A Revolución Liberal en España: Do Antigo Réxime ao Sexenio

Historia9,79 KB

A Revolución Liberal en España

A revolución liberal é o paso do sistema político e social do Antigo Réxime (sociedade estamental, monarquía absoluta "soberanía real de xustificación divina e todos os poderes están en mans do monarca") ao sistema liberal (igualdade ante a lei e monarquía constitucional "soberanía nacional e separación de poderes").

Guerra da Independencia (1808-1814)

Antecedentes

  • 1807: Tratado de Fontainebleau: Godoy autoriza as tropas francesas a pasar por España camiño de Portugal, a cambio dun futuro reparto do reino lusitano entre Francia e España e dun principado para o propio Godoy.
  • 1808: Motín de Aranjuez: Dirixido pola nobreza palaciega e o clero, pedían a abdicación do rei Carlos IV no seu fillo Fernando VII e a destitución de Godoy.
  • Abdicacións de Baiona: Convocados por Napoleón, o rei e o seu fillo acoden a Baiona para parlamentar e resolver as súas diferenzas. Finalmente renuncian á coroa en favor de Napoleón, que a cede ao seu irmán Xosé. As tropas francesas ocupan o país.

O Reinado de Xosé I

Con escasos apoios, Xosé pretendía acabar co Antigo Réxime:

  • Desamortizou parte das terras do clero.
  • Desvinculou os morgados.
  • Aboliu a Inquisición.
  • Promulgou o Estatuto de Baiona que recoñecía a igualdade dos españois ante a lei, os impostos e o acceso aos cargos públicos.

Os afrancesados vían en Xosé unha esperanza para a transformación do país.

Desenvolvemento da Guerra

  • O 2 de maio de 1808: Alzamento popular en Madrid contra os franceses. Comeza a Guerra da Independencia.
  • Parte española: guerrilleiros e apoio do exército británico (xeral Wellington).
  • Parte francesa: Napoleón intervén coas súas tropas de elite.
  • A finais de 1813: Derrota dos franceses.

As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812

Durante a guerra, a Xunta Central convoca as Cortes de Cádiz que elaboraron a 1ª Constitución española (1812).

Principios da Constitución de 1812

  • Soberanía nacional.
  • Relixión católica.
  • A nación defínese como o conxunto de cidadáns de ambos hemisferios.
  • Igualdade ante a lei.
  • Monarquía limitada.
  • Cortes unicamerais.
  • O rei ten o poder executivo e veto suspensivo das leis.

Decretos adicionais das Cortes de Cádiz

  • Abolición do réxime señorial.
  • Suspensión dos morgados.
  • Abolición dos privilexios dos gremios.
  • Abolición da Mesta.
  • Abolición da Inquisición.

As Rexencias (1833-1843)

Rexencia de María Cristina (1833-1840)

  • Fernando VII morre en 1833. Herdeira a súa filla de 3 anos, Isabel II. Rexencia da súa nai, María Cristina.
  • Os partidarios carlistas non aceptaron o testamento de Fernando e provocouse a Guerra Carlista.
  • A raíña busca o apoio do sector dos liberais e nomea xefe de goberno a Martínez de la Rosa, que redacta o Estatuto Real de 1834.
  • A guerra civil e a desastrosa situación económica provocan moitas protestas (Motín da Granxa) que obrigan a chamar a gobernar aos progresistas.

Goberno Progresista e Constitución de 1837

  • Constitución de 1837: soberanía nacional, ampla declaración de dereitos dos cidadáns, ausencia da confesionalidade católica do Estado. En moitos aspectos é máis conservadora ca de 1812 (unha segunda cámara, o Senado, e o sufraxio é moi restrinxido).
  • Desamortización dos bens da Igrexa.
  • Abolición da Mesta e os privilexios gremiais.

Goberno Moderado (1837-1840)

  • En 1837 houbo eleccións e gañan os moderados, que intentan desvirtuar os elementos máis progresistas da lexislación de 1837.
  • Amañan unha lei electoral que dá á Coroa a facultade de nomear os alcaldes das capitais de provincia.
  • Houbo sublevacións populares e María Cristina renunciou á rexencia.

Rexencia de Espartero (1840-1843)

  • As Cortes elixiron como rexente o xeral Espartero, vencedor dos carlistas, e contaba co apoio dos liberais progresistas.
  • Segue a Constitución de 1837, pero o novo rexente goberna de forma autoritaria.
  • En 1842 abre o mercado español aos tecidos ingleses, prexudicando a industria catalá.
  • Provocou revoltas en Barcelona (mandouna bombardear).
  • Os moderados, encabezados por Narváez, conspiran contra el, que foxe cara Londres.
  • As Cortes nomean a Isabel II raíña aos 13 anos.

