O Imperio Hispánico baixo Filipe II
O Imperio Hispánico: Filipe II
En 1556, dous anos antes da súa morte, Carlos I abdicou no seu fillo Filipe II e cedeulle todos os seus territorios, agás as posesións austríacas e o título imperial alemán, que lle entregou ao seu irmán Fernando.
O Goberno de Filipe II
Filipe II (1527-1598), fillo de Carlos I e Isabel de Portugal, reinou sobre un inmenso imperio, no que os dominios americanos acadaron a súa máxima expansión; pero ao non ser emperador, puido gobernar en función dos intereses da monarquía hispánica. Diferenciándose do seu antecesor, o monarca encargábase persoalmente do goberno desde Madrid, que converteu en capital en 1561. Nos arredores de Madrid fixo construír O Escorial, tamén residencia real e sede do goberno....