Os Sistemas Fascistas: Totalitarismo e Autoritarismo
2. OS SISTEMAS FASCISTAS:
Totalitarismo, fascismo e sistemas autoritarios
As ditaduras son todos os réximes nos que o poder está concentrado nunha persoa ou institución, os dereitos individuais non están garantidos e non existe oposición política.
Totalitarismo:
Sistema político caracterizado por control absoluto do individuo por parte do estado, existencia dun único partido disciplinado e xerarquizado, ríxido control policial e represión sobre os contrarios, intervención estatal na economía e forte apoio do exército. Para lograr unha acción máis eficaz, controlan os medios de comunicación de masas.
Fascismo:
Régime político de Italia (1922-1943) baseado nunha ditadura unipersoal, na presenza dun único partido de masas, na exaltación nacionalista e na organización dun estado de carácter corporativista. Son todas as doutrinas de dereitas antidemocráticas, réxime autoritario e nación.
Existen diferentes interpretacións:
- Para os marxistas: Resposta da burguesía e do gran capital para facer fronte á revolución social das masas obreiras. A derradeira fase da dominación política burguesa.
- Para os pensadores socialistas: É un fenómeno no que conflúen os intereses de amplas capas da poboación fortemente afectadas pola Grande Guerra e as crises económicas.
- Outros investigadores: Consideran que a Grande Guerra e as súas consecuencias crearon un sentimento nacionalista que permitiu o triunfo dos fascismos, salvadores da patria ameazada.
Características dos sistemas fascistas:
Omnipotencia do estado: todo debe someterse á vontade do estado, identificado coa nación e coa patria, entidade superior a todos os individuos e o instrumento de control de goberno para todas as actividades humanas. Non cabe oposición posible ás ordes do estado.
Sistema antidemocrático:
Critica os principios liberais e democráticos, nega a igualdade dos individuos, a lei do número e o sufragio universal. Despreza as institucións democráticas, a existencia dun parlamento e a oposición de partidos. Os partidos socialistas e comunistas foron perseguidos por ser considerados intereses contrarios á patria. Utilizaron as institucións e mecanismos democráticos para divulgar a súa ideoloxía e conquistar o poder.
Recoñecemento das desigualdades entre os individuos:
Os fascismos negaron a existencia dunha igualdade entre todos os individuos. A aceptación do principio de desigualdade terá importantes consecuencias: as ideas de supremacía dun individuo, dun xénero ou dun pobo sobre unha raza. Toda sociedade está ríxidamente xerarquizada e debe ser gobernada pola elite, formada polos individuos mellor preparados e formados, únicos protagonistas da historia. Segundo Hitler, as mulleres debían ocuparse dos nenos, da comida e da igrexa.
Mesianismo:
Defenden a existencia dun individuo ou xefe supremo que concentra todos os poderes, a súa vontade esixe obediencia cega e conta cun poder case sagrado, xa que está considerado como o salvador da patria. Todos os líderes totalitarios gozaron dun gran culto, ata con plegarias nas igrexas.
Control ideolóxico e cultural:
Os sistemas fascistas exerceron un forte control sobre as ideoloxías e mentalidades contrarias, manexando a propaganda e planificando e organizando todas as manifestacións: desfiles, traxes... Toda xornada debía afirmar o réxime e os seus líderes. Implantouse un ríxido control de censura sobre os intelectuais. Os sistemas fascistas tamén se centraron no control da xuventude, considerados como os homes do futuro. A súa educación estaba moi organizada e os seus costumes debían seguir os patróns ríxidamente marcados de soldado e nai de soldado. Formáronse organizacións uniformadas como as xuventudes hitlerianas, os balillas italianos ou a fronte das xuventudes.
Xustificación das formas de violencia institucional:
A violencia foi utilizada para acabar coa oposición, xustificada para impedir que actuásen os inimigos da patria. Os partidos contaban con seccións especiais para exercela (as SA). Os fascistas crearon uns corpos para a represión (a Gestapo e as SS). Esta exaltación da violencia xerou unha glorificación da guerra.
Autarquía, dirixismo económico e apoio do gran capital:
Os fascistas puxeron en práctica unha serie de medidas para lograr a autosuficiencia e o pleno emprego mediante o establecemento de altas taxas proteccionistas do mercado nacional e un forte dirixismo económico do estado. O gran capital xogou un papel destacado de apoio aos fascismos.
Expansión ultranacionalista:
Consideraban unha política expansionista como único medio para solucionar os problemas internos e buscar o respeto a través da ameaza e medo no exterior. Era necesario recuperar territorios e amplialos, as camadas ideas do espazo vital que prepararon o terreo para unha política exterior expansionista, militarista e agresiva, causante da Segunda Guerra Mundial.