Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Historia

A Guerra Civil Española: Unha Análise Completa

Historia4,02 KB

Guerra Civil Española: Causas e Consecuencias

É unha guerra total e violenta que enfronta a españois entre si, marcando o inicio dunha ditadura e o exilio e represión para moitos españois.

Causas da Guerra Civil

  • Existen dous bandos que defenden posicións moi diferentes: os golpistas defenden o alzamento para evitar o comunismo, o separatismo e o anarquismo; os republicanos e algúns historiadores pensan que a guerra é o resultado dun golpe militar fascista que pretendía acabar coa España democrática.
  • Concéntranse neste tempo moitos dos problemas que a sociedade viña arrastrando dende o século XIX, como a necesidade de modernizar España.
  • A guerra sería o resultado do enfrontamento social e político que se produce en España e Europa,
...
Seguir lendo "A Guerra Civil Española: Unha Análise Completa" »

España no Século XIX: Crise, Liberalismo e Independencia

Historia4,53 KB

España no Século XIX

1. A Crise do Antigo Réxime (1808-1814)

A Revolución Francesa acabaría por orixinar en España unha fonda crise que acabaría co Antigo Réxime.

Durante o goberno de Carlos IV, o 2 de maio de 1808, o pobo de Madrid levantouse contra as tropas francesas, mentres o pobo se organizaba en "guerrillas". A guerra contra o francés foi dura e violenta. Cando Napoleón despraza parte do seu exército a Rusia porque alí ten un novo escenario no que loitar, comeza a retirada dos franceses de España. En 1814, Napoleón asina o Tratado de Valençay polo que Fernando VII recuperaba a coroa de España.

No medio da guerra, houbo unha convocatoria de Cortes extraordinarias en Cádiz. Con moitas dificultades, lograron reunirse representantes...

Seguir lendo "España no Século XIX: Crise, Liberalismo e Independencia" »

A Italia e Alemaña de Posguerra: Fascismo e Nazismo

Historia11,72 KB

A Italia na Posguerra

A fin da guerra deixou en Italia graves secuelas humanas e económicas: morreron 700.000 homes, moitas industrias quedaron inutilizadas e a elevada débeda exterior aumentou a inflación. Para moitos italianos, o custo da vida incrementouse, mentres que os salarios reais diminuíron e o número de obreiros en paro non paraba de medrar.

Así mesmo, os acordos de paz supuxeron unha gran decepción, xa que os aliados entregaron a Italia o Trentino, Trieste e Istria, pero non Dalmacia e Fiume, como se acordara no Tratado de Londres (1915). Deste xeito, comezou a estenderse a idea de que a participación italiana na guerra fora un engano, e o irredentismo (reivindicación de territorios habitados por italianos) foi gañando adeptos....

Seguir lendo "A Italia e Alemaña de Posguerra: Fascismo e Nazismo" »

Historia: Colonialismo e Primeira Guerra Mundial

Historia4,78 KB

O Colonialismo e os Imperios Coloniais

Os imperios coloniais tratábanse de terras na súa maioría sen estados organizados, con estruturas económicas e políticas moi febles. A colonización significou a explotación económica dos recursos desas terras e o seu dominio político.

Causas do Colonialismo

As principais causas do colonialismo foron:

  • Económicas: Os países de Europa debían mercar materias primas ao mellor prezo posible e investir os seus excedentes noutros lugares onde a man de obra era máis barata.
  • Demográficas: A necesidade de buscar novos territorios para o asentamento da poboación europea debido ao crecemento demográfico.
  • Políticas: O desexo de aumentar o prestixio e o poder das nacións europeas no escenario internacional,
...
Seguir lendo "Historia: Colonialismo e Primeira Guerra Mundial" »

O Sexenio Democrático (1868-1874): Historia e Fases Clave

Historia2,58 KB

O Sexenio Democrático (1868-1874)

O Sexenio 1868-1874 é a etapa máis democrática do século XIX, pero tamén a máis inestable. En pouco máis de 6 anos, o Estado español coñeceu unha monarquía (Amadeo I) e unha república (a primeira da súa historia).

A Revolución "La Gloriosa" tiña un obxectivo: derrocar a Isabel II e apartar do goberno aos moderados. Isto provocou o exilio da raíña e a chegada ao poder dos progresistas e demócratas (os máis marxinados durante o seu reinado).

