Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Historia

Revolución Francesa e Unificacións: Napoleón, Italia e Alemaña

Historia3,24 KB

Etapa de Conversión

Tiña maioría xirondina; aboliu a monarquía, proclamou a república (1792) e decidiu guillotinar a Luís XVI. O descontento popular ante a guerra foi aproveitado polos radicais xacobinos para acceder ao poder. O seu líder, Robespierre, proclamou unha constitución máis democrática en 1793 na que se establecía o sufraxio universal masculino e usou o terror e a guillotina contra calquera opositor ao sistema. Depuxeron e guillotinaron a Robespierre; o poder pasou así a deputados de centro que elaboraron a constitución de 1795.

Composición do Consulado

O poder executivo pasou a ser desempeñado por un Directorio de cinco membros. Levou a cabo numerosas campañas militares en Italia e Exipto. Nesta destacou Napoleón Bonaparte,...

Seguir lendo "Revolución Francesa e Unificacións: Napoleón, Italia e Alemaña" »

Os Felices Anos Vinte en EUA: Prosperidade e Crise Económica

Historia3,92 KB

Os Felices Anos Vinte en Estados Unidos

As Consecuencias da Primeira Guerra Mundial en EUA

Estados Unidos saíu moi beneficiado da Primeira Guerra Mundial. Durante o conflito, a venda de alimentos, armas e produtos industriais aos aliados facilitou que o país acumulase a metade das reservas mundiais de ouro e que o dólar se convertese nunha sólida moeda de cambio. Ademais, as perdas humanas resultaron pequenas en comparación co resto de países belixerantes.

Ao rematar a guerra, Estados Unidos converteuse na primeira potencia económica mundial. A súa produción agrícola era moi elevada e a industrial representaba o 44,8% da produción mundial. A súa maior competitividade abriulle os mercados internacionais aos seus produtos e estes invadiron...

Seguir lendo "Os Felices Anos Vinte en EUA: Prosperidade e Crise Económica" »

A Segunda República, o Réxime Franquista e os Poderes do Estado en España

Historia4,09 KB

A Segunda República (1931-1936)

A Segunda República desenvolveuse entre 1931 e 1936. Tras a caída da monarquía, o poder foi exercido por un goberno provisional formado por republicanos e socialistas. En 1931 celebráronse eleccións a Cortes, dando o triunfo á alianza gobernante. Tras aprobar a Constitución, o goberno estaba formado por republicanos de esquerda e socialistas, quedando fóra os republicanos de dereitas e centro.

Constitución de 1931

Defendía as bases do sistema e da organización territorial: establecía a soberanía popular, a autonomía de municipios e rexións, a separación da Igrexa e Estado, o recoñecemento de dereitos individuais e sociais e un sistema de economía mixta.

Laicismo e limitación do poder da Igrexa

Extinción...

Seguir lendo "A Segunda República, o Réxime Franquista e os Poderes do Estado en España" »

Liberalismo e Crises en España e Galicia (S. XIX)

Historia7,54 KB

Constitución de Cádiz de 1812 e Liberalismo

Os españois non aceptaron o goberno imposto por Napoleón e substituíron o baleiro de poder coa creación de Xuntas, formadas por representantes do pobo. A Xunta Central gobernou en ausencia dos reis españois e en oposición a Xosé Bonaparte. En Cádiz, a Xunta Central convocou ás Cortes en 1810. O 19 de marzo de 1812, as Cortes de Cádiz promulgaron a primeira Constitución española, coñecida como "La Pepa", que defendía os principios básicos do liberalismo político:

  • O principio da soberanía nacional: o poder residía na nación.
  • Establecía a división de poderes: lexislativo (Cortes co rei), executivo (rei) e xudicial (tribunais).
  • O sufraxio universal masculino indirecto.
  • Unha ampla declaración
...
Seguir lendo "Liberalismo e Crises en España e Galicia (S. XIX)" »

Termos clave da historia de España: Reis Católicos a Carlos III

Historia5,87 KB

Termos clave da historia de España (séculos XV-XIX)

  • Unión dinástica: Matrimonio de dous príncipes que posúen diferentes coroas. Isabel de Castela e Fernando de Aragón, Isabel ao trono de Castela, Fernando á coroa de Aragón, pero a unión das dúas coroas era unicamente un vínculo persoal e dinástico.
  • Tribunal da Inquisición (1478): Creado polos Reis Católicos en 1478, foi un tribunal especial e independente da xurisdición ordinaria encargada de velar e defender a pureza do dogma e da moral.
  • Santa Irmandade: Milicia armada financiada polas cidades, que impuxo a autoridade real en toda Castela no século XV.
  • Expulsión dos xudeus: Expulsión dos xudeus de Castela e Aragón ordenada polos monarcas a finais do século XV, buscando con
...
Seguir lendo "Termos clave da historia de España: Reis Católicos a Carlos III" »

Socialismo Utópico, Marxista e Anarquismo: Teorías Revolucionarias

Historia2,29 KB

Socialismo Utópico

Os primeiros socialistas denunciaban a miseria e as penalidades do proletariado e proxectaban unhas sociedades futuras alternativas. Foron chamados utópicos por Marx.

