Martiño Lutero e a Reforma: Impacto na Historia e Consecuencias
Martiño Lutero e a Reforma Protestante
Martiño Lutero foi un monxe alemán que criticou os costumes relaxados do clero e protestou pola venda de indulxencias. En 1517 colocou nas portas da igrexa de Wittenberg un escrito no que criticaba o valor das indulxencias e a autoridade do papa.
A pesar de ser excomungado, Lutero non se retractou e formou a Igrexa Luterana seguindo os seguintes principios:
- Unicamente a fe pode salvar, as boas obras sen fe non serven de nada.
- As indulxencias non serven de nada.
- O xusto sálvase no ceo e o pecador no inferno, non hai un punto medio.
- Calquera cristián pode ler as Sagradas Escrituras.
- Os únicos sacramentos válidos son a eucaristía e o bautismo.
- Debe suprimirse o culto á Virxe e aos santos.
- O papa non ten poder absoluto.
- Deben desaparecer as ordes eclesiásticas, os sacerdotes poden casar.
Outros Movementos de Reforma
Calvinismo
Promovido por Xoán Calvino en Suíza, destaca a idea de que os homes xa están predestinados.
Igrexa Anglicana
Fundada por Henrique VIII, destaca que o xefe da igrexa é o rei.
Concilio de Trento (1545-1563)
Para reafirmar o dogma e condenar as ideas protestantes, convocouse o Concilio de Trento, no que se afirmou que:
- Para a salvación fai falta facer boas obras.
- As fontes de fe son a Biblia (só interpretada polo clero) e as resolucións de concilios.
- Os sacramentos son sete.
- A Virxe e os santos poden recibir culto.
- O papa é o xefe da igrexa infalible.
Reinado de Carlos I
O principal obxectivo de Carlos I foi dirixir o Imperio Cristián Universal. Entre os acontecementos máis destacables están:
- Revoltas sociais en Castela e Aragón. En 1520 forzou as Cortes de Castela para que aprobasen os enormes gastos da súa viaxe a Alemaña para ser coroado emperador. Esta presión provocou a formación de comunidades, as asembleas ou xuntas nas que participaban os veciños que se opoñían á política do rei. Os comuneiros foron derrotados en 1521 en Villalar e os seus dirixentes executados.
- En Valencia e Mallorca produciuse, a partir de 1520, o movemento das xermanías, as irmandades de artesáns que protestaban contra a presión señorial. As tropas reais someteron a rebelión en 1523.
- As frecuentes guerras con Francia, a rebelión protestante no Imperio Alemán e a loita contra os turcos.
Debido ao cansazo e á dificultade de gobernar tantos territorios, Carlos I abdicou e dividiu as súas posesións entre 1555 e 1556. Cedeu ao seu irmán Fernando os ducados austríacos e a dignidade imperial, e ao seu fillo Filipe o resto dos seus dominios. Retirouse ao mosteiro estremeño de Yuste, onde morreu en 1558.
Consecuencias da Conquista de América
Culturais
- Ampliación do mundo coñecido.
- Confirmación da esfericidade da Terra.
- Cambios nos costumes e dieta pola chegada de novos alimentos.
- Inicio da europeización do mundo.
- Expansión do catolicismo.
Económicas
- Incremento do comercio.
- Aumento da produción artesanal europea.
- Auxe das cidades e portos atlánticos.
Sociais e Demográficas
- Emigración europea.
- Mestura de razas.
- Diminución da poboación indíxena americana polas guerras e as novas enfermidades.
- Desaparición da sociedade e cultura tradicional das civilizacións precolombinas.
- Traslado forzado de poboación negra escrava desde África cara América.
Políticas
- Formación dos imperios coloniais de España e Portugal.
- Rivalidade entre os reinos europeos polo control de terras e rutas marítimas.