Conflito Lingüístico e Historia da Lingua Galega
Conflito Lingüístico
Dáse cando dúas linguas compiten por desempeñar todas as funcións posibles. Isto dá lugar á formación de dúas linguas: a lingua hexemónica, que é a que ten maior prestixio sociocultural, úsase en todas as situacións e está normalizada; e a lingua minoritaria, que é a que ten pouco prestixio sociocultural, só se usa de forma informal e non está normalizada.
Todo isto pódese dar por procesos de expansión e de unificación política, por presión cultural e económica ou por movementos migratorios.
Isto ademais ten diferentes consecuencias, como:
- Interferencias entre as dúas linguas (léxicas, morfolóxicas, sintácticas).
- Diminución do número de falantes da lingua minorizada.
- Desequilibrio nos usos lingüísticos.
- Desconfianza entre os diferentes grupos lingüísticos.
Lingua Minoritaria e Lingua Minorizada
A lingua minoritaria é a que ten un número reducido de falantes en comparación co total posible. A lingua minorizada é a que, sendo autóctona dunha zona, ve as súas funcións de uso reducidas debido a un conflito con outra lingua.
Estes dous conceptos diferéncianse en que a lingua minoritaria establécese só en relación co número de falantes; sen embargo, a lingua minorizada faise tamén en relación coas restricións de uso. Outra diferenza é que a lingua minoritaria é o oposto á lingua maioritaria e a lingua minorizada é o oposto á lingua hexemónica.
Bilingüismo e Diglosia
O bilingüismo é a presenza de dous ou máis sistemas lingüísticos nunha persoa (bilingüismo individual) ou nunha sociedade (bilingüismo social).
O bilingüismo social pode derivar en diglosia, que é a coexistencia conflitiva entre dúas linguas que se diferencian segundo os ámbitos sociais de uso, os contextos e situacións de uso e os interlocutores que as usan.
Xeralmente, a diglosia leva ao abandono da lingua menos prestixiosa ao prosperar social e economicamente.
Isto vén dado pola imposición dunha delas e nos leva a un conflito lingüístico.
O Galego (1900-1936)
A finais do século XIX dáse unha recuperación do galego literario, pero prodúcese un descenso no uso oral.
Nesta época contrasta o desenvolvemento cultural coa mala situación sociopolítica, que se dá debido á concentración do poder económico nunha minoría, por ter un sistema agrícola feudal e pola abundante emigración.
A toma de conciencia dos campesiños e o paso do galeguismo ao nacionalismo provocou un aumento do prestixio do galego. Isto baséase en fitos como:
- A fundación da Real Academia Galega (1906).
- O dicionario inacabado da RAG (1913).
- A creación das primeiras Irmandades da Fala (1916).
- A publicación da revista Nós (1920).
- A constitución do Seminario de Estudos Galegos (1923).
- A publicación do Dicionario Galego-Castelán de Leandro Carré Alvarellos (1938).
O Galego (1936-1975)
A Guerra Civil ten consecuencias negativas para o galego, xa que se declara o castelán como única lingua oficial, aínda que o galego seguese falando no ámbito rural.
Isto leva ao exilio a distintos autores como Castelao, Blanco Amor, Luís Seoane ou Rafael Dieste. Este exilio dáse principalmente a Bos Aires, onde distintas asociacións culturais galegas desenvolven un labor ideolóxico e cultural.
Isto leva a lingua a un estado de protoestándar, do cal destacan características como a simplificación da ortografía e a tendencia purista no léxico, rexeitando o uso de castelanismos e cultismos.
E no que tamén destacan fitos como:
- O nacemento da editorial Galaxia (1950).
- A creación da Gramática Elemental del gallego contemporáneo (1959-1961).
- A publicación de Longa Noite de Pedra de Celso Emilio Ferreiro (1962).
- A publicación do Dicionario Galego-Castelán de Xosé Luís Franco Grande (1968).
- A creación do Instituto da Lingua Galega (1971).