Evolución do Galeguismo: Rexurdimento e Castelanización

Lingua e literatura3,35 KB

Evolución do Pensamento Galeguista

Debido a unha situación de pobreza e marxinalidade de Galicia con respecto ao Estado español, xorde nalgúns sectores da sociedade galega unha conciencia de país que deu lugar ao provincialismo, rexionalismo e nacionalismo galego.

A Lingua Galega no Século XIX

Increméntase en Galicia o ritmo de penetración do galego debido a:

  • Aparición dos medios de comunicación escritos.
  • O incremento no número de escolas de educación primaria.
  • O reforzamento do aparello administrativo estatal.
  • Establecemento en Galicia ao longo do S.XIX de moitos elementos burgueses.
  • A emigración transoceánica a países de fala hispana.

A partir de aí aparece o Rexurdimento.

As Institucións do Estado como Motores de Castelanización

A Escola Pública

A escola establece a marxinalización dos idiomas existentes que non sexan o castelán. A escola vai ser un dos principais focos de expansión e un dos principais métodos do castelán.

As Valoracións Sociais, Ámbitos e Niveis de Uso do Galego

A lingua galega vive no S.XIX fenómenos contrapostos. Unha parte perde falantes e a outra recupera a categoría de lingua literaria e de cultura. Todo o esforzo do Rexurdimento non foi capaz de parar a corrente de penetración do español. No S.XX a situación do galego será peor que 50-100 anos atrás. Instálase practicamente o español en toda Galicia.

O Rexurdimento

Período que abrangue boa parte do S.XIX e se caracteriza por dous fenómenos relacionados:

  1. A aparición dun movemento reivindicador da personalidade colectiva galega e defensor tanto dos seus trazos característicos, como dos dereitos da condición do pobo.
  2. A recuperación da escrita literaria do galego.

Períodos do Rexurdimento

Período Precursor

Uns autores usaron o galego antes de que se puidera.

Período do Rexurdimento Pleno

Predomina a poesía.

Período da Depresión Finisecular

Hai moi malas obras poéticas.

Os Obxectivos do Rexurdimento

  • Cambiar a consideración negativa con respecto ao uso e as calidades do idioma galego.
  • Ampliar os ámbitos de uso do idioma galego.
  • Perfeccionar o idioma galego.

Actividades do Rexurdimento

Historiografía, filoloxía, prensa escrita, o folclore, a música, a literatura.

Logros e Fracasos do Rexurdimento

En primeiro lugar, foi sempre iniciativa dun pequeno grupo de individuos, cultos moi sensibles aos males do do país, mais illados do pobo e incomprendidos case sempre polas clases poderosas. O Rexurdimento non conseguiu o seu obxetivo mínimo de igualar en estima e ámbitos de uso o galego e o castelán.

Os Precursores do Rexurdimento

A publicación máis emblemática desta etapa é o denominado "Álbum de la Caridad", volume que recolleu os textos presentados aos Xogos Florais da Coruña. Os autores que cultivan o galego antes da aparición de Cantares Gallegos reciben o nome de precursores.

- Antonio Benito Fandiño.

- Francisco Añón Paz.

- Xoán Manuel Pintos.

Descargar

PDF Word HTML