Reinado de Isabel II (1843-1868)

Década Moderada (1844-1854)

  • Formación do goberno polo Partido Moderado encabezado por Narváez.
  • Constitución de 1845: soberanía compartida, relixión católica, diminución das atribucións das Cortes e aumento das da Coroa.
  • Administración provincial: gobernador civil nomeado polo rei.
  • Implantación do sistema métrico decimal.
  • Creación da Garda Civil, corpo policial de carácter militar, que mantén a orde.
  • Concordato de 1851: colaboración co Vaticano (suspensión da venda dos bens desamortizados, financiamento público de culto e clero, ensinanza de relixión católica).
  • Unificación e codificación legal (Código Penal de 1851, proxecto de Código Civil).
  • A corrupción e o autoritarismo dos gobernos moderados descontentan á poboación.

Bienio Progresista (1854-1856)

  • A Vicalvarada: pronunciamento militar dirixido por O'Donnell, líder de Unión Liberal, co apoio dos sectores populares das cidades.
  • Progresistas + Unionistas establecen:
    • Constitución non nata de 1856.
    • Desamortización de Madoz.
    • Lei Xeral de Ferrocarrís.
    • Expulsión dos xesuítas.
  • A conflitividade social e a falta de entendemento entre progresistas e unionistas provocan o fin das reformas.
  • A raíña chama a gobernar aos moderados.

Gobernos Moderados e Unionistas (1856-1868)

  • Alternánse os gobernos de Narváez (moderado) e O'Donnell (unionista, pero cada vez máis moderado).
  • Restitúese a Constitución de 1845.
  • Política moi conservadora: persecución dos progresistas e demócratas.

Sexenio Revolucionario (1868-1874)

A Gloriosa (1868)

  • Causas:
    • Descontento político (ausencia de liberdade, excesiva intervención da raíña).
    • Crise económica (industria catalá, malas colleitas...).
  • En 1866 un grupo de progresistas e demócratas acordan unir forzas para expulsar á raíña e reunir Cortes Constituíntes por sufraxio universal (Pacto de Ostende).
  • En setembro de 1868, pronunciamento militar (Serrano, Prim e Topete) ao grito de ¡Viva España con honra! pedindo:
    • Sufraxio universal masculino.
    • Liberdade de expresión.
    • Supresión das quintas.
    • Supresión dos impostos de consumo.
  • A raíña parte cara Francia.
  • Fórmase un goberno provisional presidido por Serrano e convócanse eleccións a Cortes Constituíntes.

Constitución de 1869

As Cortes aproban a Constitución de 1869:

  • Soberanía nacional.
  • Separación de poderes.
  • Recoñecemento dos dereitos políticos (reunión e asociación).
  • Estado aconfesional e liberdade de cultos.
  • Sufraxio universal masculino.
  • Monarquía como forma de Estado.

Reinado de Amadeo de Savoia (1871-1873)

Como a Constitución establecía unha monarquía constitucional, o goberno encargou a Prim negociar cos embaixadores estranxeiros para conseguir un novo monarca. O elixido foi Amadeo de Savoia, fillo do rei de Italia.

Pero o novo monarca atópase axiña con moitos problemas:

  • 3 días antes da súa chegada a España, o seu principal valedor é asasinado (Prim).
  • Conta coa oposición dos moderados, que continúan fieis aos Borbóns.
  • Os carlistas volven á insurrección armada para sentar no trono ao seu candidato Carlos VII (Terceira Guerra Carlista).
  • En Cuba os propietarios das plantacións de cana de azucre negábanse a aplicar os decretos de abolición da escravitude (Guerra dos Dez Anos).

A crise final do reinado de Amadeo foi a desintegración da coalición gobernamental que deixou ao monarca sen apoios. En febreiro de 1873 renuncia ao trono.

Primeira República (1873-1874)

As Cortes proclamaron a República por maioría e elaboran unha nova Constitución, o Proxecto de Constitución da República Federal de 1873, similar á de 1869, establecía unha organización federal da República (15 estados federais).

Problemas:

  • Guerra Carlista.
  • Guerra de Cuba.
  • Sublevacións de carácter popular (os campesiños piden terras, as clases populares a abolición do servizo militar, pero as guerras impiden estas peticións).
  • Guerra Cantonista (Cartaxena, Sevilla, Cádiz... decláranse repúblicas soberanas). A intervención militar rematou co cantonismo pero deulle un inmenso poder aos xenerais do exército.

En 1874, o pronunciamento de Martínez Campos en Sagunto proclamaba rei de España a Afonso XII, fillo de Isabel II, iniciando a Restauración Borbónica.

Descargar

PDF Word HTML