Historia de España: Constitución de 1876 e Atraso Industrial
A Constitución de 1876
Constitución de corte moderado, síntese das de 1845 e 1869, será a que teña a vida máis longa ata hoxe na historia de España. Viu a luz en xullo de 1876.
Principios Fundamentais da Constitución
- A soberanía é compartida entre o Rei e as Cortes.
- Os dereitos e deberes dos cidadáns quedaban limitados polas leis ordinarias que normalmente tenderon a reducir certos dereitos, como os de reunión, imprenta, asociación e expresión.
- O poder lexislativo sería compartido entre as Cortes e o Rei, podendo este último vetar as leis e disolver as cámaras.
- A Coroa tiña o poder executivo, podendo nomear ao xefe de goberno e os ministros.
- As Cortes eran bicamerais, cun Senado formado por designación real e un Congreso elixido por sufraxio directo.
- O poder xudicial podía aplicar as leis nos xuízos. Os xuíces conseguían o posto a través de oposicións.
- Estado católico que permite outras relixións, pero non permite celebracións e ritos públicos.
- Os concellos e deputacións quedan baixo o control gobernamental. Organización administrativa moi centralizada.
6.2. A Revolución Industrial en España
Causas do Atraso Industrializador
A marxinación de España do proceso industrializador europeo explícase por:
- Unha economía agraria obsoleta na que pervivía a maioría dos labregos, pobres e famélicos. Sen poder económico para mercar produtos industriais.
- Escaso desenvolvemento do sector agrario.
- Sector artesanal en decadencia que se industrializou de forma tardía e que dependía dos investimentos estranxeiros.
- Medios e sistemas de comunicación en mal estado (transporte). Uns ferrocarrís que comezan a desenvolverse a mediados do XIX e de forma lenta.
- Mundo financeiro capitalista, dependente dos capitais europeos e das súas inversións (Francia e Inglaterra).
- Permanencia de mercados locais e comarcais propios do Antigo Réxime.
- O non ter unha burguesía emprendedora provocou que teñamos que depender de investimentos estranxeiros, excepto Cataluña.
- O elevado número de analfabetos impediu a formación requirida para a maquinaria tecnolóxica industrializada.
- Falta de fontes de enerxía (mala calidade do carbón).