Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Secundaria

Os Austrias menores en España: crise e decadencia no século XVII

HistoriaActualizado o 4,53 KB

A crise do século XVII e os Austrias menores

Durante este século mandan os Austrias menores e, en España, a crise manifestouse en varios sentidos: demográfico, económico e social.

Crise demográfica

Debido ás sucesivas guerras e a tres epidemias, a poboación de España en 1700 era igual que en 1600.

Crise económica

A crise económica agravouse polas malas colleitas e pola caída da entrada de ouro e prata procedentes de América.

Crise social

A crise tivo repercusións sociais. Por un lado, a burguesía non cambiou e seguiu igual; en cambio, o pobo llano vía empeorar a súa situación, polo que moita xente era empuxada á delincuencia.

Os reinados dos últimos Austrias españois

O reinado de Felipe III

Felipe III asinou a paz e acordou a tregua

...
Seguir lendo "Os Austrias menores en España: crise e decadencia no século XVII" »

A República de Weimar e a ascensión do nazismo de Hitler

HistoriaActualizado o 2,81 KB

A Débil República de Weimar: Orixe e Oposición

O Nacemento da República (1918-1919)

Tras a derrota de Alemaña na Primeira Guerra Mundial, formouse un Goberno provisional que tivo que facer fronte á revolta espartaquista, liderada por Karl Liebknecht e Rosa Luxemburgo.

Nesta revolución tratouse de impoñer un réxime comunista en Alemaña en 1919, pero fracasou. Pouco despois, celebráronse eleccións para unha Asemblea Constituínte. Esta asemblea aprobou en 1919 na cidade de Weimar unha Constitución pola que Alemaña se convertía nunha república democrática. O Partido Socialdemócrata tiña maioría no Parlamento alemán e controlaba o Goberno.

A Oposición ao Réxime Democrático

Desde o principio, a nova democracia contou coa oposición...

Seguir lendo "A República de Weimar e a ascensión do nazismo de Hitler" »

Historia Contemporánea de España: Política, Economía e Cultura

Historia3,96 KB

Fronte Popular (febreiro-xuño 1936)

O novo goberno, presidido por Santiago Casares, decretou unha amnistía para os presos políticos da revolución do 34 e continuou as reformas interrompidas. Ocasionaron unha crecente radicalización política. Na esquerda, gañou peso o PSOE e na dereita fundouse Falange Española, creada por José Antonio Primo de Rivera, que quería implantar un réxime fascista.

A violencia política manifestouse na primavera tráxica de 1936, unha onda de atentados entre militantes falanxistas, comunistas e anarquistas.

Os sectores máis conservadores do exército decidiron acabar coa República mediante un golpe de estado dirixido por Mola. O asasinato en Madrid de José Calvo Sotelo, o 13 de xullo de 1936, proporcionou...

Seguir lendo "Historia Contemporánea de España: Política, Economía e Cultura" »

Franquismo en España: Golpe de Estado, Guerra Civil y Réxime (1936-1975)

Historia3,16 KB

Golpe de Estado: 17 de xullo de 1936

As tropas de Melilla sublevaronse contra o Goberno, iniciando a Guerra Civil. O día 18 triunfaron nos territorios coloniais. Franco tomou o mando.

Guerra Civil (17/07/1936 - 01/04/1939)

Tras a vitoria dos sublevados, os principais mandos militares elixiron a Franco como xefe de Goberno. Creouse o novo Estado autoritario:

  • Desmantelouse o sistema parlamentario republicano.
  • Anulouse a lei agraria.
  • Prohibiuse os partidos políticos e os sindicatos.
  • Estableceuse un partido único (Falanxe Española).
  • Suprimiuse a liberdade de expresión e impúxose a censura.
  • Derrogáronse os estatutos de autonomía.

Consecuencias da guerra

Demográficas: 400.000 mortos, dos cales 210.000 foron execucións (150.000 polos sublevados e 60....

Seguir lendo "Franquismo en España: Golpe de Estado, Guerra Civil y Réxime (1936-1975)" »

Imperio Carolingio e Feudalismo: Guía Completa

Historia3,22 KB

Imperio Carolingio

Os reis eran débiles e daban o poder aos mordomos de palacio. O mordomo máis importante foi Carlos Martel, que derrotou aos musulmáns. Pipino o Breve, fillo de Carlos Martel, fixo que o coroasen como rei. Carlomagno, fillo de Pipino, intentou recrear Roma e tiña tanto poder que foi coroado como novo emperador de Occidente.
Condes e marqueses debían xurar fidelidade ao rei.
Cando Luis o Piadoso, fillo de Carlomagno, morreu, desapareceu o imperio.

Feudalismo

Segundas invasións

  • Viquingos: conquistaron as illas británicas e a zona sur de Italia.
  • Húngaros: crearon Hungría.
  • Sarracenos: piratas musulmáns.
Crearonse climas de inseguridade. Os reis eran moi pouco poderosos e os campesiños fixéronse servos dos nobres.

