Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Secundaria

Bases do Réxime Franquista e a Crise da Posguerra (1939-1959)

Historia7,37 KB

Bases do Réxime Franquista

Ditadura Militar

Tras a vitoria de Franco na Guerra Civil, impúxose unha ditadura militar que suprimía as liberdades democráticas.

Supresión de liberdades e institucións

  • A Constitución de 1931 foi anulada.
  • Os partidos e sindicatos obreiros foron prohibidos.
  • As eleccións foron suprimidas.
  • As institucións republicanas foron desmanteladas.

Tamén se aboliron os Estatutos de Autonomía e se prohibiu calquera manifestación nacionalista catalá, vasca ou galega.

O Partido Único e o Sindicato Vertical

Franco asumía a xefatura do partido único: *Falange Española Tradicionalista y de las JONS* (**FET y de las JONS**), no que se agruparon os vencedores da Guerra Civil. Do partido dependía a Central Nacional Sindicalista...

Seguir lendo "Bases do Réxime Franquista e a Crise da Posguerra (1939-1959)" »

O movemento cantonal de 1873 na Primeira República

Historia3,03 KB

Pi i Margall quería negociar con carlistas e republicanos impacientes, mais en xullo de 1873 produciuse en Alcoi unha folga xeral que derivou nunha insurrección xeralizada, que se reprimiu a tiros. Axiña xurdiron os cantóns (unidades políticas territoriais soberanas que, mediante acordos libres “de abaixo a arriba”, se uniron formando a federación española), que proclamaron a República Federal. O fenómeno cantonalista desbaratou os plans de Pi e, ante a resistencia deste a reprimir os levantamentos cantonais, o goberno entrou en crise. Nicolás Salmerón substituíu a Pi na presidencia da República e comprometeuse a restablecer a orde e aprobar as reformas sociais pendentes.

Causas e características do cantonalismo

O cantonalismo...

Seguir lendo "O movemento cantonal de 1873 na Primeira República" »

O Trienio Constitucional e o Reinado de Fernando VII

Historia2,85 KB

O Trienio Liberal ou Constitucional (1820-1823)

Tras o xuramento de Fernando VII da Constitución de 1812, formouse un goberno integrado por liberais, que recuperou moitos dos decretos das Cortes de Cádiz. O primeiro goberno liberal estivo formado por ilustres exiliados, como Agustín Argüelles (ministro da Gobernación) ou José Canga (de Facenda). Estableceuse un sistema de liberdades políticas, no que destacan as seguintes medidas:

  • Liberdade dos presos políticos.
  • Supresión definitiva da Inquisición.
  • Restauración das autoridades constitucionais en concellos e deputacións.
  • Eleccións a Cortes.
  • Creación da Milicia Nacional, corpo de voluntarios para a defensa do sistema constitucional, que se converterá nun dos símbolos do liberalismo
...
Seguir lendo "O Trienio Constitucional e o Reinado de Fernando VII" »

Restauración de Fernando VII e absolutismo (1814–1820)

Historia2,76 KB

A restauración de Fernando VII e do absolutismo

a) O sexenio absolutista

Tras o Tratado de Valençay (decembro de 1813), Fernando regresou a España, mais non aceptou o tratado nin as reformas lexislativas de Cádiz. Cando desembarcou en Valencia, en abril de 1814, tivo lugar a publicación do Manifesto dos Persas, asinado por 69 deputados absolutistas. O 4 de maio o rei publicou o Decreto de Valencia, que supuxo un golpe de Estado, pois cambiou a dirección política do país mediante un acto de forza ao restaurar o poder absoluto do monarca e abolir toda a lexislación das Cortes de Cádiz “coma se non pasasen xamais tales actos”. Os liberais foron duramente reprimidos: foron encarcerados, desterrados ou condenados á morte, e moitos víronse

...

Seguir lendo "Restauración de Fernando VII e absolutismo (1814–1820)" »

O Renacemento Urbano na Europa Medieval: Cidades, Sociedade e Comercio

Historia2,43 KB

O Rexurdimento das Cidades

No século XI produciuse na Europa medieval un renacemento urbano. As cidades creceron en número, en poboación e en importancia social e económica. O desenvolvemento urbano estivo moi unido ás mellores condicións de vida.

A partir do século XI, as innovacións técnicas aplicadas á agricultura permitiron un aumento da produtividade no campo e, xa que logo, unha mellora na alimentación. Isto tivo unhas consecuencias significativas:

  • O crecemento da poboación rural e un aumento da esperanza de vida.
  • A emigración de moitos campesiños cara ás cidades, o que contribuíu ao crecemento destas.
  • A aparición de excedentes agrícolas que, ao non ser necesarios para alimentar a poboación, vendíanse nos mercados urbanos.
...
Seguir lendo "O Renacemento Urbano na Europa Medieval: Cidades, Sociedade e Comercio" »

A Guerra Fría: Conceptos e Termos Clave (1945-1991)

Historia2,97 KB

A Guerra Fría e o Sistema Bipolar

A Guerra Fría foi un sistema de relacións internacionais entre o 1945 e o 1991. Despois da guerra, o mundo quedou dividido en dous bloques antagónicos (sistema bipolar):

  • Bloque occidental: Sistema político democrático con economía capitalista e ideoloxía liberal, liderado polos EE.UU.
  • Bloque comunista: Sistema político totalitario, con economía planificada e ideoloxía marxista, liderado pola Unión Soviética.

