Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Historia

A Segunda República Española: Orixe, Goberno e Reformas Clave

Historia4,66 KB

Orixe e Contexto da Segunda República Española

A instauración da II República prodúcese nun contexto internacional marcado pola crise económica (Crac do 29) e dos sistemas parlamentarios liberais (triunfo dos fascismos), como consecuencia da falta de apoios do rei Afonso XIII, quen apoiara a ditadura de Primo de Rivera, e da forza dos sectores republicanos e socialistas, unidos polo Pacto de San Sebastián (1930) a prol da República, que triunfaron nas rexións urbanas nas eleccións municipais de abril de 1931.

Proclamación e Goberno Provisional (1931)

A proclamación da II República o 14 de abril de 1931 supuxo a formación dun goberno provisional no que estaban representados todos os partidos políticos republicanos, fosen de dereita,...

Seguir lendo "A Segunda República Española: Orixe, Goberno e Reformas Clave" »

A Guerra Civil Española: Conflito Ideolóxico e Social

Historia4,45 KB

Guerra Civil Española

Estamos ante unha composición formada por 7 documentos históricos de carácter político cuxo tema principal é a Guerra Civil debido ao fracaso do golpe de estado a al tivo lugar entre o 18 de xullo de 1936 e o 1 de abril de 1939.

Antecedentes e Desenvolvemento

Entre este período tivo lugar unha cruenta guerra civil entre españois enfrontados en dous bandos denominados como azuis, nacionais ou fascistas contra vermellos, antiespañois ou comunistas. O goberno da república conseguiu resistir durante case tres anos, pero finalmente triunfaron os militares sublevados.

Interpretacións Contrapostas

Ambos bandos enfrontados entendían de modo oposto a súa participación no conflicto; para os azuis a sublevación foi definida...

Seguir lendo "A Guerra Civil Española: Conflito Ideolóxico e Social" »

A Desamortización en Galicia: Balance e Consecuencias

Historia2,31 KB

Balance Global da Desamortización en España

No balance global da desamortización temos que:

  • Politicamente: O réxime de propiedade da terra transformouse e consolidouse o réxime liberal.
  • Socioeconomicamente: As medidas desamortizadoras incrementaron os latifundios agrarios (sen investir na súa modernización) e gran parte dos campesiños pobres e xornaleiros non puideron acceder á propiedade da terra por falta de capitais. Así mesmo, contribuíu ao atraso da industrialización pola desviación dos recursos financeiros cara á compra de terras.
  • As vítimas: Foron a Igrexa, os municipios e os campesiños pobres e xornaleiros que viron empeorar as súas condicións de vida coa perda dos beneficios da caridade eclesiástica e do aproveitamento
...
Seguir lendo "A Desamortización en Galicia: Balance e Consecuencias" »

Crise Económica de 1929: Causas, Consecuencias e Transformación Social

Historia3,03 KB

Consecuencias Económicas da Primeira Guerra Mundial

A Gran Guerra desarticulou as economías dos países combatentes, orientadas ao esforzo bélico. Ao rematar o conflito, as economías europeas enfrontábanse a graves problemas:

  • Perda de vidas humanas e destrución de infraestruturas.
  • Custos financeiros elevados, débeda pública e inflación.
  • Desvalorización das moedas e alza dos prezos.

Consecuencias Económicas dos Tratados de Paz

Os tratados de paz impuxeron fortes indemnizacións e fragmentaron os grandes imperios, desmantelando espazos económicos unificados. Alemaña perdeu rexións mineiras e industriais e tivo que pagar reparacións de guerra.

Efectos para a Economía Internacional

A guerra desequilibrou o comercio entre países industrializados...

Seguir lendo "Crise Económica de 1929: Causas, Consecuencias e Transformación Social" »

Historia de España e Mundo: Séculos XIX e XX

Historia4,23 KB

Conceptos clave da Historia de España (s. XIX-XX)

Afrancesados

Durante a Guerra da Independencia (1808-1814), intelectuais, funcionarios e membros da alta nobreza, procedentes do despotismo ilustrado, aceptaron a Xosé Bonaparte como rei.

Fernandinos

Durante a Guerra da Independencia (1808-1814), a maioría do clero e da nobreza dirixiron a resistencia contra Napoleón, buscando a volta do rei absoluto Fernando VII.

Pronunciamento

Forma de sublevación militar característica do século XIX en España, co obxectivo de cambiar un determinado sistema político.

Desamortización

No século XIX, proceso polo cal as terras da Igrexa, señoríos e terras comunais pasaban a dominio comercial e vendíanse para convertelas en propiedade privada. As máis...

