O New Deal de Roosevelt

Historia3,11 KB

Ámbitos do New Deal

Económicos:

  • Crear empresas públicas.
  • Axudar a empresas en dificultades.
  • Destruír stocks agrícolas.
  • Controlar bancos.

Sociais:

  • Obras públicas.
  • Aumento do salario.
  • Redución da xornada laboral.

Causas da Crise de 1929

  • A sobreprodución: A produción medrou máis rapidamente que a demanda e as fábricas producían máis do que podían vender. A acumulación de stocks fixo baixar os prezos e moitas empresas quebraron e pecharon as súas portas.
  • A especulación bolsista: Durante os anos de prosperidade económica, moitos americanos investiron na bolsa. O aumento da demanda das accións subiu moito o seu prezo, xerando grandes expectativas de ganancias que non respondían ao crecemento e beneficios das industrias.

Consecuencias da Crise

  • O crac da bolsa: Precipitouse a crise financeira xa que a banca non puido atender a todos os clientes que querían retirar os seus cartos.
  • Recesión económica xeneralizada: O consumo diminuíu e moitas fábricas pecharon ao non poder vender a súa produción.
  • Aumento do paro: O número de parados aumentou a 13 millóns en 1932 e tiveron que recorrer ás axudas públicas.
  • Expansión da crise: A crise estendeuse ao resto do mundo.

Outras cuestións históricas

Guerras Mundiais:

  1. Primeira Guerra Mundial (1914-1918): Triple Alianza (Italia, Alemaña, Austria-Hungría) e Tripla Entente (Gran Bretaña, Francia, Rusia).
  2. Segunda Guerra Mundial (1939-1945): Eixe Roma-Berlín (Alemaña, Italia); Pacto Xermano-Soviético (Hitler pacta coa URSS); defensa de Polonia (Francia, Gran Bretaña).

Causas das Guerras Mundiais: As ansias expansivas e os roces entre nacionalismo e imperialismo.

Bolxeviques: Eran a parte radical do partido socialdemócrata ruso, o seu xefe era Lenin.

Casus Belli:

  • Primeira Guerra Mundial: O afundimento do Lusitania por parte dos alemáns.
  • Segunda Guerra Mundial: O ataque a Pearl Harbor por parte dos xaponeses o 7 de decembro de 1941.

Stalin: Foi un ditador que estivo ao mando da URSS. Prohibiu a propiedade privada, fixo que o estado planificase a economía e comezou persecucións políticas.

Mussolini: Era un político totalitario fascista italiano que alcanzou o poder porque o rei cedeullo para que arranxase a situación. Símbolos: o brazo en alto e o machado co feixe de varas.

Estados Unidos na Primeira Guerra Mundial: Beneficiouse pola venda de alimentos, armas e produtos industriais aos aliados. Ao non sufrir a guerra no seu territorio, tivo poucos danos materiais e humanos, unha gran porcentaxe de produción industrial e o cobro de préstamos de guerra. Tamén novas fontes de enerxía e produción.

Descargar

PDF Word HTML