Características do Socialismo Utópico

  • Perseguían unha sociedade ideal e perfecta na que o ser humano vivise en paz, harmonía e igualdade.
  • Ese proxecto social realizaríase de forma pacífica.
  • Primaban a solidariedade, a filantropía e o amor fraternal.
  • Defendían as novidades da industria moderna, pero condenaban os seus efectos nocivos para os obreiros.
  • Principais ideólogos: o Conde de Saint-Simon, Charles Fourier e Robert Owen.

Socialismo Marxista

O marxismo ou socialismo científico foi elaborado por Marx e o seu amigo Engels. A estancia de Engels en Manchester,...

Seguir lendo "Socialismo Utópico, Marxista e Anarquismo: Teorías Revolucionarias" »

A Revolución Liberal en España: Do Antigo Réxime ao Sexenio

Historia9,79 KB

A Revolución Liberal en España

A revolución liberal é o paso do sistema político e social do Antigo Réxime (sociedade estamental, monarquía absoluta "soberanía real de xustificación divina e todos os poderes están en mans do monarca") ao sistema liberal (igualdade ante a lei e monarquía constitucional "soberanía nacional e separación de poderes").

Guerra da Independencia (1808-1814)

Antecedentes

  • 1807: Tratado de Fontainebleau: Godoy autoriza as tropas francesas a pasar por España camiño de Portugal, a cambio dun futuro reparto do reino lusitano entre Francia e España e dun principado para o propio Godoy.
  • 1808: Motín de Aranjuez: Dirixido pola nobreza palaciega e o clero, pedían a abdicación do rei Carlos IV no seu fillo Fernando
...
Seguir lendo "A Revolución Liberal en España: Do Antigo Réxime ao Sexenio" »

Os Sistemas Fascistas: Totalitarismo e Autoritarismo

Historia5,69 KB

2. OS SISTEMAS FASCISTAS:

Totalitarismo, fascismo e sistemas autoritarios

As ditaduras son todos os réximes nos que o poder está concentrado nunha persoa ou institución, os dereitos individuais non están garantidos e non existe oposición política.

Totalitarismo:

Sistema político caracterizado por control absoluto do individuo por parte do estado, existencia dun único partido disciplinado e xerarquizado, ríxido control policial e represión sobre os contrarios, intervención estatal na economía e forte apoio do exército. Para lograr unha acción máis eficaz, controlan os medios de comunicación de masas.

Fascismo:

Régime político de Italia (1922-1943) baseado nunha ditadura unipersoal, na presenza dun único partido de masas, na exaltación

...

Seguir lendo "Os Sistemas Fascistas: Totalitarismo e Autoritarismo" »

Apuntes de Historia e Literatura Galega: Éxodo Rural, Goya, Rosalía, Galdós...

Historia2,8 KB

Apuntes de Historia e Literatura

O éxodo rural dirixiuse na súa maioría cara ás cidades, polo que estas medraron, creando ensanches urbanos que era onde vivían os chegados polo éxodo rural.

Goya e as Majas

Este é un cadro pintado por Goya. O seu título é A maja vestida. Pintou tamén outro moi semellante, A maja espida. Suponse que é un retrato da Duquesa de Alba. É de estilo neoclasicista, con trazos propios do impresionismo. É de principios do século XIX, antes do ano 1808. Está no Museo do Prado en Madrid.

Rosalía de Castro

Viviu de 1837 a 1885. Naceu en Santiago de Compostela e morreu en Padrón. Dos tres libros máis destacados que escribiu, dous están escritos en galego: Cantares gallegos (1863) e Follas Novas (1880), e o terceiro...

Seguir lendo "Apuntes de Historia e Literatura Galega: Éxodo Rural, Goya, Rosalía, Galdós..." »

A Segunda Guerra Mundial e a Crise do Liberalismo: Unha ollada histórica

Historia4,35 KB

A Organización da Paz

As conferencias de paz: Ialta e Potsdam

Os aliados aprenderon dos erros do Tratado de Versalles e, desde o principio da guerra, discutiron sobre os mecanismos que permitisen alcanzar unha paz duradera. A guerra deixara dúas potencias hexemónicas (EEUU e a URSS) e a nova orde mundial debía reflectir este feito. Os aliados reuníronse en distintas conferencias ao longo da guerra; as máis importantes producíronse en Ialta e Potsdam.

Na conferencia de Ialta, Stalin, Roosevelt e Churchill discutiron cal sería a situación en Europa unha vez liberada dos nazis. En Europa do Leste, Stalin prometeu realizar eleccións libres e democráticas, pero esta promesa quedou en papel mollado. Alemaña sería desarmada e dividida en...

Seguir lendo "A Segunda Guerra Mundial e a Crise do Liberalismo: Unha ollada histórica" »