Os dous bloques estiveron enfrontados nunha carreira de armamento, unha propaganda ideolóxica, a subversión, a espionaxe e unhas guerras localizadas en territorios periféricos.

Glosario de Termos Fundamentais

  • Telón de aceiro: Fronteira que divide a Europa oriental e a Europa occidental.
  • Bloqueo
...
Seguir lendo "A Guerra Fría: Conceptos e Termos Clave (1945-1991)" »

O New Deal de Roosevelt

Historia3,11 KB

Ámbitos do New Deal

Económicos:

  • Crear empresas públicas.
  • Axudar a empresas en dificultades.
  • Destruír stocks agrícolas.
  • Controlar bancos.

Sociais:

  • Obras públicas.
  • Aumento do salario.
  • Redución da xornada laboral.

Causas da Crise de 1929

  • A sobreprodución: A produción medrou máis rapidamente que a demanda e as fábricas producían máis do que podían vender. A acumulación de stocks fixo baixar os prezos e moitas empresas quebraron e pecharon as súas portas.
  • A especulación bolsista: Durante os anos de prosperidade económica, moitos americanos investiron na bolsa. O aumento da demanda das accións subiu moito o seu prezo, xerando grandes expectativas de ganancias que non respondían ao crecemento e beneficios das industrias.

Consecuencias da Crise

  • O
...
Seguir lendo "O New Deal de Roosevelt" »

Movemento Obreiro en España: Ludismo, Socialismo e Anarquismo

Historia3 KB

Ludismo e Sindicalismo Obreiro en España

As primeiras formas de protesta obreira tiveron un carácter ludista. Os obreiros en España comprenderon que para defenderse precisaban de sindicatos.

Orixes e Primeiras Formas de Protesta

  • Ludismo: Destacaron os sucesos de Alcoi, onde os veciños queimaron as máquinas, e tamén o incendio na fábrica de Bonaplata, unha das primeiras en ter máquina de vapor.
  • 1840: Fúndase o primeiro sindicato, a Asociación de Teceláns de Barcelona. Esta asociación foi prohibida polo goberno, aínda que despois dun tempo volveu permitir as asociacións obreiras.
  • 1855: Tivo lugar en Barcelona a primeira folga xeral realizada en España, para protestar pola introdución de novas máquinas que os obreiros consideraban
...
Seguir lendo "Movemento Obreiro en España: Ludismo, Socialismo e Anarquismo" »

Preguntas e Respostas: Auge de EEUU e Crise de 1929

Historia2,77 KB

Cando e por que EEUU se converteu na primeira potencia mundial?

Despois da Primeira Guerra Mundial. Este conflito supúxolle un gran negocio, pois proporcionou aos países belixerantes alimentos, armas, produtos industriais e préstamos.

Como foi capaz Henry Ford de fabricar coches baratos?

Aplicando técnicas tayloristas que abaratan os custos de produción.

Cal é o motor do sistema capitalista?

O consumo masivo é o motor da economía capitalista.

Resuma as causas da crise da Bolsa de Nova York.

A superprodución de produtos industriais fixo que as empresas deixaran de obter beneficios; deste modo, o valor das súas accións baixou. Ante este panorama, os accionistas puxeron en venda as súas accións, co que o valor das mesmas baixou aínda máis.

...

Seguir lendo "Preguntas e Respostas: Auge de EEUU e Crise de 1929" »

Conceptos e personaxes do século XIX en España

Historia3,91 KB

Glosario de conceptos históricos do século XIX

Xuntas: órganos de poder xurdidos por iniciativa popular na Guerra da Independencia española (1808–1814) para organizar a resistencia armada fronte ao invasor e asumir o poder. Lei Sálica: lei que prohíbe que unha muller herde o trono, salvo que non existan fillos, irmáns ou sobriños do monarca anterior. Man Negra: foi unha presunta organización anarquista secreta e violenta que actuou en Andalucía a finais do s. XIX, á que se lle atribúen asasinatos, incendios de colleitas e edificios. Soberanía Nacional: autoridade que reside no pobo a través dos órganos que o representan. Nacionalismo: exaltación do propio país ou rexión e dos seus usos e costumes; aparece por primeira vez...

Seguir lendo "Conceptos e personaxes do século XIX en España" »