Apuntes de Historia e Literatura Galega: Éxodo Rural, Goya, Rosalía, Galdós...
Apuntes de Historia e Literatura
O éxodo rural dirixiuse na súa maioría cara ás cidades, polo que estas medraron, creando ensanches urbanos que era onde vivían os chegados polo éxodo rural.
Goya e as Majas
Este é un cadro pintado por Goya. O seu título é A maja vestida. Pintou tamén outro moi semellante, A maja espida. Suponse que é un retrato da Duquesa de Alba. É de estilo neoclasicista, con trazos propios do impresionismo. É de principios do século XIX, antes do ano 1808. Está no Museo do Prado en Madrid.
Rosalía de Castro
Viviu de 1837 a 1885. Naceu en Santiago de Compostela e morreu en Padrón. Dos tres libros máis destacados que escribiu, dous están escritos en galego: Cantares gallegos (1863) e Follas Novas (1880), e o terceiro en castelán: En las orillas del Sar (1884). Casou en 1858 co historiador Manuel Martínez Murguía.
Benito Pérez Galdós
Viviu de 1843 a 1920. Naceu en Las Palmas de Gran Canaria e morreu en Madrid. Foi un escritor representante do Realismo literario. Mantivo unha correspondencia erótico-sentimental coa figura destacada do naturalismo literario, a galega Emilia Pardo Bazán. Foi autor dos Episodios Nacionales.
A Reconquista de Vigo
O tirano dela Francia é o emperador Napoleón; o lexítimo soberano de Vigo é o rei Fernando VII; o rey mi amo é o rei inglés George III; o Corzo é Napoleón, xa que naceu en Córsega, polo que é corso; o texto refírese á Reconquista de Vigo, o 28 de marzo de 1809.
Esta é a visión inglesa da Reconquista de Vigo, á que contribuíron con auxilio naval. Coincide coa visión dos historiadores españois, incluídos os galegos, sobre os vigueses (relixiosos, leais ao seu rei, determinados a ser libres, capaces de magnánimos esforzos), pero ten unha visión distinta do inimigo, do emperador Napoleón, ben tratado por españois e galegos, e considerados aquí un tirano, pérfido, criminal e usurpador. Chama a atención que o Vice Almirante inglés considere ao seu Rei mi amo, como se fora súbdito dunha monarquía absoluta, ou dun rei ilustrado; é sorprendente porque os reis británicos son monarcas parlamentarios desde o século XVII.
Cronoloxía do século XX
- Primeira Guerra Mundial: 1914-1918
- Revolución Rusa e Guerra Civil: 1917-1921
- Período entreguerras: 1918-1931
Eventos clave
- Asasinato do Arquiduque Francisco Fernando: 1914
- Rusia retírase e EEUU entra na guerra: 1917
- Marcha sobre Roma de Mussolini: 1922
- Crac da Bolsa de Nova York: 1929
- New Deal de Roosevelt: 1933
- Hitler, Führer do III Reich: 1933
- Pacto xermano-soviético: 1939
- Eixe Roma-Berlín-Tokio: 1940