Os Séculos Escuros: Historia e Literatura Galega (Séculos XVI-XVIII)
Os Séculos Escuros
Aparece en España unha idea negativa de Galiza e do galego, que se vai espallar ata o noso país e entre os galegos da época. Esta idea provocou unha autoxenreira que prevaleceu varios séculos, os chamados Séculos Escuros, un período histórico que abrangue tres séculos e parte doutro, e que provocou a case desaparición do galego como lingua escrita.
O Contexto Sociolingüístico
O galego seguiu sendo a lingua maioritariamente falada en Galiza; de feito, moitos non sabían falar outra lingua. Asemade, a nobreza, o clero e a administración sufriron unha brutal castelanización, polo que falamos dunha pequena minoría castelán-falante que ostentaba todo o poder (relixión, política, comercio, etc.).
Acentuación da Castelanización no Século XIX
No século XIX aumentou drasticamente o número de castelán-falantes e acentuouse a castelanización. Isto propiciouse pola chegada do ferrocarril e das novas formas de comunicación, como o telégrafo. Os ferrocarrís e as novidades na comunicación acurtaron as distancias, propiciando a chegada a Galiza de prensa en castelán. Ademais, apareceu a educación, e esta impartiuse en castelán.
A Produción Literaria Durante os Séculos Escuros
Durante os Séculos Escuros, o poder do castelán en Galiza era cuantitativamente reducido, pero moi importante cualitativamente. A consideración pexorativa de Galiza e a idea de que o galego é un dialecto do castelán provocaron a desaparición dun cultivo literario en galego durante esta época. Escribíase moi pouco e, como ninguén quería lelo, non se imprimía. Proba disto é que o primeiro libro publicado en galego é A Gaita Gallega, publicado en 1853. O segundo sería Cantares Gallegos, dez anos despois.
Sen embargo, pódense atopar algúns textos de interese cultural, que podemos dividir en tres tipos:
- Literatura popularizante
- Literatura culta
- Outros textos
Literatura Popularizante
Esta literatura comeza coa historia do mariscal Pardo de Cela. Era un home que estaba casado cunha muller da familia do conde de Lemos, unha familia importante. Entra en conflito coa Igrexa por unhas terras e acaba demandando a situación aos Reis Católicos (RRCC), que lle dan a razón á Igrexa. O Mariscal non acepta o arranxo e é condenado a morte como castigo. Non obstante, os RRCC decídense indultalo. Dise que o mensaxeiro que levaba a salvación do Mariscal foi entretido pola Igrexa de camiño á execución, permitindo que esta se celebrase.
Literatura Culta
A corte de Monterrei foi unha das cortes máis literarias da época (alí imprimiríase o primeiro libro en galego). Nesta corte aparece o Soneto de Monterrei, unha pastorela renacentista con numerosos lusismos. Aparece nos albores da introdución do soneto en España.
- Isabel de Castro de Andrade: En 1558 aparece outro soneto, esta vez escrito por unha muller, Isabel de Castro de Andrade, que foi a primeira muller en escribir en galego. O seu soneto estivo dedicado a Alonso de Ercilla, un chileno moi coñecido na época por unha obra que fixera (era poeta).
- Corte de Gondomar: A finais do s. XVI aparece outra corte literaria en Gondomar.
- Elexías Cuílicas: En 1612 morre a raíña Margarida de Austria, o que propiciou a aparición doutros dous sonetos en galego. Os sonetos son unhas elexías cuílicas (relacionadas co poder e que pretenden loar á monarquía). Foron escritos por Xoán Gómez Tonel e Pedro Vázquez de Neira.
- Martín Torrado: Aparecen tamén neste século as Décimas ao Apóstolo Santiago, de Martín Torrado. Discútese se o patronado español (ostentado por Santiago) debía compartirse ou non con Santa Teresa de Xesús. Aparecen nelas elementos popularizantes, coma o humor ou o carácter dialogado.