A poesía galega entre 1936 e 1975

Lingua e literatura4,81 KB

A poesía entre 1936 e 1975

A guerra civil e a ditadura posterior supuxo para Galicia a perda do seu recoñecemento como nacionalidade diferenciada dentro do Estado español. A negación da súa identidade e diferenciación levouse a cabo mediante a imposición dunha cultura e dun idioma uniformador e a persecución de todo síntoma de discrepancia. A vitoria franquista supuxo tamén a represión do esquerdismo, galeguismo e da literatura en galego.

Mentres algún autores seguiron publicando dende o exilio (Seoane / Lorenzo Varela) impulsando a conciencia galeguista e a difusión da cultura galega a través de conferencias, revistas e emisións radiofónicas, en Galicia vivíanse os horrores da posguerra. A pesar da represión, nos 40 sucedéronse uns feitos que indican unha certa recuperación: 1947 publícase Cómaros Verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño, aparece a Oección de Poesía Benito Soto, dirixida por C.E.Ferreiro; créase Editorial Galaxia en 1950 e outras como Bibliófilos Gallegos. A comezos dos 50 un grupo de poetas presentan unha grande heteroxeneidade, no referente ás súas estéticas, proseguiron, renovaron ou principaron a súa obra lírica. Liñas principais: Neotrobadorismo (Cunqueiro/ X.Mª Alvz Blázquez); Paisaxismo Humanista (X.Mª Díaz Castro/ Iglesia Alvariño; Intimismo Sombrizo (Pimentel/ MªMariño/ Tovar); Angustia Existencial (Novás/Manu Mª); Erotismo (L.P.Garza); Canto á Paisaxe Esencial (Novoneyra); e o Socialrealismo (C.E.Ferreiro). A poesía que colocou a forma por enriba do contido volveuse a producir no 1976 con Méndez Ferrín e López Casanova.

Esta anómala situación provoca simultaneamente as obras de 3 xeracións diferentes: 1. Xeración do 36: constituída por escritores (1910-20) formados no marco da II República. Recoñécense discípulos xer nós e xer 1925, pero atopan as súas propias liñas creativas. Moitos deles publicaran antes da guerra, a súa obra acadou máis orixinalidade anos 50/60. Destacamos: I.Alvariño con Cómaros Verdes (1947) 1º libro importante publicado antes da guerra civil. Dividido en 4 apartados mestura hilozoísmo, neotrobadorismo e clasicismo formal. Nel paisaxe=prota, agocha dureza dos traballos dos labregos e soidade humana./ Cunqueiro recuperou o uso do galego en Dona do Corpo Delgado (1950), con influencias neotrobadorescas e vangardistas. 1980 publica Herba de Aquí e de Acolá./ C.E. Ferreiro, Longa Noite de Pedra (1962) seu libro+importante e da poesía soci posbélica. Núcleos temáticos= denuncia do presente abominable, solidariedade cos oprimidos, ansia de liberdade e esperanza no futuro, antibelicismo, paraíso perdido da infancia, terra como realidade maternal e sinal de identidade. X.Mª Alvz Blázquez, Cancioneiro de Monfero estilo neotrobadoresco que acolle problemas da Galicia real (emigración, miseria) nunha corrente transcendente e relixiosa que se interroga sobre a vida, amor e morte.

2. Promoción de Enlace: Poetas 1920-30 autodidactas e illados nas correntes culturais europeas. Toman modelos da literatura española e exprésanse en castelán. Unen a xeración precedente e a seguinte. Antón Tovar poesía=intimista, achegada ao existencialismo e de preocupación relixiosa (Vento no Teu Colo). L.P. Garza poemario O Paxaro na Boca trata o amor sensual con imaxes e metáforas, o erotismo. Novás (Fabulario Novo) un dos + representativos iniciadores da “escola da tebra”, centrada na angustia persoal do poeta.

3. Xeración dos 50 (Festas Minervais): nados 1930-40. Nome=> escritores que a conforman déronse a coñecer nas festas minervais da USC nos 50. Non viviron a guerra ou só na infancia. A súa formación universitaria provocou que esta xeración puidese formarse de xeito máis libre e completo. Comezan a súa carreira literaria xa en galego. M.Mª 1950 Muiñeiro de Brétemas de liña existencialista pero cultivou tamén socialrealismo crítico e irónico en documentos persoais e tamén intimismo e paisaxismo./ Novoneyra (Os Eidos) temas do paisaxismo intimista e cósmico aínda que tamén fai incursións na poesia antibelicista, social e patriótica. B.Graña, Poema do Home que Quixo Vivir, próximo á escola da tebra con resonancias do realismo coloquial./ Xohana Torres, Do Sulco, libro intimista temas amor morte e soidade./Avilés de Taramancos, As Moradías do Vento (Clasicista)./Méndez Ferrín fundador en 1957 do grupo Brais Pinto e publica poemario Voce na Néboa na liña de escola da tebra, deixando ver a presencia do elemento imaxinativo. Libro+importante=Con Pólvora e Magnolias (1976) supón camiño novo na lit galega. Neste libro combínase poesía revolucionaria (pólvora) co lirismo intimista+ luxo estético (magnolias). Usa versolibrismo e multitude de referencias culturais. Dá paso a 1 nova etapa na historia da lit galega e pecha período da posguerra e franquismo.

Descargar

PDF Word HTML