Preguntas e Respostas: Auge de EEUU e Crise de 1929
Cando e por que EEUU se converteu na primeira potencia mundial?
Despois da Primeira Guerra Mundial. Este conflito supúxolle un gran negocio, pois proporcionou aos países belixerantes alimentos, armas, produtos industriais e préstamos.
Como foi capaz Henry Ford de fabricar coches baratos?
Aplicando técnicas tayloristas que abaratan os custos de produción.
Cal é o motor do sistema capitalista?
O consumo masivo é o motor da economía capitalista.
Resuma as causas da crise da Bolsa de Nova York.
A superprodución de produtos industriais fixo que as empresas deixaran de obter beneficios; deste modo, o valor das súas accións baixou. Ante este panorama, os accionistas puxeron en venda as súas accións, co que o valor das mesmas baixou aínda máis.
En que momento do relato Jones comeza a ter problemas?
Jones comeza a ter problemas en 1928, cando ten que botar man do soldo para pagar os créditos.
Que solucións propuxo Keynes para superar a crise de 1929?
Propuxo a intervención do Estado para organizar a economía, controlando os prezos, fixando os salarios, subvencionando as empresas para fomentar o emprego e investindo en obras públicas.
En que se manifestou a crise dos sistemas políticos do occidente?
Na desconfianza da validez do sistema democrático, que non fora quen de evitar unha guerra, nin de satisfacer as demandas nin da burguesía nin do proletariado, nin de poñer en pé as economías.
Por que se afirma que os réximes políticos de Mussolini e de Hitler son autoritarios?
Porque entre outras medidas:
- Concentraron todo o poder político nas mans dun líder.
- Anularon a separación de poderes.
- Rexeitaron a democracia e as liberdades políticas e individuais.
- Prohibiron os partidos políticos.
Que ten de estraño a firma dun pacto entre Alemaña nazi e a URSS comunista? Que razóns deu Stalin para xustificar tal pacto?
Que eran dous réximes políticos antagónicos.
Para Stalin supuña gañar tempo para prepararse militarmente ante un ataque alemán.
Explique as múltiples causas da II Guerra Mundial. Que razóns deu Hitler para invadir Polonia?
As causas son:
- O desquite de Alemaña polas humillacións ás que foi sometida no Tratado de Versalles.
- As múltiples repercusións da crise de 1929.
- O enfrontamento entre réximes autoritarios e democráticos.
- A agresiva política de expansión territorial alemá.
- O fracaso da Sociedade de Nacións para resolver conflitos.