Termos clave da historia de España: Reis Católicos a Carlos III

Historia5,87 KB

Termos clave da historia de España (séculos XV-XIX)

  • Unión dinástica: Matrimonio de dous príncipes que posúen diferentes coroas. Isabel de Castela e Fernando de Aragón, Isabel ao trono de Castela, Fernando á coroa de Aragón, pero a unión das dúas coroas era unicamente un vínculo persoal e dinástico.
  • Tribunal da Inquisición (1478): Creado polos Reis Católicos en 1478, foi un tribunal especial e independente da xurisdición ordinaria encargada de velar e defender a pureza do dogma e da moral.
  • Santa Irmandade: Milicia armada financiada polas cidades, que impuxo a autoridade real en toda Castela no século XV.
  • Expulsión dos xudeus: Expulsión dos xudeus de Castela e Aragón ordenada polos monarcas a finais do século XV, buscando con esta medida a unidade relixiosa nos seus reinos.
  • Tratado de Tordesillas: Tratado asinado a finais do século XV para delimitar a soberanía das dúas zonas, polos enfrontamentos entre Castela e Portugal.
  • Unión de Coroas: Goberno dun só rei, causado polo azar e pola política matrimonial dos Reis Católicos. A súa orixe está nas herdanzas que recibiu Carlos de Habsburgo no século XVI.
  • Arbitristas: Economistas españois da época do século XVI, son aqueles que elaboran medidas para poñer remedio aos problemas económicos da facenda real.
  • Revolución dos prezos: Situación que facía máis rendible mercar noutros reinos europeos as mercadorías que se necesitaban. A riqueza de América paralizou a produción propia durante o século XVI.
  • Valido: Secretario real ao que o soberano outorga a súa confianza ata o punto de entregarlle a dirección do reino. En España realizouse no século XVII cando os monarcas abandonaron o exercicio directo do goberno.
  • Xermanías: Movemento producido no século XVI, irmandades creadas con anterioridade para poder defenderse fronte aos piratas berberiscos, formadas principalmente polos artesáns.
  • Paz Perpetua de Augsburgo: Decretado por Carlos V a finais do século XVI no que se recoñecía o dereito dos príncipes alemáns a establecer a súa relixión nos seus dominios.
  • Comunidades: Asembleas municipais nas que participaban o común dos veciños no século XVI, formadas polo forte malestar producido por Carlos I en Castela.
  • Guerra dos Trinta Anos: A partir da década de 1620, sucesivas guerras enfrontaron á meirande parte dos reinados europeos por diferentes motivos: odio relixioso, enfrontamento polo poder e a hexemonía entre a monarquía hispánica e o imperio alemán.
  • Decreto de Nova Planta: Modelos casteláns, transformados en provincias gobernadas en nome do rei da coroa de Aragón.
  • Regalismo: Doutrina política e xurídica que afirmaba a superioridade da autoridade dos reis sobre a igrexa do territorio sobre o que reinaban no século XVIII. Busca crear unha igrexa sometida ao rei dirixindo os títulos dos altos cargos dos eclesiásticos.
  • Déspota ilustrado: Europa, século XVIII. Ideas políticas que defendían o reforzamento do poder absoluto dos reis como un medio para incrementar a riqueza do reino e lograr o benestar e a felicidade dos súbditos (o rei emprega o seu poder).
  • Expulsión dos mouriscos: Os mouriscos eran musulmáns convertidos en cristiáns pola forza no século XVII en Aragón e Valencia, pero seguían os seus costumes, lingua, vestido, polo que o odio dos cristiáns e o temor do rei fixeron que fosen expulsados. Causas negativas: despoboamento.
  • Encomenda: Sistema do século XVI que consistía na entrega, por parte da coroa, dunha cantidade de indíxenas aos colonos españois, a cambio de dar a súa protección e instrución relixiosa. Tiñan dereito a esixirlle a prestación de traballos gratuítos ou pagos de tributos.
  • Mita: Obrigación dos nativos de traballar unha serie de meses ao ano nas explotacións mineiras da súa zona (a cambio dun pequeno salario).
  • Auto acordado / Lei Sálica: Decreto introducido por Felipe V nos reinos hispanos no que non admitían a posibilidade de que as mulleres reinasen ou transmitisen a coroa aos seus fillos no século XVIII, reservando o trono aos varóns herdeiros.
  • Pacto de Familia: Século XVIII. Política exterior que busca a alianza con Francia para contrarrestar a Austria e as ameazas inglesas. Os Borbóns de ambos reinos asinaron sucesivos tratados de alianza que se denominan Pacto de Familia.
  • Motín de Esquilache: Decreto imposto polo ministro marqués de Esquilache de Carlos III no século XVIII prohibindo usar sombreiro de aba ancha e capa longa.
  • Concordato de 1753: Concordato co Papa no que se concedía á coroa de España o dereito de presentación das candidaturas dos bispos en todo o seu territorio no século XVIII.
  • Expulsión dos xesuítas: Reforma provocada por Carlos III no século XVIII tomada porque os xesuítas se distinguían das restantes ordes relixiosas por ter un cuarto voto de obediencia incondicional ao Papa.
  • Bloqueo continental: Decreto decretado por Napoleón no século XIX co obxectivo de causar graves prexuízos económicos a Gran Bretaña contra os seus barcos e mercadorías e tamén a invasión dos países que non o respectasen.
  • Servizo de correo marítimo: Século XVIII. Compañía estatal de buques establecida por Carlos III encargada de levar a correspondencia ao porto da Habana e a Bos Aires e tamén podían transportar persoas e mercadorías agás nos períodos bélicos.

Descargar

PDF Word HTML