Movemento Obreiro e Agrarismo en Galicia: Séculos XIX e XX
Movemento Obreiro: Etapas
As Primeiras Protestas: Movemento Ludista
Nas décadas de 1820 e 1830, cos inicios da industrialización e a introdución de novas máquinas, xorde o movemento ludista ou mecanoclasta. Destaca a destrución de máquinas en Alcoi (1821), Cataluña (incendio da fábrica "El Vapor" en 1835) e A Coruña (1857).
Loita polo Asociacionismo
- 1836: Suprímense os gremios, que limitaban a liberdade de produción. Prohíbese calquera tipo de asociación obreira.
- 1839: Unha Real Orde autoriza a creación de sociedades obreiras de axuda mutua e beneficencia (conxunto de obreiros dun mesmo oficio que se axudan mutuamente). Progresivamente pasarán do carácter social ao reivindicativo.
- Década moderada: Ilegalización das sociedades obreiras,