A Guerra Civil Española: Conflito Ideolóxico e Social
Guerra Civil Española
Estamos ante unha composición formada por 7 documentos históricos de carácter político cuxo tema principal é a Guerra Civil debido ao fracaso do golpe de estado a al tivo lugar entre o 18 de xullo de 1936 e o 1 de abril de 1939.
Antecedentes e Desenvolvemento
Entre este período tivo lugar unha cruenta guerra civil entre españois enfrontados en dous bandos denominados como azuis, nacionais ou fascistas contra vermellos, antiespañois ou comunistas. O goberno da república conseguiu resistir durante case tres anos, pero finalmente triunfaron os militares sublevados.
Interpretacións Contrapostas
Ambos bandos enfrontados entendían de modo oposto a súa participación no conflicto; para os azuis a sublevación foi definida como un Alzamento Nacional de apoio espontáneo, popular e cívico-militar, protagonizado polos sectores defensores da reflexión, a unidade da patria e a propiedade privada. Para o goberno da república e as forzas da fronte popular que o apoiaban, a acción dos militares non era máis que unha rebelión contra a orde legalmente establecida e contra as reformas que se reiniciarán no ano 36.
Implicacións e Consecuencias
Tradicionalmente considerase a Guerra Civil como un antecedente da Segunda Guerra Mundial tanto polas suas implicacións políticas como polos trazos que a caracterizan. Este conflito español pode ser considerado como unha guerra ideolóxica, unha guerra que implicou toda a poboación, con trazos de combate social e de loita de clases, que militarmente mestura formas de combate arcaicas con outras novas.
Conclusión e Fin do Conflito
Na rua a conspiración aumentaba con enfrontamentos armados entre falanxistas e obreiros. Cada día os rumores de levantamento militar eran máis fortes. En xuño foi asesinado José Calvo Sotelo en Madrid, líder da extrema dereita monárquica, como venganza das forzas da orde republicanas. Mais tarde sublevase en Melilla o exercito colonial dirixido por F. Franco. Esta sublevación do exercito de África transladouse á Península en xullo de 1936. O golpe foi apoiado por unha parte do exercito e os partidos monárquicos, conservadores e falanxistas, dirixidos todos por Franco. A sublevación triunfou en numerosas zonas rurais, pero fracasou en rexións industriais, na rexión mediterránea e parte de Andalucía, Estremadura e Aragón. España queda dividida en duas zonas polo que o golpe de estado transformouse nunha Guerra Civil.
En todos os países, a opinión pública dividese en defensores do goberno lexitimo da república e os que apoiaban aos golpistas. Deste xeito, o Reino Unido e Francia asinaron despois unha conferencia que non se iban meter no medio para que non se extendera este conflito a outros países, ainda que non foi de todo certo xa que ambos bandos recibiron axuda exterior.
Os rebeldes foron axudados polos soldados, con armas e municions da Italia fascista e da Alemaña Nazi, a cambio de concesións mineiras. A república obtivo axuda da URSS, á que lle pagou ao contado cos depósitos de ouro do Banco de España. Os republicanos tamén obtiveron apoio da esquerda de todo o mundo, xa que era unha loita contra o fascismo. Moitos voluntarios abandoaron os seus países e alistáronse nas brigadas Internacionais na defensa da República.
A sublevación provoca a división da España en duas zonas: unha fiel á república e outra dominada polos sublevados autonominados “neonacis”. A zona republicana estivo marcada por unha axitada vida política mentres que na zona “nacional” produciuse un fortalecemento de autoridade política: Franco foi nomeado xefe do goberno e xeneralísimo dos exercitos e unificaronse todas as forzas políticas que apoiaron a sublevación nun único partido, a “Falange Española Tradicionalista u de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista”.
Os sublevados pretendían conquistar a capital en pouco tempo e con isto gañar a guerra, pero esta estratexia fracasou e guerra prolongouse 3 anos. No ano 38 o exercito franquista dominaba o norte, controlando as minas e as industrias. Logo o exercito republicano emprendeu unha fran ofensiva batalla do Rio Ebro para deter o avance dos sublevados. A derrota da República produciuse entre o ano 38 e 39. Os “nacionais” avanzaron sobre Cataluña sen apenas oposición e tomaron Barcelona no ano 39. En marzo dese mesmo ano, as tropas franquistas entraron en Madrid e a guerra deuse por concluida.