Sociedade estamental

  • Nobres:
...
Seguir lendo "Imperio Carolingio e Feudalismo: Guía Completa" »

A Crise da Restauración e a Segunda República en España

Historia5,08 KB

Crise do Estado liberal: o reinado de Afonso XIII

O mantemento da alternancia de partidos (1902-1917)

O sistema alternativo mantívose entre 1902 e 1917 baixo dous novos líderes: Antonio Maura, á fronte do Partido Conservador, e José Canalejas, á fronte do Partido Liberal. Ambos levaron a cabo unha política rexeneracionista que intentou rematar co caciquismo e implantar certas melloras sociais.

A Semana Tráxica de Barcelona (1909)

Foi o problema interno máis destacado do período e estivo motivada polo intento de España de crear un protectorado en Marrocos. Consistiu nunha folga e violentos disturbios en Barcelona, causados pola mobilización de reservistas para acudir á guerra con Marrocos. A violenta represión da folga polo goberno...

Seguir lendo "A Crise da Restauración e a Segunda República en España" »

A Guerra Fría (1947-1991): Bloques, Conflitos e Fin do Mundo Bipolar

Historia7,59 KB

A división do mundo en bloques (1946-1974)

A formación dos bloques

As conferencias de paz non puxeron fin aos enfrontamentos mundiais. As dúas superpotencias vencedoras, EE.UU. e a Unión Soviética, xurdiron como enfrontamentos entre elas que dividiron o mundo en dous bloques antagónicos. Cada superpotencia buscou o maior número posible de aliados. EE.UU. obrigou a expulsar aos comunistas dos gobernos de coalición formados en moitos países de Europa occidental, e a Unión Soviética propiciou o acceso ao poder de partidos comunistas nos países de Europa central e oriental ocupados polo seu exército.

O inicio da ruptura

A ruptura entre as dúas superpotencias produciuse en 1947. O presidente estadounidense Harry Truman proclamou a chamada...

Seguir lendo "A Guerra Fría (1947-1991): Bloques, Conflitos e Fin do Mundo Bipolar" »

Crise política e guerras na España do século XIX: do absolutismo ao sexenio revolucionario

Historia6,37 KB

A crise política do Antigo Réxime

1.1 O reinado de Carlos IV (1788-1808)

A crise política do Antigo Réxime iniciouse no reinado de Carlos IV. No ano seguinte ao seu acceso ao trono estalou a Revolución Francesa. España levou a cabo unha política flutuante e puxo fin ás reformas ilustradas, por considerar que as súas ideas orixinaran a revolución en Francia. Tras a execución de Luís XVI, España declarou a guerra á Francia revolucionaria, pero este invadiu o País Vasco e Navarra, e tivo que pedir a paz (Paz de Basilea, 1795).

O primeiro ministro do rei, Manuel Godoy, aliouse con Francia e asinou con Napoleón o Tratado de Fontainebleau (1807) para repartirse Portugal. Co pretexto de invadir Portugal, as tropas francesas entraron en...

Seguir lendo "Crise política e guerras na España do século XIX: do absolutismo ao sexenio revolucionario" »

A Segunda Guerra Mundial e o Mundo Dividido en Bloques (1939-1991)

Historia6,33 KB

O panorama internacional entre 1939 e 1991

-Segunda Guerra Mundial: estalou debido as tensións políticas, económicas e sociais de entreguerras. Ao finalizar a guerra desaparecen os fascismos e abriuse unha nova situación internacional, caracterizada pola Guerra Fría e a descolonización.

-A división do mundo en bloques: occidental ou capitalista, liderado por EE.UU., e oriental ou comunista, dirixido pola Unión Soviética. As relacións estiveron marcadas por unha gran tensión ideolóxica e militar, que marcou as relacións internacionais ata a caída do bloque comunista en 1990.

-A descolonización: supuxo o acceso á independencia das antigas colonias localizadas en Asia e África. Os novos países, pobres e atrasados, constituíron...

Seguir lendo "A Segunda Guerra Mundial e o Mundo Dividido en Bloques (1939-1991)" »

Italia fascista: orixe e chegada ao poder (1918–1924)

Historia2,66 KB

Orixe

Crise de posguerra: o custo da vida en Italia subira moito respecto aos salarios e o nivel de vida da clase traballadora baixara. En 1918, as organizacións obreiras intentaron recuperar esas perdas do poder adquisitivo. Esta foi a orixe dun movemento de folga. Producíronse folgas e os obreiros ocuparon numerosas fábricas no Norte de Italia. Desenvolveuse un movemento de ocupación de terras dos grandes propietarios.

Todos estes movementos foron reprimidos, pero o temor á bolxevización e ao estalido dunha revolución social estendeuse entre a burguesía. A monarquía constitucional atravesaba unha situación de forte inestabilidade. Entre 1919 e 1922 sucedéronse cinco gobernos diferentes. O réxime constitucional apoiábase nunha coalición...

Seguir lendo "Italia fascista: orixe e chegada ao poder (1918–1924)" »