Álvaro Cunqueiro: Vida e obra do escritor galego

Lingua e literatura1,3 KB

Nos primeiros anos trinta foi cando comezou o seu labor literario, plasmado en tres importantes libros de poesía: Mar ao norte (1932), Poemas do si e non (1933) e Cantiga nova que se chama riveira (1933)


Os mundos narrativos de Cunqueiro

Nas súas obras atópase unha orixinal mestura de realidade e fantasía. Utiliza técnicas propias da narración realista, cunha presenza importante de recursos da tradición oral popular.


A obra poética e teatral de Cunqueiro

Despois da guerra publicou “Dona do corpo delgado”. O seu mellor libro “Herba aquí ou acolá” aborda temas esenciais como o paso do tempo ou a presenza da morte. Tamén escribiu obras teatrais.


A obra narrativa de Fole

Publicou 4 volumes de contos moi coñecidos. Os da 1ª etapa: “Á lus do candil” (1953) e “Terra Brava” (1955). Os da 2ª etapa: “Contos da néboa” (1973) e “Historias que ninguén cre” (1981). Fole móstrase como un contador de contos.


Ánxel Fole: Perfil Biográfico

Naceu en Lugo (1903). Introduciuse nos círculos culturais e políticos ligados ao Partido Galeguista. Traballou como periodista e desenvolveu un amplo labor cultural, paralelo ao seu traballo como narrador.

Descargar

PDF Word HTML