Ánxel Fole e o labor cultural do exilio galego
Ánxel Fole: Un retrato da Galicia máxica e popular
Nos contos de Ánxel Fole conflúen as referencias á realidade material e concreta de Galicia e aquela que provén da cultura espiritual. Retrata unha Galicia misteriosa e máxica, na que cobran relevancia tres aspectos fundamentais:
- Experiencias parapsicolóxicas (aparicións).
- Crenzas tradicionais (bruxería).
- Superstición relixiosa (a Santa Compaña).
Formalmente, a súa narrativa caracterízase por recoller algúns dos trazos estruturais e estilísticos propios da narración oral tradicional. Así, temos:
Elementos referidos á narración
- Fórmulas de apertura: Uso de estruturas clásicas do conto popular.
- Narración en espiral: Técnica recorrente no seu estilo.
- No tramo final do relato dáse unha conclusión conceptual de carácter didáctico.
- A voz narradora preséntase como testemuña, para que nos creamos o que di.
Elementos referidos á lingua
- Abundante uso de refráns.
- O galego utilizado mesturado con frecuentes barbarismos e dialectalismos, na tentativa de recoller a fala real.
O traballo cultural dos exiliados
Entre os exiliados, salientan os nomes de Luís Seoane, Eduardo Blanco Amor, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado, Emilio Pita e Ramón de Valenzuela. Eles puxeron en marcha numerosas iniciativas para manter viva a cultura galega. Entre elas, salientan:
Edición de revistas culturais e literarias
Galicia (editada polo Centro Galego), Galicia Emigrante (que tivo continuidade nun programa de radio do mesmo nome), Correo Literario...
Creación de canles para a publicación de libros galegos
As coleccións Hórreo e Dorna, dentro da editorial Emecé, ou novas editoriais como Nova, Citania e Botella al mar. Esta actividade editorial foi importantísima: non só reeditaron libros de figuras xa desaparecidas (Pondal, Rosalía, etc.) senón que tamén deron a coñecer as obras que foron creadas nos anos do exilio.
Consolidación dun teatro galego
Posta en marcha da compañía de Maruxa Villanueva e Varela Buxán (que estrearía Os vellos non deben de namorarse), fundación do Teatro Popular Galego e creación de textos orixinais.
Extenso labor de divulgación da cultura galega
A importancia de Bos Aires non nos pode facer esquecer que en México houbo outro significativo foco de vida cultural no exilio. Alí creáronse revistas como Saudade, Loita e, sobre todo, Vieiros, dirixida por Luís Soto e o cineasta Carlos Velo. Tamén en Londres houbo un grupo moi activo, que creou un programa de radio que se transmitía para Galicia a través da BBC.