Movemento Obreiro en España: Ludismo, Socialismo e Anarquismo
Ludismo e Sindicalismo Obreiro en España
As primeiras formas de protesta obreira tiveron un carácter ludista. Os obreiros en España comprenderon que para defenderse precisaban de sindicatos.
Orixes e Primeiras Formas de Protesta
- Ludismo: Destacaron os sucesos de Alcoi, onde os veciños queimaron as máquinas, e tamén o incendio na fábrica de Bonaplata, unha das primeiras en ter máquina de vapor.
- 1840: Fúndase o primeiro sindicato, a Asociación de Teceláns de Barcelona. Esta asociación foi prohibida polo goberno, aínda que despois dun tempo volveu permitir as asociacións obreiras.
- 1855: Tivo lugar en Barcelona a primeira folga xeral realizada en España, para protestar pola introdución de novas máquinas que os obreiros consideraban que lles quitaban o traballo.
- 1870: Créase a Federación Española da Asociación Internacional de Traballadores (FEAIT), difundíndose así en España o marxismo e o anarquismo.
O Desenvolvemento do Socialismo
O socialismo tivo un lento desenvolvemento en España. Aínda que xa se creara a Federación Madrileña, non é ata que Pablo Iglesias lle dá un impulso que se fúndase o PSOE (Partido Socialista Obreiro Español).
Fundacións Clave (1888)
Así mesmo, créase en 1888 a UXT (Unión Xeral de Traballadores).
Ideoloxía e Obxectivos
O PSOE defendía a acción política, pero co tempo caracterízase por un carácter obreirista e pola oposición a outras forzas políticas. O obxectivo dos socialistas era a revolución social e o cambio do sistema capitalista por unha sociedade igualitaria. Apoiaban o uso da folga como defensa dos dereitos. O sufraxio universal abriu novas expectativas electorais ao socialismo.
O Arraigamento do Anarquismo
O anarquismo arraigou fortemente polo desencanto que ambos colectivos (os obreiros de Cataluña e o campesiñado de Andalucía) tiñan respecto dos grupos políticos aos que lle deran apoio.
A Acción Directa e a Violencia
Ao final do século, o anarquismo defendeu a acción directa contra a sociedade burguesa e capitalista. Isto produce unha espiral de violencia, manifestada en:
- Atentados a personaxes políticos.
- Ataques a símbolos da burguesía e a Igrexa.
Tantos atentados impulsaron os grupos anarquistas non violentos a crear a CNT (Confederación Nacional do Traballo), que chegou a ser a máis importante de España.
Os Conflitos Agrarios
A precaria situación dos campesiños agravábase coas periódicas crises de subsistencia, que provocaban situacións de fame. A crispación social plasmábase en forma de asaltos e incendios, semellantes a accións ludistas.
Logo da venda dos bens comúns, a situación empeorou máis e producíronse alzamentos campesiños.