Seguir lendo "Historia de España e Mundo: Séculos XIX e XX" »

Reformas das Cortes de Cádiz (1810-1814)

Historia2,72 KB

As Cortes de Cádiz e a abolición do Antigo Réxime

Entre as elites dirixentes foise estendendo a idea da necesidade de convocar unhas Cortes xerais e extraordinarias para coñecer a vontade do país e impoñer as reformas que fosen necesarias, aínda que existían fortes discrepancias sobre as medidas que se debían tomar. Para uns, tratábase de restablecer o sistema político tradicional. Para outros, de restrinxir o poder real e establecer unha Constitución baseada na soberanía do pobo e na separación de poderes.

Tras realizar unha consulta ao país e dun proceso electoral moi complexo, as Cortes reuníronse en Cádiz o 24 de setembro de 1810. En liñas xerais, predominaron os deputados das clases medias urbanas e instruídas; o grupo

...

Seguir lendo "Reformas das Cortes de Cádiz (1810-1814)" »

O Estatuto Real e o Triunfo Liberal (1833-1836): Reformas e Revolucións

Historia2,43 KB

O réxime do Estatuto Real e o triunfo liberal (1833 – 1836)

En 1833, á morte de Fernando VII, a súa muller María Cristina converteuse na rexente do reino no nome da súa filla Sabela II, menor de idade. A rexente buscou apoios nos sectores máis moderados, tanto realistas como liberais.

Entre 1833 e 1836, María Cristina decretou unha amnistía que permitiu o retorno dos exiliados liberais e realizou diversas reformas. Tivo que enfrontarse tanto aos carlistas como aos liberais radicais.

A reforma provincial

A reforma provincial foi decretada en 1833 polo goberno de Cea Bermúdez e realizada por Xabier de Burgos, ministro de fomento. España foi dividida en 49 provincias, modificándose así as vellas divisións administrativas e desaparecendo...

Seguir lendo "O Estatuto Real e o Triunfo Liberal (1833-1836): Reformas e Revolucións" »

Década Ominosa (1823-1833): Fin do Trienio Liberal

Historia2,36 KB

O triunfo do pronunciamento de Riego causou asombro en toda Europa e foi imitado en varios puntos, dando lugar á vaga revolucionaria liberal dos anos 20. Os gobernos liberais restableceron a lexislación aprobada polas Cortes de Cádiz.

As diferenzas entre os liberais deron lugar á aparición de dúas correntes: os moderados e os exaltados. Esta división liberal favoreceu os intentos absolutistas de restaurar o Antigo Réxime, contando co apoio de Fernando VII, que nunca acatou a imposición da Constitución.

A Década Ominosa ou Absolutista (1823-1833)

O medo á extensión da revolución por Europa levou ás potencias absolutistas, reunidas en Verona en 1822, a decidir a súa intervención en España para restaurar o goberno absolutista e

...

Seguir lendo "Década Ominosa (1823-1833): Fin do Trienio Liberal" »

As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812 en Galego

Historia2,59 KB

As Cortes de Cádiz: Composición e Decretos

As Cortes reuníronse en Cádiz o 24 de setembro de 1810, onde predominaron os deputados das clases medias urbanas. Foron escasos os comerciantes e non asistiron ningún artesán nin campesiño. As tendencias ideolóxicas pódense agrupar en: os liberais e os realistas ou absolutistas.

Principais Decretos das Cortes

As Cortes de Cádiz promulgaron distintos decretos entre os que destacan:

  • A proclamación da soberanía nacional e a separación de poderes.
  • A abolición dos señoríos xurisdicionais e dos privilexios de orixe feudal.
  • A liberdade de imprenta sen censura previa.
  • A regulamentación do poder executivo, incluíndo a responsabilidade dos ministros.
  • A formación dos Concellos populares e das Deputacións
...
Seguir lendo "As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812 en Galego" »

Abdicacións de Baiona, Xosé I e Guerra contra Napoleón

Historia2,46 KB

As abdicacións de Baiona e o reinado de Xosé I Bonaparte

Carta Outorgada (na que Xosé I se autolimitaba no exercicio dos seus poderes). O rei seguía sendo o centro de todo o sistema:

  • Recollía unha certa separación e limitación de poderes coa creación dun Senado, encargado de vixiar as liberdades básicas; dun Consello de Estado, con voto consultivo sobre os proxectos de lei; e dunhas Cortes, divididas nos tres estamentos tradicionais.
  • Quedaban garantidos a oficialidade da relixión católica, a responsabilidade dos ministros, a unidade lexislativa para todo o reino, a igualdade contributiva, a supresión de certos privilexios e a defensa de certas liberdades individuais.

Xosé I sufriu o desprezo das masas. Entre as súas reformas destacan:

...

Seguir lendo "Abdicacións de Baiona, Xosé I e Guerra contra Napoleón" »