As Vangardas Literarias: Movementos e Autores Clave

Lingua e literatura3,02 KB

As Vangardas Literarias: Movementos e Autores

  • O cubismo: París como escola pictórica (Braque, Picasso) arredor do ano 1906. Caracterízase pola representación simultánea das distintas perspectivas dun obxecto, o que dá lugar á aparición dos caligramas.
  • O futurismo: Nace en 1909 co Manifesto Futurista de Marinetti. Exalta a civilización mecánica, os logros da técnica e o que trae consigo: a velocidade, a forza, o ruído...
  • O dadaísmo: Xorde en 1916 da man de Tristan Tzara. É o máis radical dos "ismos", baseándose na negación de todo, da idea de creación e da figura do creador.
  • O imaxinismo: Aparece en 1920 con poetas ingleses, como Aldous Huxley e Richard Aldington, e americanos, como Ezra Pound. Destaca pola riqueza de imaxes, o colorido e o ritmo.
  • O surrealismo: A corrente vangardista máis rica e complexa. Nace en París con André Breton como principal guía. Parte da dialéctica materialista e da psicanálise de Freud, procurando liberar o home das cadeas impostas pola razón, a moral tradicional e os costumes sociais.
  • O creacionismo: Iniciado por Vicente Huidobro. Propón a creación dunha arte que non imite a realidade; o poema é considerado un obxecto autónomo, froito da intelixencia.
  • O ultraísmo: Movemento vangardista hispano que pretende recoller e sintetizar achegas de todos os "ismos", especialmente do creacionismo. Xunto ao seu principal teórico, Guillermo de Torre, a imaxe poética e a metáfora convértense nos elementos primordiais do poema.
  • O saudosismo: Movemento portugués que é resultado da posta ao día do sentimento da saudade tradicional na lírica portuguesa, con Teixeira de Pascoaes como figura destacada.
  • O hilozoísmo: Luís Amado Carballo é o seu máximo representante; presenta unha natureza viva e humanizada. Na súa poesía paisaxística inflúen outros elementos que configuran a lírica hilozoísta: o modernismo e o ultraísmo.

Manuel Antonio Pérez Sánchez

Obra destacada:

  1. Con anacos do meu interior
  2. Foulas
  3. Sempre e mais despois
  4. Viladomar
  5. De catro a catro: O único libro publicado en vida do autor. Consta de 19 poemas.

A influencia predominante é a do creacionismo, sobre todo na concepción do poema como creación, como entidade autónoma. De catro a catro supuxo unha auténtica ruptura coa tradición, sen continuadores directos na literatura galega. Presenta unha tripla orixinalidade:

  • Lingüística: debido á presenza de numerosos cultismos e ao emprego do léxico de navegación.
  • Temática: ofrécenos unha visión do mar desde o propio mar.
  • Formal: dado o tratamento rupturista e as imaxes vangardistas que vertebran o poemario.

Descargar

PDF Word HTML