Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Historia

Sociedade e Movementos Sociais do Século XIX

Historia2,15 KB

Sociedade e Movementos Sociais do Século XIX

1. A Configuración dunha Sociedade de Clases

- A Fin da Sociedade Estamental

Coa configuración do Estado liberal as novas leis impuxeron a igualdade xurídica de todos os cidadáns e poñíanlle fin aos privilexios. Existía unha única categoría xurídica 'cidadáns'. O sufraxio censitario limitaba a participación e as diferencias sociais establecéronse en función da riqueza e non da situación legal.

- A Situación da Nobreza e o Clero

Coas novas leis perdían gran parte dos seus privilexios. A pequena nobreza, fidalgos, sufriu entón un proceso de deteriorización económica e social e foron diluídos na clase media dos propietarios agrarios. A alta e media nobreza mantiveron a súa importancia...

Seguir lendo "Sociedade e Movementos Sociais do Século XIX" »

Historia de España: Constitución de 1876 e Atraso Industrial

Historia2,4 KB

A Constitución de 1876

Constitución de corte moderado, síntese das de 1845 e 1869, será a que teña a vida máis longa ata hoxe na historia de España. Viu a luz en xullo de 1876.

Principios Fundamentais da Constitución

  1. A soberanía é compartida entre o Rei e as Cortes.
  2. Os dereitos e deberes dos cidadáns quedaban limitados polas leis ordinarias que normalmente tenderon a reducir certos dereitos, como os de reunión, imprenta, asociación e expresión.
  3. O poder lexislativo sería compartido entre as Cortes e o Rei, podendo este último vetar as leis e disolver as cámaras.
  4. A Coroa tiña o poder executivo, podendo nomear ao xefe de goberno e os ministros.
  5. As Cortes eran bicamerais, cun Senado formado por designación real e un Congreso elixido
...
Seguir lendo "Historia de España: Constitución de 1876 e Atraso Industrial" »

Feudalismo na Europa Occidental: Séculos IX e X

Historia2,7 KB

O Feudalismo na Europa Occidental (Séculos IX e X)

A partir dos séculos IX e X, no occidente europeo desenvolveuse un sistema político, social e económico chamado feudalismo. Os reis perderon a autoridade ante os nobres. A sociedade estaba dividida en grupos pechados, nela había unha minoría que estaba formada polos nobres e clérigos que gozaba de privilexios, por exemplo, non pagar impostos. A economía baseábase na agricultura e a gandería. Os campesiños traballaban o campo, pero a maior parte dos beneficios quedábanlla o clero e os nobres.

Estrutura de Poder no Feudalismo

  • O rei era o máis poderoso.
  • Os vasalos eran nobres.
  • Os servos eran parecidos a escravos.

As familias nobres aumentaron o seu poder, mentres que os reis ían diminuíndo....

Seguir lendo "Feudalismo na Europa Occidental: Séculos IX e X" »

Orixes do Movemento Obreiro: Condicións, Ludismo e Sindicatos

Historia2,57 KB

As Condicións de Vida da Clase Traballadora

As ideas de liberdade de contratación e de salarios, xunto co interese económico da burguesía e a falta dunha lexislación laboral, fixeron que as condicións de traballo dos obreiros industriais fosen penosas.

  • Xornadas laborais longas.
  • Salarios baixos.
  • Uso de man de obra infantil e feminina por ser máis barata.

O Ludismo: As Primeiras Protestas Obreiras

As primeiras protestas obreiras producíronse entre 1820 e 1830. A forma inicial de protesta, contra a perda do seu traballo por parte dos artesáns e o empeoramento das condicións laborais, foi a destrución de máquinas, ás que consideraban causantes da súa situación.

Este movemento, coñecido como ludismo, iniciouse en Levante (Alcoi) e Cataluña...

Seguir lendo "Orixes do Movemento Obreiro: Condicións, Ludismo e Sindicatos" »

Os Reis Filipe III, Filipe IV e Carlos II de España

Historia3,28 KB

FILIPE III: REINADO DA PAX HISPÁNICA (1598-1621)

Herda os territorios do seu pai: España e as súas colonias, Portugal e as súas colonias, Países Baixos, Flandres, Franco Condado, Milanesado, Nápoles, Sicilia, Sardeña e Filipinas. Con Filipe III comeza a decadencia do imperio español. Era moi relixioso, de gran educación e amante da vida palaciana, ainda que feble de carácter e con poucas dotes de goberno, polo que creou a figura do valido, o duque de Lerma, a quen delegou esta función.

