O Grupo Nós: Historia, Ideoloxía e Obras Principais
1. Quen formaba o Grupo Nós?
O grupo estaba integrado por: Florentino López Cuevillas, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Antón Losada Diéguez e Castelao.
2. Evolución ideolóxica do Grupo Nós
Pasaron dunha actitude cosmopolita e individualista, afastada da realidade próxima, a descubrir Galicia, facéndose galeguistas e europeístas.
3. Etapas na traxectoria e ideoloxía de Vicente Risco
- 1ª etapa: Coincide coa dirección da revista teosófica.
- 2ª etapa: Marcada polo descubrimento de Galicia e a súa entrada no galeguismo (1918).
- 3ª etapa: Coa guerra abandona o nacionalismo e o uso literario da lingua, aínda que non abandonaría o que foi importante nese descubrimento persoal de 1918.
4. Obras de Vicente Risco
- Novelas curtas: A historia do doutor Oliveira, O lobo da xente, A trabe de ouro e de alquitrán.
- Novelas longas: O porco de pé.
- Ensaio: Mitteleuropa.
- Teatro: O bufón d'el Rei.
5. Esquema da obra de R. Otero Pedrayo
- Novelas curtas: Pantelas, home libre, O purgatorio de D. Ramiro (relata aventuras de ultratumba), Escrito na néboa.
- Novelas longas: Os camiños da vida (narra o século XIX, historia de dúas familias fidalgas), Arredor de si (descubre a cultura galega), Devalar (dedicada a Castelao), A romaría de Xelmírez (ambientada no século XII).
- Contos: Contos do camiño e da rúa, Entre a vendima e a castiñeira.
- Ensaio: Ensaio histórico sobre a cultura galega.
- Teatro: A lagarada, Teatro de máscaras.
6. Esquema da obra de Castelao
- Novela curta: Un ollo de vidro (1920) (un esqueleto do cemiterio narra as historias que ve co seu ollo de vidro), Cousas (44 relatos de tipo popular con debuxos que ilustran a obra).
- Novela longa: Os dous de sempre (historia de Pedro e Rañolas, personaxes antitéticos ao estilo das novelas picarescas), Retrincos (colección de relatos autobiográficos con debuxos).
- Ensaio: As cruces de pedra na Galiza, Sempre en Galiza (obra máis importante, referencia fundamental para o nacionalismo, 1944).
- Humor gráfico: Cousas da vida (Álbum Nós).
- Teatro: Os vellos non deben namorarse (historia en tres lances de tres vellos que se namoran de tres mozas, intervindo tamén os mozos; combina elementos populares galegos con escenas expresionistas e vangardistas).