto de Autonomía: Despois de que o primeiro Estatuto de Autonomía vise truncado pola ditadura franquista, a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia abriu unha etapa de cambios para a estrutura económica, social e cultural. Recoñécese a lingua galega como cooficial e propia de Galicia.

Préstamos: Incorpóranse á nosa lingua desde un idioma estranxeiro por necesidade, xa que designan unha realidade para a cal o galego non ten nome.

Neoloxismos: Créanse no propio seo da lingua, por procesos morfolóxicos ou por ampliación de acepcións de voces existentes.

Exemplos de préstamos e as súas orixes:

  • Pallaso (italiano: pagliaccio)
  • Aldea (árabe: aldaya)
  • Tomate (náhuatl: tomatl)
  • Brinde (alemán: bring dir's)
  • Valse (alemán: walzer)
  • Xarope (árabe: saráb)
  • Vagón (inglés: wagon)
  • Quiosco (turco: kösk)
  • Chofer (francés: chauffeur)

Descargar

PDF Word HTML