A Guerra Fría: Conceptos e Termos Clave (1945-1991)
A Guerra Fría e o Sistema Bipolar
A Guerra Fría foi un sistema de relacións internacionais entre o 1945 e o 1991. Despois da guerra, o mundo quedou dividido en dous bloques antagónicos (sistema bipolar):
- Bloque occidental: Sistema político democrático con economía capitalista e ideoloxía liberal, liderado polos EE.UU.
- Bloque comunista: Sistema político totalitario, con economía planificada e ideoloxía marxista, liderado pola Unión Soviética.
Os dous bloques estiveron enfrontados nunha carreira de armamento, unha propaganda ideolóxica, a subversión, a espionaxe e unhas guerras localizadas en territorios periféricos.
Glosario de Termos Fundamentais
- Telón de aceiro: Fronteira que divide a Europa oriental e a Europa occidental.
- Bloqueo de Berlín: Primeiro conflito da Guerra Fría no que os soviéticos impiden a chegada por terra da axuda a Berlín.
- Carreira de armamento: Política de rearmamento, en especial a nuclear, que levan a cabo as dúas potencias na Guerra Fría.
- Caza de bruxas: Nome da persecución fanática contra todo sospeitoso de comunismo nos Estados Unidos, impulsada por McCarthy nos anos 50.
- Coexistencia pacífica: Etapa de distensión entre as dúas superpotencias na que se logra certo entendemento; no 1961 constrúese o Muro de Berlín.
- Comecon: Consello de Axuda Económica Mutua, creado pola URSS, que asegura axuda económica ao bloque do leste.
- Crise dos mísiles: Punto de tensión máxima da Guerra Fría en 1962; dispóñense mísiles soviéticos apuntando aos EE.UU., que bloquean o acceso a Cuba.
- Doutrina Truman: Política difundida polos EE.UU. que ten como obxectivo frear o avance do comunismo no mundo.
- Guerra das Galaxias: É un plan de defensa estratéxica deseñado por Ronald Reagan en 1983 polo que se dispón un sistema de control e destrución dos mísiles soviéticos por satélite.
- OTAN: Organización do Tratado do Atlántico Norte, entidade creada polos EE.UU. e os seus aliados europeos en 1949 co obxectivo de comprometer os seus membros na defensa mutua en caso de ataque.
- Pacto de Varsovia: Organización militar creada en 1955 polos países do leste como reacción á creación da OTAN.
- Plan Marshall: Plan económico deseñado polos EE.UU. no que se ofrece axuda económica aos países europeos que saquen o comunismo do seu goberno de coalición.
- Vietcong: Brazo armado dos comunistas de Vietnam do Sur que axuda aos vietnamitas na guerra contra os EE.UU.
- Primavera de Praga: Movemento democratizador e aperturista en Checoslovaquia.