CONFLITOS:

  • Herdou o país cunha profunda crise económica e incluso soportou unha bancarrota, polo que adoptou unha política pacifista asinando treguas con Francia, Inglaterra e as Provincias Unidas (Tregua dos Doce Anos).
  • Expulsou a 275.000 mouriscos
...
Seguir lendo "Os Reis Filipe III, Filipe IV e Carlos II de España" »

A Sociedade de Clases na Era Industrial

Historia2,49 KB

A Nova Sociedade de Clases

A Burguesía: A Nova Elite Social

No novo mundo industrial, a gran burguesía, composta por empresarios, banqueiros e grandes propietarios agrícolas, converteuse na nova clase dominante. A súa riqueza e o seu desexo de mostrar publicamente o seu poder e prestixio permitíronlle, pouco a pouco, substituír a aristocracia na vida social.

Por debaixo había unha mediana burguesía composta por profesionais liberais, funcionarios e comerciantes, e unha pequena burguesía formada por empregados, tendeiros e artesáns cuxas condicións de vida apenas se diferenciaban das do proletariado.

A nova burguesía impuxo os seus valores sociais:

  • A exaltación da propiedade privada.
  • A virtude do traballo e do aforro.
  • O triunfo individual.
...
Seguir lendo "A Sociedade de Clases na Era Industrial" »

Martiño Lutero e a Reforma: Impacto na Historia e Consecuencias

Historia3,79 KB

Martiño Lutero e a Reforma Protestante

Martiño Lutero foi un monxe alemán que criticou os costumes relaxados do clero e protestou pola venda de indulxencias. En 1517 colocou nas portas da igrexa de Wittenberg un escrito no que criticaba o valor das indulxencias e a autoridade do papa.

A pesar de ser excomungado, Lutero non se retractou e formou a Igrexa Luterana seguindo os seguintes principios:

  • Unicamente a fe pode salvar, as boas obras sen fe non serven de nada.
  • As indulxencias non serven de nada.
  • O xusto sálvase no ceo e o pecador no inferno, non hai un punto medio.
  • Calquera cristián pode ler as Sagradas Escrituras.
  • Os únicos sacramentos válidos son a eucaristía e o bautismo.
  • Debe suprimirse o culto á Virxe e aos santos.
  • O papa non ten poder
...
Seguir lendo "Martiño Lutero e a Reforma: Impacto na Historia e Consecuencias" »

A Ditadura de Stalin: Economía, Política e Represión na URSS

Historia3,63 KB

A Ditadura de Stalin

Política e Represión

A ditadura de Stalin foi unha ditadura personalista que rompeu coa vangarda artística da URSS, desfacendo os grupos vanguardistas e buscando unha arte realista, con retratos de Stalin e unha arquitectura grandiosa e austera. Houbo unha forte censura, con listas negras de libros e calquera cousa considerada contrarrevolucionaria. As purgas stalinistas eliminaron calquera tipo de protesta, dende zaristas e burgueses ata mecheviques. Stalin desviouse do ideario de Lenin, priorizando a gloria e a propaganda por riba das necesidades básicas da poboación, como se pode ver na carreira espacial. O seu obxectivo era convertir a URSS nunha gran potencia, especialmente no ámbito tecnolóxico.

O PCUS (Partido...

Seguir lendo "A Ditadura de Stalin: Economía, Política e Represión na URSS" »

Revolución Rusa de 1917: Da monarquía ao comunismo

Historia3,65 KB

A Revolución Rusa de 1917

Da monarquía á Revolución de Febreiro

A Revolución de Febreiro de 1917 foi o proceso en Rusia que levou á caída do Tsar e ao establecemento dun goberno provisional burgués. Este goberno intentou implementar reformas de interese burgués, como unha reforma agraria, pero a súa lentitude e a crecente oposición xeraron descontento popular.

A Revolución de Outubro e a chegada dos bolcheviques ao poder

Lenin, líder dos bolcheviques, viu nas crecentes protestas unha oportunidade para iniciar a revolución comunista. A labor dos Soviets foi crucial para o triunfo de Lenin. As súas Teses de Abril, unha recopilación das medidas que consideraba necesarias para Rusia, incluían derrocar o goberno provisional, retirar...

Seguir lendo "Revolución Rusa de 1917: Da monarquía ao comunismo" »

A Segunda República Española: da Reforma á Guerra Civil (1933-1936)

Historia3,17 KB

Os sectores sociais opostos ao reformismo progresista, unha vez que optaron pola vía democrática para paralizar as reformas en curso e reformar a Constitución “laica e socializante”, como recolle o programa da candidatura antimarxista por Madrid publicada en outubro de 1933 polo xornal dereitista ABC (Doc.3), presentáronse unidos nunha coalición electoral de dereitas. O triunfo da dereita nas eleccións de novembro de 1933 (Doc.1), abriu paso ao bienio de centro-dereita (1933-1935).

O goberno radical (1933-1934) paralizou as reformas agraria e laboral; deixou sen executar as leis que afectaban ás relacións coa Igrexa; demorou o proceso autonómico, que afectou aos estatutos galego e vasco; e decretou unha ampla amnistía aos militares...

Seguir lendo "A Segunda República Española: da Reforma á Guerra Civil (1933-1936)" »