Poesía galega 1936-1976: Xeración do 36 á das Festas Minervais

Lingua e literatura3,06 KB

A poesía galega entre 1936 e 1976: Xeración do 36, Promoción de Enlace e Xeración das Festas Minervais

Luís Pimentel

Aínda que pola súa xeración podería ser un poeta da Xeración do 25, Luís Pimentel publicou os seus libros na posguerra: Triscos (1950) e, xa postumamente, Sombra do aire na herba.

A Xeración de 1936

Constituída por autores nados entre 1900 e 1920, formados no marco da II República, continuadores dos escritores anteriores e que xa publicaran algo antes da Guerra. Destacan:

  • O clasicismo de Ricardo Carballo Calero e Aquilino Iglesia Alvariño.
  • O neotrobadorismo de Xosé María Álvarez Blázquez e Álvaro Cunqueiro.
  • O intimismo radical de María Mariño.
  • O paisaxismo, moitas veces social ou existencial, de Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé María Díaz Castro.
  • O socialrealismo ou poesía social con Celso Emilio Ferreiro, autor de Longa noite de pedra.

Promoción de Enlace

Constituída por autores nados na década dos 20 que elaboraron illadamente os seus discursos poéticos nos anos máis negros da posguerra. Salientamos a Antón Tovar (Arredores, Non, O vento no teu colo, Calados esconxuros...), a Luz Pozo Garza (O paxaro na boca) e a Manuel Cuña Novás (Fabulario novo).

A Xeración dos 50 ou das Festas Minervais

Os autores agrupados neste apartado naceron arredor da década de 1930-1940 e déronse a coñecer nos certames poéticos de Compostela a partir do 1953, coñecidos como Festas Minervais. Destacan:

  • A obra de Manuel María, con libros como Muiñeiro de brétemas e Terra Chá, de fondura social e intimista.
  • A poética de Uxío Novoneyra (Os eidos), caracterizada pola condensada expresión e brevidade na procura de reflectir a natureza irta do Courel, onde o ser humano é un elemento mínimo dentro desa inmensidade natural.
  • As publicacións de Bernardino Graña, como Poemas dun home que quixo vivir.
  • A obra de Antón Avilés de Taramancos, recompilada no libro Obra poética de Avilés de Taramancos.
  • A obra de Xoana Torres.
  • A obra de Salvador García Bodaño.
  • A obra de Xosé Luís Franco Grande.
  • A obra de Arcadio López Casanova.
  • Os poemarios de Xosé Luís Méndez Ferrín.

A lírica a partir de 1975 e até 2000

En 1976, Méndez Ferrín publica Con pólvora e magnolias. Con este poemario comeza a renovación da poesía galega, que levaba xa abondo tempo ancorada no socialrealismo prosaico.

Descargar

PDF Word HTML