Sociolingüística Galega: Características e Contexto Histórico

Lingua e literatura2,2 KB

Sociolingüística Galega

Características Lingüísticas

  • Simplificación da ortografía.
  • Eliminación de apóstrofos.
  • Redución do uso do guión.
  • Utilízase só o acento agudo.
  • Preferencia pola solución -án para masculino e feminino.
  • Alternancia na formación do plural das palabras rematadas en -n e -l.
  • Continúan as tendencias puristas no léxico e evítanse castelanismos.
  • Redúcense os arcaísmos e lusismos.

A editorial Galaxia, fundada en 1950, terá unha influencia patente nesta etapa do galego escrito. Créase en 1971 o Instituto da Lingua Galega (ILG). Neste contexto saíron dúas obras destacables: a Gramática elemental del gallego común de Ricardo Carballo Calero e os métodos de aprendizaxe do ILG, Gallego 1, Gallego 2 e Gallego 3. En 1970 a RAG publica as Normas ortográficas do idioma galego.

Contexto Histórico e Situación Sociolingüística

A causa da grave fractura social, económica, cultural e política para toda España foi a crise xeral producida en Europa despois da Segunda Guerra Mundial, sumada á situación que se vivía en Galicia desde o inicio da Guerra Civil. A penuria farase cada vez máis dramática debido á falta de liberdades.

Na Galicia de posguerra instaurouse unha economía de autoconsumo e a emigración dirixida cara aos países europeos segue sendo a saída para moitas familias a partir dos anos 60. As consecuencias serán moi negativas para a lingua e a cultura galega. A situación política leva ao exilio a boa parte dos escritores, intelectuais e artistas, e os que quedaron deberon retirarse da vida pública ou foron sancionados coa perda dos seus postos de traballo. Os exiliados instaláronse en Arxentina, México e Uruguai. Bos Aires, capital de Arxentina, convértese nese momento na "cidade galega" máis importante e asume o papel de capital cultural de Galicia, onde aparecen as editoriais "Galicia", "Nova" e "Citania". En Galicia apenas se publican libros en galego entre 1936 e 1950. Grazas á consolidación do réxime ditatorial, apareceron intentos para volver recuperar un pouco a vida cultural.

Descargar

PDF Word HTML