Rosalía de Castro: Vida, Obra e Legado no Rexurdimento
Significación da obra en galego
Aspectos máis importantes:
- Escribe en galego para mostrar o seu interese por Galicia e polas súas xentes.
- Demostrar que o galego é válido para a expresión literaria.
Obras máis importantes
En castelán
Novelas
- El caballero de las botas azules
- La hija del mar
- Ruinas
- Flavio
Poemarios
- En las orillas del Sar
En galego
- Cantares gallegos
- Follas novas
Datos biográficos
Rosalía de Castro naceu en Santiago en 1837 e morreu en Padrón en 1885. Filla dunha liñaxe fidalga e dun crego de Iria. Rosalía ten que irse a vivir coa súa tía paterna a Ortoño. Con 15 anos marcha a Santiago coa súa nai, onde se formará no Liceo de la Juventud. Aos 19 anos trasládase a Madrid onde coñece a Manuel Murguía, co que casa dous anos despois. Tiveron sete fillos. Tiveron moitos problemas económicos e de saúde. Rosalía morre aos 48 anos na Casa da Matanza en Padrón (despois de padecer un cancro).
Cantares Gallegos
É o primeiro libro publicado en galego; con el iníciase o Rexurdimento. "O libro está inspirado en cantares populares de Galicia".
Temas
- Poemas folclóricos (festas e costumes galegos).
- Poemas que reivindican o uso do galego.
- Poemas intimistas (amor, melancolía, soidade, tristeza...).
- Algún poema comprometido (denuncia de inxustizas).
Estrutura
Consta de 35 poemas cunha estrutura circular:
- Poema I ("Cantarte hei, Galicia"): suxeito lírico, unha rapaza que ao acudir a unha romaría lle piden que cante.
- Poemas II a XXXIV: cantos da rapaza.
- Poema XXXV ("Campanas de Bastavales"): aparece a rapaza para desculparse por se os "cantos" non estivesen á altura.
Significación
Rosalía pretende borrar a imaxe negativa que se tiña de Galicia, é por iso que conta as súas belezas.
Follas Novas
É un libro máis serio e comprometido que o anterior.
Estrutura
- "Do íntimo" e "Vaguedás": poesía intimista (a dor, a morte, o paso do tempo...).
- "Da terra" e "As viúdas dos mortos e as viúdas dos vivos": poesía reivindicativa (denuncia as inxustizas que se cometen co pobo galego).
Significación
Comprometerse co pobo galego denunciando as inxustizas que contra el se cometen.