A Segunda Guerra Mundial e a Crise do Liberalismo: Unha ollada histórica
A Organización da Paz
As conferencias de paz: Ialta e Potsdam
Os aliados aprenderon dos erros do Tratado de Versalles e, desde o principio da guerra, discutiron sobre os mecanismos que permitisen alcanzar unha paz duradera. A guerra deixara dúas potencias hexemónicas (EEUU e a URSS) e a nova orde mundial debía reflectir este feito. Os aliados reuníronse en distintas conferencias ao longo da guerra; as máis importantes producíronse en Ialta e Potsdam.
Na conferencia de Ialta, Stalin, Roosevelt e Churchill discutiron cal sería a situación en Europa unha vez liberada dos nazis. En Europa do Leste, Stalin prometeu realizar eleccións libres e democráticas, pero esta promesa quedou en papel mollado. Alemaña sería desarmada e dividida en catro partes (EEUU, URSS, Gran Bretaña e Francia). Proxectouse a creación da Organización das Nacións Unidas para manter a paz.
Na conferencia de Potsdam, empezaron a evidenciarse grandes desacordos entre os aliados.
Os cambios territoriais
A cuestión máis delicada foi Polonia. Gran Bretaña e EEUU aceptaron que a URSS conservase os territorios polacos. Polonia recibiría de Alemaña o sur de Prusia oriental, Pomerania e Silesia. Alemaña foi dividida en catro partes, e as cidades de Berlín e Viena tamén se dividiron. Pola Paz de París, a URSS incorporou máis territorios. Hungría volveu ás súas fronteiras e Italia perdeu as súas colonias.
As Consecuencias da Guerra
As perdas humanas e a crise das conciencias
Cando acabou a guerra, os seres humanos enfrontáronse á maior hecatombe da historia. Houbo moitos mortos e falecidos como resultado indirecto da guerra, ademais de feridos, mutilados e millóns de desaparecidos. No leste de Europa, morreron seis millóns de polacos e dezasete millóns de soviéticos. En Europa occidental, morreron case catrocentos mil británicos e uns cincocentos mil franceses. En Xapón, houbo dous millóns de mortos.
Os aliados e os superviventes foron descubrindo os campos de concentración nazis, onde morreron millóns de xudeus. Fíxose evidente o uso de tácticas militares destinadas a masacrar a poboación civil.
As perdas económicas
Na Segunda Guerra Mundial, produciuse unha destrución material moi superior á de calquera conflito anterior. A crise económica fora, en boa parte, a orixe da guerra. Para evitar unha situación similar, creáronse en Bretton Woods o Fondo Monetario Internacional e o Banco Internacional de Reconstrución e Desenvolvemento.
A Crise do Liberalismo
A crise do 98
Estados Unidos declaroulle a guerra a España tras o afundimento do acoirazado Maine na Habana. A derrota española supuxo a perda das últimas colonias. Este feito, coñecido como o Desastre do 98, provocou a frustración da clase política española. Como consecuencia, xurdiu o Rexeneracionismo, cuxa máxima figura foi Joaquín Costa, que propoñía efectuar reformas para superar o atraso do país e acabar co caciquismo e coa corrupción.
O reinado constitucional de Alfonso XIII (1902-1923)
Alfonso XIII accedeu ao trono. A Constitución de 1876 continuou vixente e mantívose a alternancia, aínda que os dirixentes dos partidos políticos cambiaron. Cánovas foi substituído por Maura e Sagasta por Canalejas. Os novos dirixentes intentaron reformar a vida política. Maura quixo acabar co caciquismo. Canalejas levou a cabo unha política de descentralización e foi aprobada a Lei do Cadeado.
O sistema da Restauración experimentou unha serie de crises que conduciron á súa desaparición: produciuse a Semana Tráxica e o maior problema foi a crise de 1917. Estalou a violencia social. Ante a crise, todos os partidos políticos burgueses colaboraron en gobernos de concentración.
A ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)
No medio da crise, produciuse a derrota de Annual na guerra de Marrocos, na que morreron moitos soldados. O xeneral Primo de Rivera, co consentimento do rei, deu un golpe de estado. A ditadura mantívose ata cerca de 1930 grazas á prosperidade económica. Afonso XIII mandou formar un novo goberno que convocara eleccións e restaurase a Constitución. Pero o pobo opúxose ao rei, xa que o consideraba cómplice da ditadura. Moitos políticos asinaron o Pacto de San Sebastián co obxectivo de iren xuntos ás eleccións e instaurar a república.