Sociedade e Movementos Sociais do Século XIX
Sociedade e Movementos Sociais do Século XIX
1. A Configuración dunha Sociedade de Clases
- A Fin da Sociedade Estamental
Coa configuración do Estado liberal as novas leis impuxeron a igualdade xurídica de todos os cidadáns e poñíanlle fin aos privilexios. Existía unha única categoría xurídica 'cidadáns'. O sufraxio censitario limitaba a participación e as diferencias sociais establecéronse en función da riqueza e non da situación legal.
- A Situación da Nobreza e o Clero
Coas novas leis perdían gran parte dos seus privilexios. A pequena nobreza, fidalgos, sufriu entón un proceso de deteriorización económica e social e foron diluídos na clase media dos propietarios agrarios. A alta e media nobreza mantiveron a súa importancia social, económica e política. Cambiaranse as leis pero mantiveranse privilexios daqueles que aceptaron formar parte da gran burguesía. Coa Igrexa produciuse unha situación semellante, diminuíuse o seu poder económico. Mas as influencias coa coroa permitironlle recuperar a situación e participar na educación e na política.
2. Mantívose o Poder das Clases Privilexiadas do Antigo Réxime?
A alta nobreza perdeu os ingresos derivados das súas terras e o poder. Como consecuencia diso, exercía cargos, formaba parte da alta oficialidade do exército e gran parte do Senado. Mentres as súas rendas se mantiveron aumentaban os seus luxos e o patrimonio foi decrecendo. Coa Igrexa as reformas prexudicaron o seu patrimonio e o peche de conventos reduciu o número de persoas do clero, mas as altas xerarquías do clero secular mantiveron a súa riqueza e a súa vinculación ao poder.
3. Os Novos Grupos Dirixentes
- Unha Nova Elite Privilexiada
A elite dirixente da sociedade estructurouse como unha simbiose entre a antiga aristocracia, que mantén parte do seu poder, e os novos grupos burgueses, que achegan innovación, novas formas xurídicas, dereito á propiedade. Ambas constituían unha nova oligarquía, tiñan o poder económico e impoñían as formas sociais e culturais. Ademais, co voto restrinxido outorgáronlles o monopolio do poder político.