Uso do galego: normalización e desafíos

Lingua e literatura2,69 KB

O uso do galego

Hábitat

O galego é maioritario no ámbito rural e nas vilas como lingua exclusiva, mentres que é minoritario nas cidades.

Idade

O galego predomina nos falantes máis vellos, mentres que se reduce a súa presenza entre a poboación máis nova.

Aspectos positivos do emprego do galego

  • Recoñecemento oficial: o galego está recoñecido como lingua oficial de Galicia.
  • Actitudes: os prexuízos negativos cara ao galego fóronse reducindo. Máis do 80% da poboación ten unha actitude favorable e ve con bos ollos a súa potenciación.
  • Uso: o seu uso aumentou na administración pública, nos medios de comunicación, na vida cultural, no ensino e na actividade comercial.

Conceptos clave

Lingua inicial

É a lingua na que unha persoa aprende a falar e na que se expresa nos primeiros anos da súa vida.

Lingua habitual

A lingua que unha persoa fala con máis frecuencia na súa vida diaria.

Lingua maioritaria

É a lingua empregada por unha ampla porcentaxe da poboación.

Lingua minorizada

É a lingua que, sendo historicamente dun pobo, ve restrinxido o seu emprego pola presión dunha lingua allea de maior prestixio.

Diglosia

É a convivencia de dúas linguas nun mesmo territorio, caracterizada polo desequilibrio entre ambas, que se empregan en diferentes contextos. Unha funciona como lingua A, predominante, que ten máis prestixio social e emprégase en usos cotiáns e situacións formais, e a outra ten menos prestixio e queda relegada a contextos informais e familiares.

Normalización

É o proceso polo cal a lingua propia dunha comunidade logra superar a opresión que sobre ela exercía unha lingua allea e se converte na lingua de uso normal nesa comunidade.

Ámbitos do proceso de normalización

  1. Recoñecemento social: unha lingua só pode acadar a súa normalización cando unha comunidade a valora e percibe como símbolo de identidade.
  2. Recoñecemento oficial: cómpre unha lexislación específica que adopte medidas de fomento e protección da lingua.

Grupo Nós

Estaba formado por Castelao, Vicente Risco, Cuevillas, Otero Pedrayo e Antón Losada. A súa procedencia social era acomodada e evolucionaron cara ao galeguismo desde unha etapa inicial de cosmopolitismo. A revista Nós foi fundada en 1920, desapareceu en 1936 e publicáronse 144 números. Foi a publicación máis importante en Galicia da preguerra e ocupou diversas facetas: arqueoloxía, antropoloxía, etnografía, xeografía e historia.

Descargar

PDF Word HTML