Séculos Escuros: declive do galego
A castelanización de Galicia
A conquista andaluza provoca a perda de importancia do Camiño de Santiago e que a gañen territorios como Segovia ou Toledo. Galicia converterase nun país sen peso sociopolítico, un territorio marxinal. A posterior desgaleguización da aristocracia, a política centralista dos Reis Católicos e a revolución dos Irmandiños van acentuar esta situación.
Perda de autonomía
Galicia perderá o seu monarca, o que provoca que o rei de León e Castela asuma esta monarquía. Galicia asume así as Cortes de Castela, perdendo case toda a súa autonomía.
O galego no Século de Ouro
Durante o Século de Ouro español os galegos recibirán un trato totalmente negativo na literatura. O termo "galego" será un verdadeiro insulto, e os galegos acaban aceptando esta condición.
Comézase a crer tamén que o galego é un dialecto do castelán, considerándoa así coma unha lingua minoritaria que non terá cabida na literatura escrita. O galego seguirá sendo a lingua maioritariamente falada en Galicia.
A castelanización no século XV
A castelanización que afecta a Galicia durante o século XV impide o progreso da nosa lingua e, asemade, a distanciación do galego dos organismos de poder, acaparados pola lingua castelá.
Expansión do portugués
Ó sur do río Miño, o reino de Portugal comeza a espallarse, e con el espállase a súa lingua, que chegará ata América, África e Asia. Ao mesmo tempo, a lingua comeza a estandarizarse (gramáticas, dicionarios, ...).
Fin do lirismo galego-portugués
A fin do lirismo galego-portugués e das formas medievais polas novidades renacentistas dáse coa morte do conde de Barcelos, neto de don Denís e último gran trobador. Nesta época aparece unha poesía moi anticuada que xa non gusta á xente. Ademais, estes últimos trobadores teñen un dominio moito menor da lingua, polo que crean unha poesía dunha calidade moi inferior.
Desta época consérvanse os cancioneiros de Baena e o Geral (García de Resende).
Os Séculos Escuros
Aparece en España unha idea negativa de Galicia e do galego, que vai espallarse ata o noso país e ata os galegos da época. Esta idea vai provocar unha autoxenreira que prevalecerá varios séculos, os chamados Séculos Escuros, un período histórico que abarcará tres séculos e parte doutro e que vai provocar a case desaparición do galego como lingua escrita.
Minoría castelanfalante
O galego seguirá sendo a lingua maioritariamente falada en Galicia, de feito, moitos non sabían falar outra lingua. Asemade, a nobreza, o clero e a administración sofren unha brutal castelanización, polo que falamos dunha pequena minoría castelanfalante que ostenta todo o poder (relixión, política, coerción, ...).
Aumento da castelanización no século XIX
No século XIX aumentará drasticamente o número de castelanfalantes e acentuarase a castelanización. Isto propiciouse pola chegada do ferrocarril e das novas formas de comunicación, como os telégrafos. Os ferrocarrís e as novidades na comunicación acurtarán as distancias, propiciando a chegada a Galicia de prensa en castelán. Ademais, aparecerá a educación, e esta darase en castelán.
Todos estes factores provocan que nuns anos aumente o número de castelanfalantes máis ca nos 200 anteriores.
Escasa produción literaria en galego
Durante os Séculos Escuros, o poder do castelán en Galicia é cuantitativamente reducido, pero moi importante cualitativamente. A consideración pexorativa de Galicia e a idea de que o galego é un dialecto do castelán provoca a desaparición dun cultivo literario en galego durante esta época. Escribíase moi pouco e, como ninguén quería lelo, non se imprimía. Proba disto é que o primeiro libro publicado en galego é A Gaita Gallega, publicado en 1853. O segundo sería Cantares Gallegos, dez anos despois.
Sen embargo, pódense atopar algúns textos de bastante cultura, que podemos dividir en tres tipos: