Historia da Lingua Galega no Século XX: De Castelao á Actualidade

Lingua e literatura4,53 KB

Historia Social do Galego no Século XX: Antes e Durante a Guerra Civil

No primeiro terzo do século XX acentúanse dous procesos de signo contrario herdados da centuria decimonónica:

  • Por unha banda, a tendencia das clases altas a abandonar o galego en favor do castelán completouse e comezou a afectar tamén ás clases baixas. Como consecuencia da emigración a América, a poboación galegofalante perdeu peso relativo no conxunto da poboación galega.
  • Por outra banda, as clases altas desenvolveron un movemento de recuperación da dignidade da lingua. O galego vai ser reivindicado, non só como idioma de uso literario senón tamén como lingua de uso xeral. A creación da Real Academia Galega inscríbese nesa corrente, pero os avances máis significativos producíronse con:

Movementos de Recuperación da Lingua

  • As Irmandades da Fala: Reivindicaron e promoveron o uso do galego en ámbitos formais.
  • O Grupo Nós: Tratou de romper co ruralismo e co costumismo co que acotío se asociaba a cultura galega, publicando literatura de vangarda e con temas de interese universal.
  • O Seminario de Estudos Galegos: Grupo de mozos universitarios composteláns que publicaron na nosa lingua ensaios e textos científicos. Investigaron sobre o idioma e fixeron propostas de normativización.

Despois da Guerra Civil: O Franquismo e a Lingua Galega

Tras a guerra iniciouse unha etapa de represión xeneralizada que afectou a todas as linguas diferentes do castelán, e Galicia converteuse nun deserto cultural. A partir de 1950, grazas a unha certa apertura do réxime imposta pola política internacional, comezaron a notarse síntomas de recuperación no ámbito da cultura, como a creación da Editorial Galaxia (1950) ou o establecemento do Día das Letras Galegas (1963). Na década de 1960 xurdiron diferentes asociacións culturais. Por primeira vez, os que estaban presionados a aprender o castelán tiñan os novos medios de comunicación monolingües en castelán, como a radio e a televisión.

Da Democracia á Actualidade: Normalización Lingüística

Coa restauración da democracia, a aprobación da Constitución Española (1978), do Estatuto de Autonomía (1981) e da Lei de Normalización Lingüística, o galego adquire unha situación legal para recuperar o seu prestixio social e consolidar o seu uso en calquera ámbito.

A Prosa Galega ata a Guerra Civil: Castelao e Dieste

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950)

Castelao (1886-1950) naceu en Rianxo. De cativo emigrou coa familia á Arxentina. De volta en Galicia, estudou medicina pero abandonou a profesión para dedicarse á obra artística e ao seu labor político. A partir de 1920 asumiu a dirección artística na revista Nós e en 1922 comezou a súa obra narrativa Un ollo de vidro. Tras a Guerra Civil viuse obrigado a exiliarse a América e morreu en Bos Aires. Coa restauración da democracia, os seus restos foron trasladados a Santiago de Compostela.

Obra Narrativa de Castelao

Os temas que definen a narrativa de Castelao son o humanismo e o compromiso cos máis débiles. Critica a marxinación económica, promoveu o protagonismo social das clases populares e apoiou a defensa da lingua galega. A produción narrativa de Castelao inclúe:

  • Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922): Historia fantástica crítico-humorística onde un esquelete relata as súas experiencias no mundo de ultratumba.
  • Cousas (1926/1929/1934): 45 narracións líricas nas que se combina un texto breve en prosa cunha ilustración que apoia o seu contido.
  • Retrincos (1934): Conxunto de 5 relatos de carácter autobiográfico.
  • Os dous de sempre (1934): Novela estruturada arredor de 2 protagonistas antiéticos: Pedriño e Rañolas.

Obra Ensaística

A produción en prosa de Castelao complétase coa obra Sempre en Galiza (1944), unha recompilación de artigos de viaxe, ensaios, reflexións e memorias na que condensa o seu ideario nacionalista.

Obra Gráfica

Castelao foi pintor, debuxante e autor de gravados. A súa obra gráfica denuncia cun humor crítico e irónico. Destacan o álbum Nós (1918) e os tres álbums da Guerra Civil (1937-1938).

Rafael Dieste (1889-1981)

Naceu en Rianxo en 1889. Estud

Descargar

PDF Word HTML