Lingua Minorizada e Minoritaria: O Proceso de Normalización do Galego

Lingua e literatura2,57 KB

Conceptos Fundamentais: Lingua Minoritaria e Minorizada

Lingua Minoritaria

Son as usadas por comunidades lingüísticas pequenas en número, independentemente da consideración social que teñan.

Lingua Minorizada

Son aquelas que, sendo historicamente propias dun pobo, sofren un retroceso nos seus ámbitos de uso debido á presión doutra lingua allea a ese territorio. A súa presenza social é menor da porcentaxe que lle correspondería polo número de falantes.

O factor básico desencadeante da minorización dunha lingua é a competencia desigual cunha ou varias linguas alleas de maior prestixio. A lingua débil desa convivencia desequilibrada está sometida a condicións sociopolíticas que restrinxen os seus usos e funcións: fálase entón de lingua minorizada.

Lingua Hexemónica

Son as que gozan dun gran prestixio social, determinado pola existencia dun gran poder político-económico que as potencia.

Factores Clave da Minorización Lingüística

Ao falar de linguas minorizadas, deberemos ter en conta dous aspectos fundamentais:

  1. A non existencia dun estado que as recoñeza como oficiais.
  2. A non coincidencia de fronteiras políticas e fronteiras lingüísticas.

Esta falta de coincidencia de fronteiras provoca diferenzas no recoñecemento legal das linguas. Na meirande parte dos casos, os estados néganlles o seu status de lingua, simplemente son ignoradas, ou inclusive hai un certo obstrucionismo para o seu desenvolvemento.

O Galego: Lingua en Vías de Normalización

Que é a Normalización Lingüística?

Chamamos normalización ao proceso polo cal unha lingua minorizada vai ascendendo nos seus usos ata acabar conseguindo un estatus de normalidade.

Para que o proceso normalizador avance é necesario que funcionen nese sentido dous piares:

  • Acción Institucional do Poder Político

    Os gobernos deben aprobar plans que recollan medidas concretas, elaboradas a partir da realidade lingüística de Galicia, para favorecer o uso do idioma nos distintos ámbitos da sociedade e garantir que calquera cidadán poida vivir plenamente en galego.

  • Acción Colectiva Non Institucional

    Colectivos e grupos de cidadáns xogan un papel transcendental na recuperación e no avance da normalización do galego. Isto implica:

    • Promover a estima pola nosa lingua.
    • Favorecer o seu uso cotián.
    • Apoiar o uso normalizado da lingua por parte dos galegofalantes.

Descargar

PDF Word HTML