Fases do Sexenio

Podemos falar de 4 fases:

1. Goberno Provisional (1868-1871)

Iníciase coa Revolución Gloriosa de 1868 co obxectivo de acabar coa monarquía e instaurar un réxime liberal democrático. Foi asinado polos partidos:

  • Demócrata (Pi i Margall)
  • Progresista
...
Seguir lendo "O Sexenio Democrático (1868-1874): Historia e Fases Clave" »

Mapa Económico e Institucional da Coroa de Castela nos Séculos XIV-XVI

Historia2,67 KB

Trátase dun mapa da Coroa de Castela durante o século XIV, que representa os principais centros comerciais, os carreiros para o gando trashumante e as devesas das ordes militares. Durante este século, todos os reinos da península estaban a pasar por unha crise económica e demográfica, polo que as actividades agrícolas decenderon notablemente e deuse maior importancia á gandería. Isto favoreceu a Castela debido á creación da Mesta en 1273, unha organización de gandeiros transhumantes. A transhumancia eran desprazamentos que se realizaban para alimentar ao gando dependendo do mes do ano. Estes desprazamentos realizábanse a través dunhas rutas chamadas cañadas, o que facilitaba os desprazamentos. As mestas, ademais de ter estes...

Seguir lendo "Mapa Económico e Institucional da Coroa de Castela nos Séculos XIV-XVI" »

A Revolución Liberal en España: de 1808 a 1814

Historia2,8 KB

A crise da monarquía e a Guerra da Independencia (1808-1814)

En 1808, Napoleón, aproveitando a inestabilidade da monarquía española, consegue que o rei Carlos IV e o seu fillo Fernando VII abdiquen en favor do seu irmán Xosé Bonaparte (Xosé I). O pobo, contrario á invasión francesa por diversos motivos, álzase en armas. Así xorden as Xuntas de Armamento e Defensa, inicialmente locais e formadas por personalidades partidarias de Fernando VII.

As Xuntas Provinciais e a Xunta Suprema Central

Para unha mellor coordinación, créanse as Xuntas Provinciais (doc. 1), que asumen a soberanía en ausencia do rei, declaran a guerra a Napoleón e buscan o apoio de Gran Bretaña. Estas Xuntas tamén incitan o pobo á loita, como se observa na proclama...

Seguir lendo "A Revolución Liberal en España: de 1808 a 1814" »

A Descolonización: Causas, Consecuencias e o Legado Colonial

Historia4,76 KB

Causas da Descolonización

A descolonización é o proceso polo cal as colonias dos imperios europeos logran a súa independencia. As causas principais son:

Impacto da Segunda Guerra Mundial

  • Esta guerra mostrou a debilidade das potencias imperiais europeas, e o mito da invencibilidade europea estaba roto.
  • A formación de guerrillas e a inclusión de tropas coloniais nos exércitos serviu para formar numerosos cadros que despois encabezarían os procesos de independencia.
  • Esgotadas polo conflito, as potencias europeas tiveron graves problemas económicos e militares para poder sosterse.

Os desexos de independencia relacionábanse co desenvolvemento das ideas de liberdade e democracia.

Aparición de Movementos Anticolonialistas

Tras a guerra xurdiron...

Seguir lendo "A Descolonización: Causas, Consecuencias e o Legado Colonial" »

A URSS de Khrushchev á Crise do Bloque do Leste (1953-1985)

Historia4,58 KB

A URSS despois de Stalin: A época de Khrushchev e a Desestalinización

Tras a morte de Stalin en 1953 desatouse unha loita polo poder entre dúas correntes dentro do PCUS. Esta loita durou tres anos e venceu a corrente revisionista dirixida por Khrushchev. O mesmo ocorreu nos países dominados polos soviéticos, e esta situación acabou co estalido da insurrección de Poznan en Polonia e a revolta húngara, ambas as dúas foron exterminadas polo exército soviético.

Con Khrushchev no poder iniciouse un período de revisión e reformulación do modelo soviético. Este proceso político e ideolóxico denominouse desestalinización. Khrushchev impulsou a transformación dunha ditadura unipersoal nun réxime aínda totalitario pero menos brutal....

Seguir lendo "A URSS de Khrushchev á Crise do Bloque do Leste (1953-1985)" »

Colonialismo: Causas, Consecuencias e Organización

Historia3,33 KB

O Colonialismo: Causas, Consecuencias e Organización

Principal obxectivo dos colonizadores

O principal obxectivo era a explotación económica dos recursos destas terras, que tiñan estruturas económicas e políticas moi febles, e o seu dominio político.

Cambios no século XIX

As innovacións técnicas, as novas formas de organización do traballo e a mellora da banca permitiron un aumento da produción e do comercio e unha mellora dos transportes.

Causas do colonialismo

Desde o punto de vista económico, Europa necesitaba vender o excedente da súa produción, buscando novos mercados. Tamén debían mercar materiais primas ao mellor prezo posible e querían investir os seus excedentes de capital noutros lugares, onde a man de obra fose máis...

Seguir lendo "Colonialismo: Causas, Consecuencias e Organización" »