Feudalismo na Europa Occidental: Séculos IX e X

Historia2,7 KB

O Feudalismo na Europa Occidental (Séculos IX e X)

A partir dos séculos IX e X, no occidente europeo desenvolveuse un sistema político, social e económico chamado feudalismo. Os reis perderon a autoridade ante os nobres. A sociedade estaba dividida en grupos pechados, nela había unha minoría que estaba formada polos nobres e clérigos que gozaba de privilexios, por exemplo, non pagar impostos. A economía baseábase na agricultura e a gandería. Os campesiños traballaban o campo, pero a maior parte dos beneficios quedábanlla o clero e os nobres.

Estrutura de Poder no Feudalismo

  • O rei era o máis poderoso.
  • Os vasalos eran nobres.
  • Os servos eran parecidos a escravos.

As familias nobres aumentaron o seu poder, mentres que os reis ían diminuíndo.

Dereitos e Privilexios

  • Dereitos xurisdicionais: Os nobres impoñían xustiza e só podían ser xulgados por outros nobres.
  • Dereitos señoriais: Supoñían privilexios económicos, como non traballar, cobrar todo tipo de taxas e impostos e gozar de monopolios.
  • Feudos hereditarios: Só impoñían xustiza eles no seu feudo.
  • Réxime de servidume: Os servos tiñan dereito á protección cando había ataques, dereito a vivir nas terras dos feudos e traballalas.

Os servos que vivían e traballaban no feudo tiñan que cumprir con outras obrigas.

Os Estamentos Sociais

A sociedade feudal organizouse en tres grupos chamados estamentos:

  • A nobreza e o clero tiñan privilexios.
  • Os demais non tiñan privilexios.

A muller na sociedade feudal non tiña ningún papel relevante. Só casaba con quen querían os seus pais, e facíano por conveniencia.

Tipos de Nobreza e Clero

  • Nobreza:
    • Alta nobreza
    • Baixa nobreza
  • Clero:
    • Clero secular
    • Clero regular
    • Baixo clero
    • Alto clero

Melloras na Agricultura

A partir do século X, houbo melloras na agricultura, como o uso de esterco ou o arado de *verso*, que permitía unha mellor aradura nas terras. Tamén existiu o sistema de rotación trienal.

A Presenza Musulmá na Península Ibérica

Os musulmáns entraron na Península Ibérica e permaneceron alí durante un tempo. Nos territorios do norte, protexidos pola cordilleira Cantábrica e os Pireneos, xurdiron os primeiros núcleos da resistencia cristiá, que loitaban por asegurar as súas posicións.

A Batalla de Covadonga

O nobre Pelayo venceu os musulmáns en Covadonga no ano 722.

Descargar

PDF Word HTML