Abdicacións de Baiona, Xosé I e Guerra contra Napoleón

Historia2,46 KB

As abdicacións de Baiona e o reinado de Xosé I Bonaparte

Carta Outorgada (na que Xosé I se autolimitaba no exercicio dos seus poderes). O rei seguía sendo o centro de todo o sistema:

  • Recollía unha certa separación e limitación de poderes coa creación dun Senado, encargado de vixiar as liberdades básicas; dun Consello de Estado, con voto consultivo sobre os proxectos de lei; e dunhas Cortes, divididas nos tres estamentos tradicionais.
  • Quedaban garantidos a oficialidade da relixión católica, a responsabilidade dos ministros, a unidade lexislativa para todo o reino, a igualdade contributiva, a supresión de certos privilexios e a defensa de certas liberdades individuais.

Xosé I sufriu o desprezo das masas. Entre as súas reformas destacan:

  • A supresión dos dereitos señoriais, a redución das ordes relixiosas masculinas e a eliminación das aduanas interiores.
  • Potenciación da liberdade económica, creación de escolas e a transformación urbanística de Madrid.
  • O intento de centralización e racionalización da administración mediante a división do país en 38 distritos.

Tiveron unha escasa eficacia práctica debido ás dificultades da guerra. Xosé I Bonaparte estivo apoiado polos afrancesados. A derrota provocou a saída de España de Xosé I e os afrancesados. A finais de 1813 Napoleón devolveu a coroa española a Fernando VII (Tratado de Valençay).

A guerra contra Napoleón

O dous de maio de 1808 os madrileños levántanse contra os franceses e protestan pola súa invasión. Isto marcou o inicio dunha longa e cruenta guerra. Predominou un patriotismo fanático.

A superioridade militar dos franceses obrigou aos españois a adoptar a guerra de guerrillas, baseada na formación de pequenas partidas ou cuadrillas de homes que atacaban as tropas co apoio inglés. Na guerra contra os franceses diferéncianse tres fases:

  • A primeira fase (1808) caracterizada polo intento de ocupación francesa e o levantamento popular dos españois, que fixo fracasar os planos de Napoleón de ocupar rapidamente o país. Destaca a vitoria de Bailén onde Xosé I foi obrigado a retirarse cara a Vitoria.

Descargar

PDF Word HTML